Escudo de Galicia

De Desgalipedia


Escudo de Galicia
Modelo:Px
Detalles
Armiger Xunta de Galicia
Adoptado 29 de maio de 1984
Crista Coroa real
Escudo Cáliz de ouro (Santo Graal) en campo de azur, hostia de prata acompañado de sete cruces

O Escudo de Galicia é logotipo que representa o territorio galego.

Historia[editar]

Evolución natural do Escudo de Galicia sobre a Bandeira de Galicia.

Foi inventado por Diego Xelmírez para desbancar a Roma como capital da cristiandade occidental (porque aquí estaba tamén soterrado un apóstolo) e cabeza do celtismo atlantista (xa que tamén podía ser o pote de Dagda).

Algún chupacirios do XVIII decidiu mudalo e debuxar o cálice aberto cunha ostia saíndo del e desde entón mantense así, sería Xosé Botella I Bonaparte quen lle engadiría as cruces militares ao valor por ser encuado o seu goberno nesta zona da Península Ibérica, aínda que a maioría da xente pensa que representan ás vellas capitais provinciais (A Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Tui) do Reino de Galicia.

Antigo estandarte real[editar]

Escudo comunista de Galicia.

Debido a que señalética foi inventada na Idade media para distinguirse entre os cabaleiros antes de darse de ostias o estandarte que se conservou é o de esta época (non como o de España que é de mais tarde hahaha!).

O vello escuido do Reino de Galicia é un cálice pechado sobre un fondo azul estrelado, ou sexa que o da ostia enriba do cáliz e as sete cruces douradas son unha carallada posterior!

Heráldica[editar]

O deseño actual foi seguindo as directrices que deixara Manuel Fraga escritas na súa axenda de adolescente aló na Antigüidade.

Desgalería de imaxes do escudo de Galicia[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Escudo de Galicia.

Outros artigos[editar]