Diane Kruger

De Desgalipedia
85px-Wappen Deutsches Reich - Reichsadler.png Achtung! Información aprobada
A información contida neste artigo foi aprobado polo Ministerio de Educación Imperial Alemán para distribución aos ingleses das nacións subxugadas.
Deus salve o Kaiser!


Diane Kruger
Dianekruger1.jpg
Diane a punto de saírselle o paquete.
Nacemento Diane Heidkrüger
15 de xullo de 1976 (43 anos)
Algermissen, Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Profesión Actriz, modelo

Diane Kruger foi unha modelactriz de Alemaña, fixo de Helena de Esparta no filme Troia ademais Abigail Chase en National Treasure e National Treasure: Book of Secrets, Bridget von Hammersmark en Inglourious Basterds, Anna en Mr. Nobody e Gina en Sen identidade.

Traxectoria[editar]

Saíndoselle de todo o paquete masculino.

Diane naceu en Algermissen, moi aínda que os frikis creense en Hildesheim no seo dunha familia hetero, súa nai era ladroa de bancos e seu pai falsificador de moeda, fuxiron con ela a Londres coa excusa de ensinarlle a bailar danza clásica, pero debido aos problemas do pai coas flores o matrimonio separouse. Polo que Diane abandonou os estudos pola moda que aí podes entrar sen estudos e foise a París á Elite de moda onde participou no proceso de cambio das modelos ultrafracas esqueléticas á curvas ou recheíñas.

Kruger espertando dun pesadelo feito polo seu pai Kruger.

Ben, iso ela non o fixo pero si fixo que seu pai deixara de provocar pesadelos na rúa Elm e se mudara de xersei de raias que xa o tiña feito uns andraxos. Sabendo que a beleza non dura sempre púxose a estudar arte dramático, ou sexa tratar de ser actriz.

Para iso estudou en París e Nova York, foi ao casting do filme o Quinto elemento, unha mala copia dos cómics de Moebius, e ao non falar ben o francés (acaso o fala ben Bruce Willis?) non a quixeron, polo que se foi buscar a vida a Hollywood abandoando a seu marido gabacho, no Imperio Gringo tivo mais éxito e protagonizou unha de romanos, ben, en realidade unha de gregos das guapas grebas, facendo de Helena de Esparta, a partires de aí colleu fama e a chamaron de mais sitio participando en distintos filmes dos que ninguén se lembrará dentro de vinte anos.

Nesas estaba cando casou co protagonista de Fringe coa axuda do sombrebiro escuro de seu pai o asasino da rúa Elm, participou en outros filmes de paso que volataba á pasarela da moda e á pasarela do cinema, como unha peli de Quentin Tarantino e despois facendo de María Antonieta nun filme caseiro. Despois fixo unha serie de televisión copiada doutra serie de televisión de Suecia e Dinamarca sobre o os conflitos interfronterizos no valado de Ceuta.

Filmografía[editar]

A filla de Kruger, o asasino de Elm Street.
Ano Título Papel Notas
2001 Point de lendemain
2002 Duelles Sabine
2002 The Piano Player Erika
2002 Ni pour ni contre (bien au contraire)
2002 Mon Idole Clara Broustal
2003 Michel Vaillant Julie Wood
2004 Troia Helena
2004 Wicker Park Lisa
2004 Narco
2004 National Treasure Abigail Chase
2005 Joyeux Noël Anna Sorensen
2005 Frankie Frankie
2006 The Tiger Brigades Constance Radetsky
2006 Copying Beethoven Anna Holtz
2007 Goodbye Bafana Gloria Gregory
2007 L'Âge des ténèbres Véronica Star
2007 The Hunting Party Mirjana
2007 National Treasure: Book of Secrets Abigail Chase
2008 Anything for Her Lisa
2009 Inglourious Basterds Bridget von Hammersmark
2010 Mr. Nobody Anna
2010 Inhale
2010 Fringe Miranda Green
2010 Somebody to Love Me Boy George
2010 Pieds Nus Sur Les Limaces Clara
2011 Sen identidade Gina
2011 National Treasure 3 Abigail Chase

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Diane Kruger.

Outros artigos[editar]