Gales
República machota de Gayles | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: Pro celtas nós! | |||
Capital • Poboación |
Cardiff | ||
Cidade máis poboada | Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch | ||
Linguas oficiais | Ningunha, moi embra falan unha mestura de Gaylés e inglés1 . | ||
Forma de goberno | República | ||
• Total | n/d | ||
• Total | n/d | ||
• Densidade | n/d | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | Libra asquerosiña | ||
Fuso horario | Non ten | ||
• Horario de verán | Non ten | ||
Dominio de Internet | n/d | ||
Prefixo telefónico | +Non ten | ||
Prefixo radiofónico | Non ten | ||
Código ISO | n/d | ||
1 Vexa o nome da cidade principal arriba e tire as súas conclusións. |
Quizais quixo dicir: Galescola
— Google sobre Gales


Gales é un próspero e rico país da Gran Bretaña, pode compara-lo como se fose a tía gorda e rica das outras nacións do Reino Unido. A pesar do diñeiro é totalmente descoñecido e é confundido coa Inglaterra case que naturalmente.
O país é coñecido tamén por Cymru, pero non se incomoda se pronunciar ese nome incorrecto. Durante moito tempo foi residencia dos celtas e de bárbaros máis ou menos civilizados, que conquistaron todo o norte e fundaron o Reino Unido. Durante moito tempo Gales foi o centro de atención no norte, pero despois de que Inglaterra fundou Londres e inventou o fútbol, o país caeu no ostracismo.
Historia[editar]
Colonización[editar]
País fundado por un neto de Ith e bisneto de Breogán no s. V A. de C. tras desaloxar ás últimas tropas coloniais dos megaliteiros, así na Idade do Bronce extendeuse un imperio familiar de Breogán entre Irlanda-Gales-Bretaña-Galicia; mais debido a tensións internas, a dinámica histórica, a corrupción do sistema e a inxerencia de potencias extranseiras foise todo ó carallo e ninguén deixou escrito nada sobre esta época.
Cando o Imperio Romano chegou alí, atopouse cunhas tribos celtas ás que tiveron que destruir debido a que non querían traballar gratis pros romanos, así durante 300 anos os romanos montaron alí centos de campamentos e enviaron lexións tras lexións (nunha delas ía a deusa Coventina pra ver mundo). Ao final chegaron a un acordo e os romanos deixáronlle as súas coleccións de hentai a cambio de extraer ouro das minas.
Medievo[editar]
Durante a Idade Media os galeromanos tiveron que organizarse eles soiños e montaron varias repúblicas de homes libres e autárquicos que comezaron a ler obras de nacionalismo e montaron o seu propio reino, mais este durou pouco porque os saxóns e franceses invadíronos a lombos de dragóns importados de Galicia (criados por Xelmírez) no séc XII e desde entón foron colonizados polos ingleses.
Anexión[editar]
Xa na Revolución Industrial o Imperio Británico comezou a explotar a eito a Gales, destripando as súas montañas pra sacar carbón e facendo de Cardiff, a capital, o porto enerxético mais importante de Gran Bretaña, ata que as Guerras Civís Europeas (Iª e IIª guerras Mundiais) fixeron que o carbón quedase desbotado como enerxía do futuro. Os emigrantes ingleses que viñeran a trebellar na industria do carbón marcharon pra Birminghan a fabricar coches e media Gales ficou deserta a pesares de que o vinculeiro da familia real inglesa teña como principado a Gales.
Xeografía[editar]
Cidades[editar]

Linguas[editar]
- Artigo principal: Lingua galesa.
O galés, lingua local é mestura de celta, con inglés, con sueco, con alemán, fai da lingua galesa a cousa máis rara do mundo. O resultado de todo isto é un dialecto asustado. As palabras galesas son xigantes e expresan vontades mínimas. É en Gales que está a cidade de nome máis esdrúxulo que se poida imaxinar, a Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch.
A sentenza a continuación se traducida ao galego, significa SOCORRO:
![]() |
Yddraig Gochddyrycychwyntasleitynsyrjeyayns Bretinayns Gwynedd, asgoaillstiagh Snowdon, ynsleitsyrjeyayns Bretinas Sostyn dy. She Cheer Celtiagh t'ayn, gollrish. | ![]() | |
Galeses famosos ou non[editar]
- Catherine Zeta Jones
- Charlotte Church
- Anthony Hopkins
- Eduardo II
- Henrique V
- Henrique VII
- Tódolos príncipes de Gales
- Stereophonics (Unha bandiña
nada graciosaade Britpop) - Bullet For My Valentine
- Ryan Giggs
- Gareth Bale
- Christian Bale (Batiman)
- Richard Burton
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]