Guía Friqui de Galicia
![]() |
Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa! Este artigo ten un alto contido de humor galego. Se non é desta rexión sacra, é probable que non entenda algunhas cousas. |
Galiza/Galicia/Galice/Galizia é un país moi tradicional e con miles de historias por todas partes. Nación dominada pola choiva e un clima tropical. Poucas persoas saben onde está Galicia, moitos pensan que en Polonia e a maioría da xente pensan que lle están falar da nación de Astérix e Obélix. Por iso, para paliar esta malvada ignorancia a Desgalipedia tráelles a maravillosa, GUÍA FRIKI DE GALICIAAAAA!!!
Situación e xeografía[editar]
Galicia atópase no cú do Mundo, tirando a man esquerda e logo baixando cara o inferno, razón pola cal se parece moito a Mordor. A súa xeografía está plagada de enormes chairas, desertos e apenas ningunha montaña, asi que ríos aínda hai menos e as nubes corren veloces cara o veciño Reino Mesetario. Galicia está dividida en dúas rexións xeográficas:
- Galicia costeira: Formada polas provincias de Provincia de Vigo e A Coruña, ambas capitais da Galicia loitan pola soberanía friqui.
- Galicia interior: Separada da Galicia costeira pola profunda fosa maciza galaica e miles de volcáns, aquí aínda viven sen intenet e adoran ás vacas.
- Galicia profunda: lugar ignoto e apenas poboado, onde hai lobishomes e sacrificos humanoso en torno a varios deuses primixeniso así como aldeas baixo o control dunha Deusa.
Cultura e historia[editar]
Galicia existe desde tempo inmemorial, xa que a maioría da poboación ou ten alzheimer ou lle gusta aprender a historia doutras nacións, polo que descoñecemos a historia deste lugar.
A cultura galega está empapada de polisantismo e vudú, asi como de cregos satanistas. A relixión plásmase a base de festas gastronómicas onde simbolizan á Deusa en símbolos cárniso e marisqueiros, símbolos de vida e morte á vez. A sociedade galega base a súa economía en plantarlle lume aos montes, a matanza do porco, traficar con drogas e marisco e enchufar aos parentes no seu autogoberno. A pesares diso a maioría dos galegos prefiren emigrar porque lles gusta ver mundo e teñen sangue dos xudeus.
Monumentos e lugares frikis de Galicia[editar]
A continuación fornecemos aos frikis nacionais cunha listaxe breve dos lugares frikis de Galicia:
- Carral: monumentos aos mártires da alianza rebelde contra Darth Vader.
- Allariz: sala de teletransporte castrexa.
- Lugo: en santalla de Bóveda de Mera atópaseun portal interdimensional.
- Negueira de Muñiz: comuna anticonsumista e postcapitalista.
- Palas de Rei: onde ten lugar a acción da novela O Castelo de Pambre
- Vimianzo: onde se fai o xogo de rol en vivo (Asalto ao castelo de Vimianzo)
- Samos: mosteiro onde morreu Hitler, seus muros están pintados por varios frikis da década dos 60 e así aparecen pintados nos murales de Samos Sara Montiel, Charlton Heston e Sofía Loren nos murais.
- As Nogais: onde se atopa a Torre de Sauron.
- Lobeira: aquí a Raíña Loba tiña o puticlú mais cosmopolita da Europa.
- Pereiro de Aguiar: onde está un dos Monte Medulios.
- Carballeda de Valdeorras: onde se atopa Pena Trevinca.
- Porqueira: aquí os porcos de granxa tomaron o poder tras unha revolución orwelliana.
- Castrelo de Miño: baixo súas augas atopábase a Atlántida.
- Monterrei: hai un túnel segredo desde o castelo ata Chaves.
- Illas Cíes: aquí no inverno atópase o cuartel xeral da Orde Esotérica de Dagon, por iso sempre as pechan...
- Marín: aquí Pepiño Meixón construiu a base segreda de submarinos nazis.
- Cambados: onde adoran ao deus Baco e fan orxías illuminati ma igrexa de Dozo.
- Caldas de Reis: coidado que podes escaldARTE!!
- Salvaterra de Miño: debido a que antes era de Portugal agora é a capital da Federación de Planetas Unidos.
- Valga: onde está soterrado Prisciliano.
As súas rexións[editar]
As rexións de Galicia van segundo as 7 provincias do Reino de Galicia
Provincia de Betanzos[editar]
- Betanzos: capital dos góticos galegos
- Ferrol: sede da frota federal ibérica.
- Pontedeume: onde reina o deus Lugh sobre unha ponte ao Alén.
Provincia de Santiago DC[editar]
- Santiago de Compostela: onde está soterrado Sauron.
- Padrón: diócese do deus Neptuno.
- Ames: co seu concello estilo Micénico, onde comezou a alianza rebelde para a Guerra de Troia
- Ribeira: onde comezou o capitalismo grazas aos mouros que habitaban as dunas de Corrubedo.
Provincia da Coruña[editar]
- Oleiros: a primeira república socialista marxista dos traballadores e funcionarios.
- Carballo: capital friki de Bergantiños
- Culleredo: onde está a base aérea segreda, a área 51 española.
