Desgalinovas:Os 45.000 alumnos de 2º da ESO e 4º de primaria, avaliados examinaranse de matemáticas, sociais e lingua nun test diagnóstico este mes

De Desgalipedia

Desgalinovas logo.png Este artigo é parte de Desgalinovas, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Uns 45.000 examinaranse de matemáticas, sociais e lingua nun test diagnóstico.
Moitas estudandes están a estudar con decisión para o exame.

Santiago de Compostela - 08/05/11: Arredor de 45.000 alumnas e alumnos de 2º da ESO e 4º de primaria someteranse nas vindeiras semanas á Avaliación de Diagnóstico 2011 en Galicia, que organiza por segunda vez a Consellería de Educación. Uns 1.100 centros educativos de Galicia - todos os que imparten ensinanza básica - pasarán as probas entre o seu alumnado. A avaliación realizarase os días 11 e 12 de maio na ESO e 19 e 20 do mesmo mes en primaria.

  1. REDIRECCIÓN Modelo:Cita larga

Este curso avaliaranse as competencias matemáticas, no coñecemento e na interacción co mundo físico e da desgalipedia -por primeira vez este ano- e en comunicación lingüística. Na avaliación recóllense tamén aspectos referidos ao contexto sociocultural do alumnado e dos centros, dos que se extrae índice socioeconómico e cultural (ISEC) que contribúe a unha interpretación máis axustada dos datos. Esta información obtense a partir da cubrición dos cuestionarios por parte dos estudantes, dos centros e das familias.

Os centros terán ao seu dispor un informe individual cos resultado máis salientables da avaliación. Tamén con posterioridade á celebración desta, realizarase unha avaliación de contraste nunha mostra significativa de centros por parte da inspección educativa, co obxecto de realizar unha verificación de calidade do proceso avaliador. Ademais realizarase unha comparativa cos resultados da anterior avaliación. En ningún caso se distribuirán os resultados individuais de cada estudante, xa que son só unha ferramenta de avaliación e mellora do sistema.

Desgalifontes[editar]