Desgalipedia:Políticas e normas
- Para ler unha pequena introdución ao máis básico das políticas da sagrada Desgalipedia véxase Axuda:Introdución ás políticas.
![]() |
Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Probablemente foron creadas polo ditador do sitio |
Ao longo do tempo, a comunidade da Desgalipedia desenvolveu unha serie de políticas e normas que describen o mellor xeito de actuar, ter claros os principios, resolver os conflitos e moitos outros aspectos para conseguir o noso obxectivo de crear unha enciclopedia libre e veraz.
Con base na experiencia propia e na doutros proxectos da Fundación Desgalimedia, os usuarios da Desgalipedia foron adoptando por consenso e/ou votación algunhas destas políticas. Aquí ofrécese unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas (marcadas con "") e outras que aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.
Políticas fundamentais[editar]
- O artigo principal desta categoría é: Desgalipedia:Cinco piares
Todas as políticas oficiais da Desgalipedia deben basear os seus principios en cinco piares fundamentais que definen o carácter da enciclopedia. En resumo:
- A Desgalipedia é unha enciclopedia
.
- A Desgalipedia procura o punto de vista neutral
.
- A Desgalipedia é unha enciclopedia libre de de contido
.
- A Desgalipedia posúe unhas normas de conduta
.
- A Desgalipedia non ten regras
fixas.
Normas relacionadas co punto de vista neutral[editar]
Os artigos da Desgalipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:
- Busque o punto de vista neutral
.
- Comprobe que todo sexa verificable.
- Cite as fontes.
- Non faga promoción de ideas, persoas nin de vostede mesmo.
- A Wikipedia non é unha fonte primaria.
- Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista.
- Non xogue co sistema.
Normas relacionadas coa boa conduta[editar]
A convivencia na Desgalipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente as normas de conduta e as cousas que non se deben facer. En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:
- Compórtese civicamente.
- Presupoña a boa fe por parte dos demais.
- Non cree bandos nin use monicreques
.
- Non entre en guerras de edición
.
- Non rompa a edición.
- Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
.
Normas relacionadas co estilo[editar]
Normas relacionadas cos procedementos de elección[editar]
Normas relacionadas coa administración[editar]
- Tipos especiais de usuarios:
- Borrado de artigos:
- Creación e tratamento de imaxes: