Filosofía
A Filosofía é unha técnica altamente sofisticada de loita mental, na que se trata de noquear ao adversario mediante sofismas socráticos.
Historia[editar]
Orixes históricas[editar]
Todo comezou en Grecia cando uns pijos con moito tempo libre (tiñan escravos que traballaban por eles) e sen ganas de comerciar comezaron a xuntarse en cenáculos ocultistas onde ornear alegremente e sen preocupación polo qué dirán o consello de anciáns da Polis, a falar do divino e o humano, desmontando así o mithos e creando o logos. Algúns creando á súa vez outros mitos, como Pitágoras, e outros que se inventaban divertidas orixes ao Universo, como Sheldoncopécrates.
A segunda fase comezou cando Sócrates se especializou en ligar coa mocedade de Atenas, corrompéndoaa e por iso foi enviado ao Alén, pero deixaron solto a Platón, que extendeu a hexemonía cultural de seu mestre e conseguiu que o Imperio Romano metera súas ideas no programa educativo nazional, o que fixo que moitos romanos se deixaran barbas e foran detrás de mozos imberbes como Antínoo.
Na Idade Media a filosofía só existíu no que quedaba do Imperio Romano, o Imperio Bizantino, pero grazas á albro propagandístico dos monxes de occidente non se lles deu as gracias e todo o mundo pensa que foi Santo Tomás de Eiquí non o gran filósofo medieval, ou que Guillerme de Ockham molaba mais que Avicena, un musulmán algo heterodoxo. Nesta época non se fixeron grandes avances na técnica de loita filosófica, dado que houbera algúns fanáticos en Exipto que abusaran da filosofía para facer seitas gnósticas, incluso no cú do mundo, Prisciliano usou da filosofía para atraerse mulleres en idade de merecer a seus grupúsculos. Para canalizar o Qi ocidental e controlar as labores filosóficas (que nestas datas se afastaban da sabiduría para amar mais a Deus que a Sofía) os bispos europeos crearon as universidades, co fin de crear cadros da intelligentsia e matar dous paxaros dun frechazo (controlar a cultura cristiá que estivera en mans de mosteiros illados e alleos se seus controis, e organizar kamikazes que enviar nas cruzadas e incendiar ánimos cando decaeses a moral dos jihaidistas cristiáns), desde entón a filosofía só se ensina nas universidades.
Debido aos logros tecnolóxicos roubados a China, Europa comezou a explorar o mundo e roubar terras en África (conquista de Canarias) e América (descubrimento do Imperio Azteca e do Imperio Inca), o que propiciaron que os europeos deixaran de traballar tanto e se puxeran a vivir dos negros, isto fixo que a intelligentsia tivese mais ocio, nembargantes en vez de seguir a tradición de seus maiores de guerrear entre sí, escribir poesía e cazar comezou a estudar o que se salvara dos romanos e organizaron o 15 M, con campamentos nas grandes cidades, que aínda que foron disoltos pola Inquisición española rematarían sendo semente do que viu despois, Martiño Lutero creando un novo cristianismo (e van...), por si fora pouco Deus Pai pariu a René Descartes, e sen que o patriarca do Vaticano se enteirase comezou a caer a civilización cristiá.
Filosofía Contemporánea[editar]

Nembargantes todo ía ben, os poucos filósofos que había servían para que os estudantes perdesen o tempo en ramas descoñecidas actualmente da literatura fantástica, como a Teoloxía, mentres outros se metían no campo da ciencia tentando concretar se os Maias e negros son humanos ou só uns monos bípedos sen pelo. No XVIII algúns gabachos deixaron de lado a fodenda para facer xornalismo de cotilleo pero a nivel 3.0 , son os coñecidos como Enciclopedistas, que querían facer unha wikipedia a seu gusto e debido a que tiñan algúns artigos moi graciosos (o prepucio de Xesucristo, Monarquía, Estado, técnicas legais pero inmorais xudiciais) que fixeron que o rei Luís XXX llela prohibise e eles organizaron a Revolución francesa para poder vender mais libros aínda e ter un lugar no Panteón (ahí xusto enriba da Sorbona).

Pero a burguesía puxo orde cedo en casa e enviou aos filósofos franchutes a Rusia (onde logo organizaron a Revolución rusa) e aquí paz e despois imperio. Todo ía ben pero debido a certos efectos colaterales da Revolución industrial os filósofos doutros países que ata entón non foran gran cousa comezaron a darlle á matraca e Karl Marx liouna vermella escribindo en xornais en vez de estarse quieto na súa universidade de Alemaña, onde Hegel lle metera ideas BDSM de amo/escravo. O idealismo de Inmanuel Kant non só afectou a seus paisanos senón que saltou a infección a outros países e profesións, algúns como Auguste Comte fundaron países como Brasil co seu orde e progreso, John Stuart Mill creou a bolsa de Londres e así sen decatarnos foise creando o mundo de hoxe.
