Emilia Pardo Bazán

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Pardobazán.
Pardobazan2.jpg
Información
Nacemento 16 de setembro de 1851.
A Coruña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 12 de Maio de 1921
Madrid Banderaespaña.png España
Nacionalidade galega españolista.
Ocupación Ser famosa como escritora.
Cónxuxe José Quiroga Pérez de Deza

Emilia Pardo Bazán y Straße-Figueroa mais coñecido como Pardobazán, foi unha xuntaletras, dramatostón e poetastra galega que escribía en castelán (de Valladolid) durante o século XIX, pioneira nos temas do decadentismo fidalgo e o comunismo descafeinado.

Biografía[editar]

Emilia vivindo un tórrido romance con Benito Pérez Galdós

Naceu no seo dunha familia rica d´Acruña (carallo que tiña catro apelidos feudais!) e debido a que era filla única foi malcriada, durante a súa adolescencia foi vivir a Madrid onde fixo moitos amigos que tentaron casar coa riqueza e influencia da súa familia, debido a todos estes halagos fíxose feminista e entrou na universidade disfrazada de home (xa que as crenzas relixiosas non llelo permitían) para aprender nigromancia e así tratar de espertar a Miguel de Cervantes mais foi descuberta pola Inquisición española e case a queiman, polo que fuxiu a París, alí coñeceu a Victor Hugo e entrou nas orxías-debate dos Illuminati. Pero iso non mataron súa morriña e alí escribiu "El Cisne de Vilapene" e "Los pazos de Ulloa".

Puido voltar e atopouse con que a Corte de Madrid se atopaba en pleno proceso de modernizar o Estado español para mellor vender as riquezas minerais e textís ao Imperio Británico (a través dos portos de Bilbao e Barcelona) polo que Pardobazán segiua vivir de rentas (era progre peor non tanto eh?) e soportando ao mediocre de seu marido, do cal se divorciou ao ver o pirolón que gastaba Benito Pérez Galdós, que ademias vivía sempre na capital e era un escritor famoso.

Ao descubrir o Rexurdimento apenas lle deu importancia, pero como daquela o romanticismo aínda seguía vendendo axudou a facer a RAG, pero cando deu lido o Follas Novas de Rosalía de Castro case lle dá ago, xa que ela só quería que a lingua galega servise para temas folclorícos e nada de instimismo e cuestións sociais (para iso está o Español!). A pesares diso tentou que o Día das letras galegas tamén se adicase a escritores galegos que escribían en castelán (o cal é absurdo, a que eses escritores non forman pate da literatura galega e sí da española) e ao final axudou aos isolinos como Manuel Murguía a facer a súa propia loxia.

Obras de Emilia Pardobazán[editar]

Un dos botellóns que a Pardo bazán daba nos eu pazo de Madrid.
  • Un viaxe de noivos: relatos curtos sobre experiencias sexuais consentidas sub legationis impulso mea estatiis.
  • A dama nova.
  • Os pazos de Ulloa: documental científico sobre o atraso e deixadez da fidalguía galega e con el de todo o país.
  • A nai natureza: que pon orde para que logo veñan os cregos a fastidialo todo, que si incesto e demais bobadas mainstream!
  • Insolación: historia amorosa, precursora de Cincuenta sombras de Grey.
  • Memorias dun solterón: afecéndose pajillas sobre súas fodeamigas que agora xa non o queren chingar porque se casaron ou se voltou fofo.
  • O saúdo das bruxas.
  • Vampiro.
  • A serea negra: a Ariel do Disney do Universo inverso.
  • Belcebú.
  • A lenda da pastoriza.
  • Contos sacroprofanos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Emilia Pardo Bazán.

Outros artigos[editar]