Desgalipedia:Bots
![]() |
Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Probablemente foron creadas polo ditador do sitio |
Bots son usuarios co poder de facer edicións automáticas e repetitivas que xeralmente non ten paciencia de facer, xeralmente escritos en Linguaxe Python. Os bots normalmente son Monicreques controlados por outro usuario que quere dominar o mundo.
Para crear un robot, un usuario que crear unha conta para o robot, conseguir un código de Python e presenta-lo a un burócrata, que avaliará este código e entón transformará o Monicreque en un robot.
En función do código utilizado, un bot poderá realizar tarefas como dar benvida a novos usuarios, buscar interwikis noutras linguas, corrixir as redireccións e outras cousas repetitivas que non esixen a precisión de un usuario humano. Para iso, os bots teñen algúns beneficios que facilitan o seu labor de editar sucesivamente:
Asignacións de usuarios bots
- Editar páxinas semiprotexidas (autoconfirmed)
- Non crear unha redirección dende o nome vello ao mover unha páxina (suppressredirect)
- Non ter o aviso de mensaxes novas despoletada cando se fixeron as edicións pequenas a páxinas de discusión (nominornewtalk)
- Ser tratado como un proceso automatizado (bot)
- Ter edicións marcadas automaticamente como patrulladas (autopatrol)
- Usar límites superiores en consultas (consultas) a través de API (apihighlimits)
- Uso da API de escritura (writeapi)
- Poden saltar a parte de escribir numeros (skipcaptcha)
- Artigo principal: Especial:Lista_de_usuarios/bot
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|