Efeméride


Efeméride significa, en latín, "memorial diario", "calendario" (ephemeris, ìdis) ou, en grego, "de cada día" (ephémerís, îdos). A palabra efémero/a ("que dura un día") ten a mesma etimoloxía.
Efemérides cronolóxicas[editar]
- Véxase tamén: Desgalipedia:Efemérides destacadas.
Unha efeméride é un feito relevante escrito para ser lembrado ou conmemorado nun certo día, do mesmo xeito que o seu aniversario (aínda que, iso non sexa unha efeméride), ou unha sucesión cronolóxica de datas e os seus respectivos acontecementos sóamente para a xente desocupada teren algo para facer. Así, na prensa escrita resulta xa habitual incluír unha sección que, baixo o título efemérides, recolle distintos acontecementos importantes ocorridos nesa mesma data ó longo da historia.
Efemérides astronómicas[editar]
Na forma plural, efemérides, é o termo usado por magos, astrólogos e monarcas para anunciaren tanto as ocorrencias dalgúns acontecementos celestiais, como as eclipses e cometas, ou tamén un asteroide que chega a destruír a vida na Terra, como para como escoller a posición dos astros para acceder a outra dimensión segundo a posición dos astros de cada día, normalmente encontrados nun conxunto de táboas denominadas hoxe efemérides astronómicas, e que indican a posición dos astros para cada día do ano.
Efemérides destacadas de hoxe segundo a sagrada Desgalipedia[editar]
Desgalipedia:Efemérides destacadas/26 de setembro
Véxase tamén[editar]
Outras efemérides[editar]
|