España
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: España (homónimos).
![]() |
Este artículo contiene una alta dosis de humor español que probablemente no entiendas si no provienes de la Península Ibérica o de las colonias restantes) Si no eres de esta casta tierra, probablemente pierdas el tiempo leyendo esto. |
Reino de España | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: | |||
Himno: Soi español oeoeoeoeoeeeeee español! | |||
Capital • Poboación |
Madrid | ||
Cidade máis poboada | Marsella | ||
Linguas oficiais | Castelán, Español, Galego, Árabe | ||
Felipe VI de España Mariano Rajoy | |||
• Total | n/d | ||
• Total | 40 millóns de españois, 4 millóns de estranxeiros ilegales. hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | |||
Fuso horario | Merdidiano de Red Bull | ||
• Horario de verán | Merdidiano de Red Bull +1 | ||
Dominio de Internet | n/d | ||
Prefixo telefónico | n/d | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE. |






O Reino de España é un Estado tapón entre a Unión Europea e Musulmania, gobernado dende milenios pola Familia Bourbón, que coa axuda da maxia e a ética tenta manter a paz e progreso no seu reino asediado constantam,ente por dragóns, meigas, anarcosindicalistas, rojos, marxistoides, anarcocapitalistas, cuaternionistas e outros bechos enviados seguramente pola Gran Bruxa Putáfica.
Dise que foi fundado na Reconquista pero fontes fidenignas afirman que foi fundado por Deus para cristianizar todo o universo e así salvar o maior número de almas e o ben trunfe sob o mal!!!
Orixe do termo España
- Véxase tamén: Orixe do nome de Hispania.
O nome de España provén do nome que o Imperio Romano lle endosou ás costas do levante, Hispania (terra de chochos ardentes, en latín) e logo deixáronllo estar a toda a Península Ibérica, na Idade Media España foi o nome co que se coñeceu a Al-Andalus e logo co Imperio Español entrouse nunha guerra de patentes polo nome e Madrid marchou con el grazas a Filipe II tras invadir Portugal.
Historia
- Artigo principal: Historia de España.
España foi fundada por Winston Churchill un día que sesteaba e trazou súas fronteiras para que Portugal non se lle arrogase e pra foder a Francia cerca dos Pirineos.
Prehistoria e Protohistoria
Habitado durante séculos por homos erectus e diversos cromañóns foron conquistados polo Imperio Romano, logo éste perdeu o seu dominio por mor da invasións dos avós de Hitler que se andiveron pelexando polo control racial da península ata que foron derrotados por unha avanzada civilización que os puxo a traballar fundándose Al-Andalus pero debido ó volkgeist ibérico no norte comezaron arebotárselle a Asturias e [Navarra] comezaron senllas guerras de conquista (que iles chamaron de Reconquista).
Idade Moderna
- Artigos principais: Imperio Español, Casa de Austria, Casa de Borbón e Ilustración política en España.
Tras conseguir expulsar a tódolos non arios os Reis Católicos impuxeron TVE como único canal de televisión e gobernaron en paz o reino, eliminando pola vñía física á oposición democrática e fundaron o Imperio Español, pero de Español tiña pouco xa que as terras eran da Familia Real, primeiro os Austrias e logo dos Borbóns pero grazas ao traballo sutil do Instituto Cervantes conseguiron lavar o cerebro a tódolos españolitos e consideraren o imperio como seu tamén, aínda que só morrrian por él.
Esta parva situación durou varios séculos ata que a decadencia por tantas subvencións do outro de América se gastou en facer catedrais e igrexas de dubidoso gusto por cada aldea ao final o Imperio foi á merda e perdeu as súas terras a favor dos nativos delas e imperios veciños, que finalmente invadiron o propio reino pero grazas a fidalgos e curas de volvéuselle o poder á familia dos Borbóns durante a Guerra de Independencia Española, que voltou ao poder grazas á reacción e logo grazas aos cen mil fillos de san Luís.
