Desgalinovas:Alarma por un vehículo que circulou en sentido contrario pola AP-9 en Santiago

De Desgalipedia

Desgalinovas logo.png Este artigo é parte de Desgalinovas, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Os ocupantes do coche.
Todo apunta a que foi un descoido, xa que no vehículo ía un matrimonio, segundo os ocupantes do coche.

Santiago de Compostela - 30/05/11: Un vehículo accedeu á autoestrada AP-9 en Santiago de Compostela en sentido contrario, pero non causou incidentes ó saír da vía pouco despois.

Ás 11.57 horas un particular avisou o 112 de que vira a un vehículo vermello que circulaba en dirección contraria polo quilómetro 69 da AP-9 en dirección A Coruña pero por un carril sentido Pontevedra.

Segundo informou o servizo de emerxencias, o alertante indicoulle ó 112 que no turismo viaxaba unha quadrilha de ladróns de banco.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) confirmou que o vehículo "debeu entrar e saír" pouco despois da autoestrada porque as cámaras do centro de xestión xa non observaron o coche en sentido contrario tras o aviso.

Ademais, a Garda Civil de Tráfico de Santiago confirmou que "non pasou nada" e que o turismo deixou o sentido contrario da autoestrada sen causar ningún incidente.

Desgalifontes[editar]