Endovelico

De Desgalipedia
Endovelico
Vaelico.jpg
Endovelico sendo magreado por Atecina.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento: Caldas de Reis, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade:
Venerado en:
Atributos: Deus médico e forestal.
Patrón de:


Cita1.pngQuizais quixo dicir: AsclepioCita2.png
Google sobre Endovelico

Endovelico, tamén chamado Endovélico, Enobólico, Endovelicus, Endovellicus ou Vaelico, é un dos deuses galaicos (e doutros pobos preromanos veciños) da saúde e dos montes. Xunto con outros deuses castrexos forma parte dos 12 Deuses Píndicos (ou do Monte Pindo).

Mito[editar]

Endovelico recetando un pouco de chamanismo con frenadol.

Nacido tral abrollar dun peido termal da deusa Navia nun río divinizado, por iso é un deus salutífero. Como eran un pouco... feo tivo que agocharse durante milenios nun bosque, ata que un castrexo, Camalus de Briteiros, que pasaba cerca del cargando cun parente enfermo que levaba a unha encrucillada de camiños a ver si había alguén que soubese sandalo este deus parouno e o sandou no momento poñéndolle a pirola na boca ao enfermo.

Grazas a istocomezou a ter visita no monte onde moraba, e foi sacralizado, coñecendo xente e súas doenzas (que él sabía cómo curar con herbas como a marihuana) foille entrando a curiosidade por ver mundo e botou a andar seguindo o curso dos ríos e das mámoas, así chegou a Galicia do Sur onde detivo unha pandemia e varios andazos que andaban soltos polas civitates do lusitáns, e claro tamén lle ergueron templos e santuarios, él segiu á súa bola e foi polo País Llionés onde andivo sandando xente enferma do sida, foi tan famoso que rematou por cansar de tantas atencións e decidiu voltar ó seu monte-fogar e facer diagnósticos desde alí, dando videoconferencias a través dos soños que tiñan os enfermos nos seus templos mentres incubaban microbios.

Este sistema puxo moi cachonda a deusa Ataecina (unha cultureta geek) e foino visitar, ao ver que era tan cool nada mainstream casou con él. Durante o bodorrio o mozo tivo que andar a resucitar a todo o mundo que o deus Cosso (todo peneque) se adicaba a degolar co seu puñal de antenas, por iso a noite d ebodas foi tan mala e tivo que ir unmes de vacacións coa muller ás cataratas do Niágara, inventando así a lúa de mel. Ao voltar xa todo reposto tivo a mala sorte de lle trabar un xabari coa rabia, e claro morreu ipso facto.

Menos mal que tiña parentes no Alén, alí o deus Reve axudoule a autopsicoanalizarse e resucitou na prmavera do ano seguinte, descubrindo que súa muller mudara de nome e o deixara por un hipster, un tal Vestio Alonieco, que recén viñera de Inglaterra coa nova moda céltica. Endovelico reinventousee mudou o nome polo de Vaelico e abriu consulta en Tui, como tivo moito éxito creou varias franquicias e comezou a facer festas privadas onde Karina Fálagan lle levaba mozas e así fixo contratos coa Xunta de Galicia pra que seus hospitais levasen un porcentaxe das cartillas da seguridade social, convirtíndose no maior hospital privado do Noroeste, claro Atecina mollou de volta as bragas ao ver o seu cochaso no párking do Mone Pindo e voltou con él.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Endovelico.

Outros artigos[editar]