Idade Contemporánea
Desde o século XVIII atópase gobernada pola Familia Borbón, con algúns parénteses (Imperio Napoleónico, Bienio Constitucional, Iª e IIª República e Franco) coa axuda dos Estados Unidos de América. De vez en cando meten algunha que outra reforma para que todo cambie pero siga igual, así a principios do século XX Afonso XIII trouxo as primeiras cintas de cine pornográfico a España, e logo a principios do século XXI Felipe VI prohibiu á Royal Stand Family Kelly que traballase, estas grandes medidas fixeron eternizar o Reino de España, ata que a mediados do século XXI mudo a dinastía real ao pasar o trono á dinastía carlista borbónica.
Século XX
Nos tolos anos vinte o sistema de 1876 estaba moi podre, había crise e todos pedian un cambio, asi que ilegarizaron a Podemos e BNG e o rei fixo que un xeneral dése un golpe de estado e fixo unha ditadura e cos cartos de todos fixo obras públicas a eito e logo que a deuda a pagasen os republicanos dez anos despois. Nesta época España acadou o seu cénti como Estado, estado depauperado a estado acomodado, estos cambios tan traumáticos voltaron tolos aos españois e voltáronse de fachas en rojos nun ano para outro isto pasou factura e soterraron a Franhitler baixo unha lousa dunha tonelada de graniños ou Granito a para que non regresase.
Felipismo ao Aznarato
Durante o goberno de Felipe González europeizouse España sacándoa do paletismo e reformando fachas na administración reeducándoos en campos de colectivización en Andalucía, fixéronse inventos varios para españolizar dunha vez por todas aos rebeldes do Norte (léase Galiza, Asturias, País Vasco, Aragón, Cataluña) e meteuse todos os cartos e inversións no Sur, destruiuse a industria nacional e púxose a toda a xuventude a traballar de camareiros.
José María Aznar accedeu ao poder tras pactar cos nacionalistas cataláns, seguiu facendo o mesmo co anterior presidente español pero a maiores vendeu as industrias/monopolios do Estado, abaratou o custo dos traballadores e non só puxo de camareiros a xuventude, senón tamén de peóns da construción e policias para vixiar aos miles de inmigrantes chegados do Inframundo. Tentou resucitar a Sauron no Val dos Caídos pero só consegiu que Osama bin Laden viñera sodomizar aos pobres súbditos e logo votoulle a culpa a Tony Blair e éste tivo que matar a Lady Di.
Século XXI
Do Zapateriato ao Rajoynato ou Década recortosa
Co goberno de ZP España modernizoude xa de todo, pero durou pouco debido a fortes campañas pola Igrexa e os conservadores liberales, por se fora pouco a crise económica de 2008 barreuno.
Mariano Rajoy conseguiu por fin o poder tras a incompetencia do anterior, retomou as ideas de Aznar (seu pai) fundou o IV Reich Hispánico ao invadir Cuba e Venezuela pero debido a que prohibiu os botellóns e as orxías para os súbditos mentres a nobreza i empersarios seguían explotándos aos civiles (por si non chegara co de Bin Laden) ao final estes acabaron enviando a tomar polo cu e tivo que dar un golpe de estado sutil para manterse no power.
Xeografía
- Artigo principal: Xeografía de España.
Atópase na Península Ibérica no planeta Terrícola, galaxia da Vía Espérmica, Universo 1 entre o Mar Noso e Mar Océano, na desembocadura do Río Euro (moi dado a fluctuacións letais de caudal para os humanos).
Entre as súas montañas destacan a Serra Centralista, que corre paralela ás estibacións da Serra Españolista, cuxo pico mais alto é o PPSOE (666 mts) onde neves infernais e duradeiras manteñen un clima estepeño nos aledaños, que son habilmente ocultados cunha néboa mesta chegada do Río Bruxelas co fin de manter a este reino como último baluarte da cristiandade contra da Musulmania (que ocupa a súa fronteira Sul). Para que o clima cambie cada vez que o Estado se fai republicano, Deus Pai colocou dous volcáns no Norte (o volcán explosivo tipo Krakatoa Euskadi, e o volcán tipo Vesubiano, Cataluña) que son calmados mediante ofrendas de mozas virxes provintes da norteña e atrasada Galicia (onde as escolle Rouco Varela tras un intenso exame a soas).
