François Villon

De Desgalipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Non se debe confundir con François Fillon.

François Villon foi un machote gabacho da Idade Media, criminal e poeta da Francia.

Traxectoria[editar]

François Villon naceu nalgún lugar de Francia, seu pai emigrou a París levándoo canda el pero morreu ao pouco e a súa nai ofreceulle a un cura a cambio de ser a súa fodeamiga. Na mocedade François estudou na universidade onde coñeceu aos goliardos, pero iso non foi o que provocou a súa xenialidade senón o consumo de estramonio e alcol o que fixo que deixara de madrugar tódolos días e subir á Sorbona e comezou a erguerse tarde e escribir poemas aos delincuentes, coma os Apaches de París e outros marxinais do lugar.

Así compuxo A Balada aos aforcados, onde canta ás enormes ereccións conseguidas por Madamme Forca, así como o Pequeno testamento, onde fala sobre as groupies que tiña Xesús de Nazareth. Matou a un crego co cal competía pola cona dunha señora casada do partido dos Xibelinos.