Desgalipedia:Benvidos
Recibe a nosa benvida á | |
Benvido á Desgalipedia, a Uncyclopedia en galego! Estamos encantados de que queiras axudar a mellorar e desenvolver esa merda, e esperamos que te divirtas participando nesta comunidade. Como novo usuario poida que ao primeiro non sexa de todo doado... pero non te preocupes, irase volvendo máis fácil a medida que avances, e se tes problemas, sempre haberá outros desgalipedistas dispostos a botarche unha man O primeiro que debes saber é que a Desgalipedia é unha enciclopedia en continua actualización, escrita grazas á colaboración dos seus lectores. Este sitio web, ademais, é un wiki; iso significa que calquera se pode converter en editor, e mellorar ou crear calquera artigo.
|
Navegando | |
Para entender mellor o que é a Desgalipedia é pensar nela como se fose unha páxina web que contén dous tipos de páxinas: os artigos, ou sexa, as páxinas que conforman a enciclopedia en si, e as páxinas da comunidade, que serven para coordinar o traballo que se fai nas primeiras. Polo de agora imos centrarnos nas primeiras. Como xa saberás, a Desgalipedia contén unha enorme cantidade de desinformación sobre os máis variados temas. Para explorar un asunto podes seguir as diversas categorías. Non obstante, a práctica máis sinxela e habitual é realizar unha procura nos textos e títulos dos artigos. Para isto, só tes que escribir o que queiras buscar na caixa de procuras que aparece na barra lateral esquerda. |
Editando | |
Calquera persoa pode editar calquera das páxinas da Desgalipedia, mesmo esta! Só necesitas premer na lapela "editar" presente no canto superior da páxina. Podes editar sempre que consideres oportuno facer algunha mellora ou incluír nova información nun artigo. Para levar a cabo unha edición non necesitas estar rexistrado.
Se o que queres é experimentar primeiro sen risco de cometer ningún erro, tes á túa disposición a zona de probas, lugar onde podes practicar os resultados da túa edición.
|
Políticas e normas | |
A Desgalipedia posúe unhas regras polas que se rexe e que cadaquén debe seguir. Estas normas, á súa vez, teñen que estar adecuadas a cinco principios fundamentais da Desgalipedia, resumidos a continuación.
|
É preciso rexistrarse? | |
Non, non é preciso
Ten en conta que a túa identidade real queda sempre salvagardada. Para te rexistrares só tes que elixir un alcume e mais un contrasinal. Podes, se así o desexas, indicar o teu correo electrónico, xa que se esqueces o contrasinal deste xeito poderásete enviar outro. O único que tes que facer é ir ao formulario de rexistro e xa está. Logo só tes que lembrar acceder ao sistema en cada visita antes de modificar calquera páxina. |