Sistema de goberno e política
- Artigo principal: Goberno e política de España.
O reino de España pasou por varias fases de experimentación administrativa, ata que deu co modelo preciso para que seus súbditos se mantivesen no redil, botándolle anfetas aos militares na comida e logo asuxeitalos contra o pobo chan a cambio de que éste siga apoquinando, para que todo sexa legal armouse un conglomerado para ter á burguesía contenta mediante autonomías, onde meten a seus fillos incompetentes a gobernar a empresa nacional (xa que a privada familiar plutocrática non o dan feito).
O sistema descansa en dúas reunións de persoas elexidas cada 4 anos, para que así estén baixo a influencia do planeta Mercurio, estas reunións reciben o nome de Congreso (onde se pelexan varias persoas por ver de montar leis diferentes a cada goberno) e Senado (onde se van xubilar os que estiveron previamente no Congreso). Para que o pobo chan e supersticioso non entre no Congreso (onde se elixe o futuro decorrer do Estado) colocáronse dous leóns xitanos (foron feitos con bronce dos canóns roubados a Marrocos) que según di a lenda madrileña tomarán vida á mínima provocación roxa e seguirán as ordes de Gitanlf, o Gandalf gitano que elixe o destino de todos os carpetovetónicos deste lugar arido.
Reis de España famosos
- Caín: rei fundador de España, por iso o pobo español é moi cainita.
- Hermerico: fundou o Reino Suevo e logo case éste pero debido a unha conxura xudeomasónica este posto rouboullo Leovixildo.
- Leovixildo: rei dos visigordos, consewgiu roubar todas as terras da Península Ibérica a Suevos, Romanos, Bizantinos e xudeus, formando o I Reich Hispánico.
- Abderramán I: tamén fundador de Españistán.
- Sancho o obeso: típico rei cristián español que cando seus súbditos cristiáns o botaron do trono foise para Al-Ándalus para conspirar desde alí coa COPE e FAES e así voltou en lor de multitudes botando do trono ao Rei ZP e reinstaurando o poder pepeiro para seguir papando subvencións.
- Afonso X o sabio: o primeiro hipster ibérico que para ligar escribía cancións estilo The Beatles en galinglés.
- Afonso Henriques: estudante revolucionario que consegiu independizar Portugal de Galicia.
- Reis Católicos: híbrido pansexual que dominou esta zona grazas á Inquisición española.
- Filipe II: rei que gobernaba mediante rezos misticoides.
- Afonso XIII: primeiro español en ter porno na casa.
- Xoán Carlos I de España, o subvencionador.
- Felipe VI de España e Galicia.
- José María Aznar, fundador do IV Reich Hispánico.
Organización territorial
- Artigo principal: Comunidades autónomas de España.
Actualmente España é un Estado de varias nacións, tras pasar por varias etapas de dominio imperialista da cidade-estado de Madrid.
Divisións territoriais
España está composta polos inexistente Euskadi, pola xa existentes Cataluña e, polo menos popularmente boicoteado, Illas Canarias, Andalucía, reino independente de Galicia, Aragón, Francia, Leon (o reino do cal Mejid Risto, e ata penso que ve na Gúguel Erz), A Mancha, Cantabria e os seus agregados, os veciños de Valencia, Murcia e da reserva de sidra nacional, Asturias, outros intereses que non nomear, porque non pagou ou non pagou o suficiente. Algúns científicos insisten en debater a existencia de Teruel e Cuenca. Desafortunadamente, non hai datos concluíntes foron xogados sobre o asunto.
Ata o final do século XX tivo tamén a cadea alemá arquipélago isleña Balearempf.
Ademais, ten dúas cidades en África, algúns illas habitadas polas Canarias, as aves ou mamíferos, e outra illa, onde só viven vidas coas súas cabras, chamado de Illa de salsa, un nome dado porque non medra alí.