No século XX Friedrich Nietzsche palmouna en cama enfermo así que os outros filósofos refuxiáronse nas súas universidades, onde conseguiran chegar a catedráticos tras lamber o cu de todo o departamento e dar bonos desconto ao decano para pizzamovil; así surxion un montón de novos movementos filosóficos (existencialismo, filosofía analítica, estruturalismo, postestruturalismo, lusismo, etc) e aparecer en tódalas revistas e nos talk show falando deles mesmos.
Ramas da filosofía[editar]
- Metafísica: estuda a realidade para saber si Deus está ahí e ai que portarse ben.
- Gnoseoloxía: estuda o cerebro humano para ver si no futuro se pode conservar á xente só con súas cabezas en botes cheos de moco verde.
- Lóxica: acaso teño que explicalo?
- Ética: esto vai sobre como comportarse como deus manda.
- Estética: si te pilla vendo porno podes decir que eres estudante de estética...
- Filosofía política: estudan como son as relacións entre persoas e masas de persoas.
- Filosofía da linguaxe: estos acaban semióticos perdidos.
- Filosofía da mente: deberían decir socioloxía ou psicoloxía...
- Filosofía da historia: éstos estudan aos historiadores para ver cómo carallo describen a historia da humanidade.
Métodos da filosofía[editar]
O método para filosofar consiste en reunirse dúas ou varias persoas e porse a falar, a ser posible de noite, que hai menos ruído e non hai espías da sociedade do espectáculo que miran porque siga a ditadura dos mass media. Ao igual que no teatro, para a filosofía só fai falla dúas persoas en condicións semellantes de raciocinio.
Filósofos[editar]
da Antigüidade[editar]
Presocráticos[editar]
- Anaximandro de Mileto
- Anaxímenes de Mileto
- Anaxágoras de Clazomenas
- Arquitas de Tarento
- Demócrito de Abdera
- Dióxenes de Apolonia
- Filolau de Crotona
- Empédocles
- Heráclito de Éfeso
- Leucipo de Mileto
- Meliso de Samos
- Parménides de Elea
- Pitágoras
- Tales de Mileto
- Xenófanes de Cólofon
- Zenón de Elea
Sofistas[editar]
do Clasicismo grego[editar]
Helénicos[editar]
Romanos[editar]
Medievais[editar]
- Agostiño de Hipona
- Alberte Magno
- Duns Scot
- Pedro Abelardo
- Robert Grosseteste
- Roger Bacon
- Santo Anselmo
- Tomé de Aquino
- William de Ockham
- Xoán Escoto Eríxena
- Andre de Souza
Renacentistas[editar]
- Erasmo
- Francis Bacon
- François Rabelais
- Galileo Galilei
- Giordano Bruno
- Niccolò Machiavelli
- Michel de Montaigne
- Thomas More
Modernos[editar]
- David Hume
- Spinoza
- George Berkeley
- Giambattista Vico
- Leibniz
- Immanuel Kant
- John Locke
- Montesquieu
- Isaac Newton
- Thomas Hobbes
- René Descartes
- Rousseau
- Voltaire
Contemporáneos[editar]
- Auguste Comte
- Bertrand Russell
- Cornelius Castoriadis
- Edmund Husserl
- Ernest Gellner
- Félix Guattari
- Fichte
- Friedrich Nietzsche
- Hegel
- Gilles Deleuze
- Giorgio Agamben
- Giorgio Colli
- Hans-Georg Gadamer
- Heinrich Rickert
- Henri Bergson
- Hilary Putnam
- Jacques Derrida
- Jean Baudrillard
- Jean-Paul Sartre
- Jürgen Habermas
- José Marinho
- José Ortega y Gasset
- Karl Korsch
- Karl Marx
- Karl Popper
- Ken Wilber
- Leonardo Boff
- Ludwig Feuerbach
- Ludwig Wittgenstein
- Martin Heidegger
- Michel Foucault
- Michel Serres
- Michael Tye
- Mikhail Aleksandrovitch Bakunin
- Nildo Viana
- Norberto Bobbio
- Paul Boghossian
- Paul Ricoeur
- Paulo Freire
- Pierre Fougeyrollas
- Pierre-Joseph Proudhon
- Pierre Lévy
- Pietro Ubaldi
- Richard Rorty
- Schelling
- Slavoj Žižek
- Kierkegaard
- Stanley Cavell
- Thomas Kuhn
- Tyler Burge