Elena I de Galicia

De Desgalipedia
Elena I de Galiza.
Raíña de Galiza e Norte de Portugal, O Bierzo, Eo-Navia, etc
ElenaIGZ.jpg
foto oficial da raíña galega.
Coroación 17 de Xuño de 2014
Nome completo Juan Carlos Alfonso Víctor María de Borbón y Borbón-Dos Sicilias
Outros títulos
Duquesa de Lugo, Condesa de Ponferrada, megaduque de Santiago DC.
Nacemento 20 de Decembro de 1963
Madrid, Banderaespaña.png España
Predecesor Xoán Carlos de España (Xefe do Estado)
Herdeiro Froilám de Tódolos santos e algúns mais.
Sucesor Froilán III de Galicia
Consorte Duque de Lugo (anda noura galaxia como Don Sebastião!)
Descendencia Froilán e Victoria.
Casa Real Casa de Borbón
Himno real Marcha Real
Pai Xoán de Borbón
Nai María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias

Elena I de Galicia (mais coñecida nos mass media españolistas como Elena de Borbón) é a raíña de Galicia.

Biografía[editar]

Súa alteza real naceu en Madrid (por mandato de Franco que senón...) foi educada nas artes marcias por Alfonso Armada (que organizou o 23 F pra colocala a ela de raíña ó saber que o pai da nena quería por de rei ao segundo fillo, ou polo menos de raíña de Galiza) foi educada como gran dama ibérica no colexio Santa María do Camiño de Santiago e debido ás lecturas de Karl Marx e a Bautista Álvarez púxose a estudar maxisterio na universidade do castelo de Greyskull diplomándose na postMovida como mestra idiomática, aínda que fontes fidenignas apuntan a que se fixo reintegrata.

Completou seus estudos con prácticas e másteres para así salvar á Galiza do atraso, mercou o colexio no que estudiara e logo casou co amor da súa vida pero debido a que éste se pasou ao Raelismo Elene tivo que deixalo e vendo que os españois querían mudara Constitución para que a súa sobriña puidese reinar fuxiu á Gudiña con varios oficiais do Estado Maior e alí fromaron o Exército Galego, dinamitaron os accesos do Padornelo e a Canda refundando o Reino de Galicia.

Para salvagardar bebé tan débil trabou contacto cos Estados Unidos de América e crearon un protectorado no NO da Península Ibérica e así Galicia acadou a súa independencia (nin Resistencia Galega nin ostias), Alberto Núñez Feijóo foi nomeado primeiro ministro a punta de metralleta cetme e construise en Vilagarcía de Arousa unha base ianqui da OTAN para frear posibles invasións de Rusia, os da UPG fuxiron ao Courel (onde fundaron Sendeiro Luminoso) e fíxose unha constitución liberal enchéndose Galicia de investimentos e a costa de cemento (que total, a pesca non dá nada xa).