Desgalipedia:Administradores da interface

De Desgalipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os administradores da interface son usuarios coa capacidade de editar páxinas globais de CSS e Javascript (como por exemplo MediaWiki:Common.js ou MediaWiki:Vector.css, ou as páxinas de código dos trebellos listados en Especial:Trebellos) e calquera páxina CSS/JS no espazo de usuario doutro usuario distinto. Estas páxinas execútanas os navegadores dos lectores e editores da wiki en forma de código, utilizado para modificar a visualización do contido, o comportamento das páxinas ou para o funcionamento de ferramentas complexas.

A edición de código CSS/JS que se executa nos navegadores web doutros usuarios é unha capacidade poderosa e potencialmente perigosa en mans de usuarios con malas intencións. Os administradores da interface deben ser usuarios nos que a comunidade teña unha gran confianza, que teñan polo menos un coñecemento básico de CSS e JS, que sexan conscientes das expectacións de privacidade das wikis de Uncyclomedia, e que teñan un bo entendemento do concepto de seguridade de contas persoais.

Esta ferramenta xurdiu coa nova versión de MediaWiki aplicada a sagrada Desgalipedia e aínda non hai ningunha regra para o seu uso. Antes calquera sysop podía manexar códigos CSS e JavaScript pero agora, ademais de ser sysop, ten que ter este novo estado.