Eugenio Montero Ríos

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Eugenio Montero Ríos e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.


EUxenio Montero Ríos
Montero.jpg
Información
Nacemento 13 de novembro de 1832
Santiago de Compostela Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 12 de maio de 1914
Madrid, Banderaespaña.png España
Nacionalidade galega
Ocupación Ditador progresista de Galicia
Cónxuxe Avelina Villegas Rubiños.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: O Cuco de LourizánCita2.png
Google sobre Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos foi un destacado e gran estadista do século XIX, home de estado parido por Galicia (por iso sempre lle chaman cacique, se nacera en Barcelona ou Madrid outro nome lle porían). Home de virtudes magnáminas engrandeceu a España a pesar da incompetencia da maioría dos gobernantes españois (crises de alimentos, desastre de Cuba, cuestión social) arquetipo do político.

Vida e enchufes[editar]

Nado en Compostela durante o século das chisteras, seus pais metérono no Seminario porque eran humildes e non lle podían pagar mellor educación, onde seu mestre espiritual lle facía visitas inoportunas ás tantas da noite na súa habitación do internado, aparte diso Deus non lle respostaba ás súas plegarias pra que os galegos deixasen de pasar fame aquel ano, asi que colleu o macuto e marchou de onde os cregos indo estudiar á Universidade.

Alí na facultade de dereito coñeceu ós preas que gobernarían o futuro de Galiza e as famosas festas de universitarias cachondas en chalets, nunha destas festas coñeceu a Avelina Villegas Rubiños, unha fría intelectual pragmática que atopou un choroso Montero Ríos potando nun caixón dunha cómoda. Avelina o captou coa súa mirada hipnótica e o arrastrou ás gadoupas do liberalismo, cando Montero Ríos viu os abusos da monarquía fíxose republicano, cada vez que Montero Ríos se achegaba a un botella de LK Avelina ía detrás del cun mazacote do pan e así fixo que Eugenio se centrara nos estudos e deixara de ser un calavera e se convirtira nun abogado de prestixio.

En Madrid viu cómo se cocian as fabas, o goberno monárquico tambaleábase nunha dura crise e o pobo descontento quería botar fóra ós reis, Montero Ríos afiliouse ó partido progresista, España principiou tarde a súa primavera dos pobos en 1868 coa revolución da Gloriosa e botaron ós Borbóns. Montero Ríos entrou como subsecretario dun ministro do goberno provisional mentres debatían qué facer con España, ata que deron coa solución ó problema hispánico, unha monarquía constitucional progre, conseguiron convencer a un príncipe pra ser rei e Montero Ríos consegiu ser ministro de Xustiza, mais debido ós curas e ós anarquistas a monarquía de Amadeo I fracasou e como non había oura saída frente ó caos o Estado español fíxose republicano en 1873. A recén nacida Iª República española foi afogada por reaccionarios, a crise e o Imperio español.

Coa chegada da Restauración borbónica Montero Ríos tentou facer un partido republicano, pero vendo que estes se enfangaban nun debate e só conseguían escisións afiliouse a un partido que aceptaba a monarquía, no partido liberal. Como él era un home de acción e non un laicista que só debate, consegiu ser ministro de Fomento (nin Pepiño Blanco!) sendo republicano durante o goberno da rexencia arrebatándolle a victoria ós do PP coas súas mesmas armas ó colocar en postos clave a familiares e clientes. Como os anarcas andaban matando presidentes e España perdera varias colonias exteriores (Cuba e Filipinas) Montero Ríos foi enviado a París a negociar a rendición de España ós Estados Unidos de América, conseguindo que éstes non invadisen a Península Ibérica. Trala morte dos seus rivais e como non había ninguén mais preparado ca él foi primer ministro e presidente de España en 1905, dimitindo de tal cargo ó ver que o rei non ía castigar a uns soldados que queimaran un xornal catalanista.

O seus últimos 9 anos pasounos no seu pazo de Lourizán controlando seu entramado político e facendo que o visiten todos os políticos españois e diputados vitalicios parentes seus (seus fillos Andrés Avelino e Eugenio, seus xentos Eduardo Vicente, Eduardo Martínez del Campo e García Prieto, políticos de gran valía éste último chegou mais alto que os fillos de Montero Ríos) asi que cada reunión familiar convertíase nun Consello de Estado.

Trala súa morte foi sucedido polo seu xenro, Manuel García Prieto, que chegou coa rede clientelar de Montero Ríos e a súa ata a Guerra Civil Española.

Sabías que...?[editar]

España Presidente do Consello de Ministros de España

Segue a:
Raimundo Fernández Villaverde
Eugenio Montero Ríos
(1905-1905)

Precede a:
Segismundo Moret
Progre