Esquilo

De Desgalipedia


Esquilo
Información
Nacemento 525 a. C.
Falecemento 456 a.C.

Esquilo foi un coñecido malote da cidade de Tui, famoso por romperlle a crisma a varios portugas na Guerra dos Macacos, participar na primeira maratón dos xogos orxiásticos e compor 90 traxedias tostónidas. É considerado pai do teatro por Alberto Núñez Feijóo e o cícrulo de intelectuais de Gayden Village.

Traxectoria[editar]

Nacemento, crimes e movidas raras[editar]

Esquilo naceu na costa de Eleusis (Ática) no 525 a. C., seus pais eran uns lindos pastorcillos que viron á virxe de Fátima (esa filla de Buda e Mahoma) que lles profetizou que seu fillo sería famoso polos séculos dos séculos amén, claro seus pais con esas recomendacións vendérono a un matrimonio de taxistas vigueses que o educaron no malotismo de fumar porros detrás do Alcampo e irse a facer guerras na Coruneno cada vez que había derby do Celtiña.

Esquilo obtivo a fama tralas grandes Olimpiadas de Berlín onde Hitler mais Stalin conseguiron bater o record de orxías europeias mentres alzaba o puño esquerdo e a man dereita para ontentar a todos aínda que agora sabemos que era xudeu e tiña un grupo de rock heavy metal super chungo e degolaba pombas en vivo.

Obras[editar]

A muller de Esquilo a piques de envelenare a seu marido.

Todo cambiou tras matar a Jimmy (jazz) e viu que os deuses existían e lle pedían que escribira varias novelas, e surxindo a saga de Percy Jackson, Esquilo comezou a escribir dende a súa cómoda butaca miñota as inmortais obras que o fixeron famoso:

O malo foi que estas obras de teatro eran super tostón e nunca lle daban premios Hugo polo que decidiu ir a Santiago de Compostela a partirlles a cara ós da Xunta de Galicia, pero el non sabía que Feijóoides era gay e tivo que regresar trasquilado ó sur de Galicia, alí meteuse nunha tumba e deixouse morrer de pena e aflicción.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Esquilo.

Outros artigos[editar]