Economía
- Artigo principal: Economía de España.
O seu PIB é un dos mais baixos da Unión Europea (ata que se uniu Romanía) pero dos mais altos do entorno africano onde se atopa, porén grazas a que agora se conta como actividade industrial a explotación sexual e o tráfico de drogas voltou a ter brilo imperial.
A súa estrutura industrial foi desmantelada nos últimos 15 anos debido a que xa se traía todo feito de China e así o español puido adicarse a vivir a vida de seus antergos imperialistas (tumbona, gazpachito e como moito batir palmadas escoitando á Pantoja). A man de obra que tenta suar é utilizada no sector Terciario, como camareiros nos paraísos turistas dos Paises cataláns co fin de voltar logo á terriña nun buga novo e construir un chalé nas aforas da aldea, algúns fixéronse ricos exportando dragóns como mascotas e outros vendendo seu cu exótico a turistas anglosaxónsinocomunistas.
Cultura
- Artigo principal: Cultura de España.
España ten unha rica cultura baseada no sadismo cara animais, porno clerical e beber miles de hectolitros de bebidas alcólicas antes de servilas a turistas das Potencias veciñas.
Importada a partes iguais de Marrocos e Estados Unidos de América, con música roubada aos ciganos e rituais traídos do Vaticano. A máxima expresión cultural españolasonas touradas, rituais de maltrato animal para impedir andazos e crises económicas, nelas sóltase un touro nun recinto circular e a media tarde veñen os humanos a ver como outros humanos con traxes ridículos o maltratan ata que morre dúas horas despois tras pintar co seu sangue o edificio.
Festas oficiais
O calendario de festas oficiais fíxase cada ano, dependendo da distribución semanal. O repertorio de festas comúns para toda España adoita elixirse de entre as seguintes;
Data | Festa | Observacións |
---|---|---|
1 de xaneiro | Aninovo | - |
6 de xaneiro | Epifanía | Día dos Reis Magos |
19 de marzo | San Xosé | (non é festivo en todo o país) |
marzo ou abril (Semana Santa) |
Xoves Santo | (non é festivo en todo o país) |
Venres Santo | - | |
Luns de Pascua | É festivo en Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Navarra e País Vasco | |
1 de maio | Día do Traballador | - |
25 de xullo | Santiago Apóstolo | Patrono de España para a Igrexa Católica É festivo en Galicia, Comunidade de Madrid, Navarra, País Vasco e A Rioxa[1] |
15 de agosto | Asunción de María | - |
12 de outubro | Festa Nacional de España | Data do Descubrimento de América, Día da Hispanidade e Festividade de Nosa Señora do Pilar |
1 de novembro | Día de Tódolos Santos | - |
6 de decembro | Día da Constitución | Data de aprobación da Constitución de 1978 |
8 de decembro | Inmaculada Concepción | Patrona de España para a Igrexa Católica |
25 de decembro | Día de Nadal | Nacemento de Xesús |
Ademais de nove festividades de ámbito nacional, cada Comunidade Autónoma pode fixar dous festivos, aparte do día da Comunidade Autónoma, e cada municipio outros dous, de tal forma que o máximo de días festivos en cada localidade non exceda de catorce.
Españoles famosos
- Filipe II: que gobernou un imperio a base de rezar.
- Mariano Rajoy
- Valeriano Weyler: inventor dos campos de concentración.
- Manuel Fraga
- Xosé Manuel Beiras
Notas
- ↑ Foi collido polos nacionalistas de dereitas pra celebrar o Día da Pátria Galega.
Véxase tamén
Outros artigos
- Idiomas de España
- Illas de España
- Reis de España
- Lista de Presidentes de España
- Lista de bandeiras de España
- Lista de cidades de España
|
|
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Albania . Alemaña · Bélxica · Bulgaria · Canadá · Chequia · Croacia . Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estados Unidos de América · Estonia · Francia · Grecia · Hungría · Islandia · Italia · Letonia · Lituania · Luxemburgo · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · Turquía |
Mediterráneo | Países e territorios do|
---|---|
Estados soberáns: |