Eurípides

De Desgalipedia
Eurípides
Información
Nacemento 480 a.C.
Illa de Salamina
Falecemento 406 a.C.
Pela
Nacionalidade grego
Ocupación escritor de traxedia
Coñecido/a por Alcestis, Andrómaca, As Bacantes, Hécuba, Helena, Electra, Os Heráclidas, Heracles, Suplicantes, Hipólito, Ifixenia en Áulide, Ifixenia entre os Tauros, Ion, O Ciclope, Medea, Orestes, Rhesus, Troianas e Fenicias... e moito outras.

Eurípides foi un xuntaletras declamacónicas nacido en Grecia cando estaba de moda a pederastia entre os machotes e voaban pterodáctilos polos seus ceos.

Traxectoria de vida e miragres[editar]

Súa nai chamábase Clitorixxxx e e seu pai Mnenssundorma, que tiveron que fuxir cara o cu do mundo durante a Segunda Guerra Médica, alí Euri viu que o cu do mundo era horrible e iso marcouno para toda a vida, en canto puido abandonou aquelo e matriculouse na ESAD de Galicia onde Afonso Becerra o formou en posar espido cantando desafinadamente o "rock do cárcere".

Canto conseguiu aprobarse emigrou a Atenas onde se prostituíu e coñeceu a Sócrates, este mestre privado de escola enchufouno en varios xornais apolíticos do PP e comezou a darlle a pluma detrás de Federico Jiménez Losantos e Pablo Casado, con ambos facía tríso ata que Rajoy lles dixo que xa estaba ben e que debían salvar Europa así que fixo que Eurípides se convirtira ó Islam e casou con dúas mulleres (unha vella que lle facía as tarefas do fogar e outra nova e cachonda para o demais).

Eurípides con todo aquel tempo libre comezou a compor horribles traxedias gregas, onde un grupo de persoas cantaba diante dun individuo ou dous ou tres que declamaban seus textos e tentaban matarse entre eles ou foderse alternativamente entre eles.

Obras[editar]

Durante a Olimpiadas nazis enfrontouse con Sófocles no duelo de sables láser e despois, manco e con mala ostia compuxo o Don Quixote de la Manga Vacia, un clásico do españolismo cultureano mandrileño, pero Euri foi mais coñecido polas súas telenovelas da hora da sesta:

  • Alcestis prostatitis: crónica do esfarelamento posmoderno dunha familia do PeloponEso.
  • Medea: Historia dunha monxa que inventa o deus ex machina que logo copiaría o imbécil de Woody Allen.
  • Hipólito: conto sobre que hai que compiortarse de forma mediocre senón morre túa madrasta e teu pai bótate de casa.
  • Cíclope: crónica sobre o cu de Ulises.

O resto de obras súas son doutros autores ós que Euri ameazaba cunha falcata para que lles dese a súa autoría e aquí somos xustos, ala.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Eurípides.

Outros artigos[editar]