Desgalipedia:Libro de estilo

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Atallo:
DG:LE
Se o que queres é ler as nocións básicas de edición vai á Introdución ou á Guía.

O propósito deste libro de estilo é enumerar as convencións ás que se chegou co obxecto de darlle un carácter máis homoxéneo aos artigos da Galipedia. Se todas as achegas seguen un estilo uniforme, resultará máis doado atopar a información, axudando tamén á mellora dos contidos por parte de quen sexa.

O estilo recomendado a continuación baséase nas propias cualidades técnicas do software MediaWiki que emprega este wiki, así como nos acordos que se seguen noutras desgalipedias e mais os que se acordaron na propia Desgalipedia segundo os usos do galego. En calquera caso, as regras aquí propostas nunca son obrigatorias. Existen diversas formas, todas boas, de redactar artigos. O obxectivo, pois, non é promocionar un único xeito de facer as cousas, senón máis ben evitar xeitos inadecuados.

Redacción[editar]

Título dos artigos[editar]

Esta guía debe seguirse para os títulos dos artigos dentro da Desgalipedia e sempre conforme á convención dos nomes dos artigos.

  • Deben coincidir co tema xeral que tratan os contidos do artigo.
  • Serán tan curtos como sexa posible; existe unha restrición en canto á lonxitude, pero non é habitual atinxila.
  • Van en singular, salvo se son conceptos colectivos que perdan o seu significado cando se expresen en singular (Modelo:Exemplo, Modelo:Exemplo).
  • A letra inicial vai en maiúscula (agás en casos excepcionais como Modelo:Exemplo) e o resto en minúscula. Isto último obviarase no caso dos nomes propios, tanto de persoa (Modelo:Exemplo), como de lugar (Modelo:Exemplo), de institución (Modelo:Exemplo), dunha publicación (Modelo:Exemplo), ou ben un foguete espacial (Modelo:Exemplo), entre outros.
  • O habitual é tamén omitir os artigos iniciais a, o, as, os, un, unha, uns ou unhas coas correspondentes contraccións coas preposicións, a menos que formen parte dun nome propio.
  • Os caracteres especiais, como a barra (Modelo:Exemplo), o signo máis (Modelo:Exemplo) e os corchetes (Modelo:Exemplo e Modelo:Exemplo), deben evitarse.
  • O último carácter visible dun título non debe ser un signo de puntuación, salvo que a puntuación sexa parte dun nome propio, unha abreviatura ou unha paréntese ou comiña de peche; é dicir, salvo un signo que achegue información.

Ligazóns internas[editar]

A utilidade desta enciclopedia multiplícase co uso de ligazóns internas. Recoméndase utilizalas naquelas palabras e termos que axuden a comprender mellor e ampliar a información do artigo. No entanto, un exceso de ligazóns internas nunha páxina ten un efecto pouco estético, polo que non se debe abusar delas. Lembra non pór unha ligazón cada vez que apareza unha palabra: basta con ligar a primeira aparición da mesma.