Provincia de Lugo[editar]

Lugo é o mais grande de Galicia, rexión onde adoran á vaca, de xeogafía siberiana e clima tropical, polas súas chairas pastorean os sátiros os grandes rabaños de Ents. Por aquí pasan dúas liñas do Camiño de Santiago, que serven para adecentar nas festividades da matanza caníbal dos garrulos lisérxicos.
- Lugo: aquí reina Maricastaña xunto a Pijus Magnificus.
- Monforte de Lemos: onde Lope de Vega asistiu ás primeiras orxías.
- Vilalba: cuna dos führers Manuel Fraga e Rouco Varela.
- Sarria: onde os suevos puxeron a base espacial interdimensional.
Provincia de Ourense[editar]
- Ourense: porta ao inferno, de onde veñen as súas augas.
- Verín: onde Han Solo aprendeu a disparar.
- O Carballiño: aquí reina o primo parvo de Cthulhu.
- O Barco de Valdeorras: a capital dos Mouros.
Provincia de Mondoñedo[editar]
- Mondoñedo: onde adoran ao rapeiro Pero Pardo de Cela.
- Viveiro: de onde saíu o capitán Ahab a perseguir ao Kraken.
- Ribadeo: vila atea por excelencia xa que se consideran por riba de Deus.
Provincia de Tui[editar]
- Tui:
- A Guarda: onde se desembarca a mellor fariña de Colombia.
- Baiona
- Redondela: capital frikil desta rexión.
Gastronomía e razas galaicas[editar]
A gastronomía deste lugar é maiormente herbívora, por iso toda Galicia é verde e cada vez os humanos deixan mais terreo ao reino vexetal para así poder papalo logo.
As razas galegas son varias:
- Humanos: divididos entre oe reinos de Ourensáns, vigueses, coruñeses, lucenses e priscilianenses. viven na superficie da terra e son miserables.
- Mouros: viven baixo terra e son ricos.
- Ents: cada vez son mais e habitan toda Ggalicia, na Galicia costeira reinan os ents australianos e na interior os ents romanos.
Lugares e cousas frikis que facer en Galicia[editar]
Provincia da Coruña[editar]
- Compostela: A Ferradura (onde ir facer misas negras), Casco vello (onde ir de festuki)
- A Coruña: Museos frikis, como a Casa do Home (onde ver parir en directo todos os días), castelo de San Antón (onde teñen o galeón de Breogán). Ir de festa rachada desde Azcárraga ata o Orzán.
- Festas: festa de María Pita, festival do Noroeste, Noite de san Xoán.
- Eventos: Expotaku, Viñetas desde o Atlántico.
- Betanzos: Ver todos os templos dos góticos, Parque masónico do Pasatempo, facer botellón nas escaleiras da praza da deusa Diana.
- Museos: Museo das Mariñas (museo sobre a Historia interrexional e onde fan o Anuario brigantino), Museo da estampa Contemporánea (aquí Pablo Picasso estampou ostias)
- Festas: Romería dos exorcizados, San Roque de Betanzos (coa romería fluvial dos caneiros e a solta do globo nuclear), Festas do viño e a tortilleira.
- Ferrol: Meterse nos túneles segredos da Armada (aquí está a Área 51 de Galicia). Ir de botellón polo Cantón e a praza de armas e como non ir a Esteiro a civilizarse nos seus bares.
- Vimianzo: o maior xogo de rol en vivo no Asalto ao castelo de Vimianzo!
Provincia de Lugo[editar]
Entre as movidas alternativas da provinia de Lugo destaca o Agrogay de Monterroso.
- Chantada: rally de Chantada con curvas criminais.
- Mondoñedo:
- Monforte de Lemos: Xevis e frikis saen polos búnkers da zona aristocrática como a rúa Condesa draculalba, como o Cherokee, Cork e tódolos bares do centro que siguen abertos ás tantas.
- Festas: Virxe catalá, patronais ananassan Mateo, Estación.
- Eventos: Feira merdieval, Festas do Río, Entroido, festiJazz e verán cultural onde os culturetas tentan lavar o cerebro aos pailáns da bisbarra.
- Lugo: Pubs, pub Diablo (onde ir escoitar Heavy metal), Pub Garçón (Onde está de camareira Louise Brooks), muralla dos Romanos para que non se colapsen as súas orxías durante o Arde Lvcvs (festa histórica con pijus Magníficus e Coronero de Coeliobriga), Cafetería da Politécnica, Barrio do Miño, discoteca hermo.
- Festas lucenses: Festas universitarias de Enfermaría (neste curso o porcentaxe de carallos é inversamente proporcional ao de mulleres), Festa da Carballeira (menos mal que hai festa aquí en Outono!), festa do San froilán (entrañable festa familiar enxebre) e Arde Lucus.
- Ribadeo: Festas: feira do mel do Mel Brooks, Entroido con queimada e desfiles nazis, romaría das esvásticas.
- Eventos: Mercado merdieval, semana do cine infantil, dia da gaita galega, subida ao Monte Mondigo, semana náutica no SeaQuest DSV, torneo de tenis e bambas, xornadas de cultura galeguista, concurso de redacción de "diadema de Moñes".
- Sarria: Aquí fan incluso entroido en verán, adoran ao demo na Noite Meiga e no Seven e fan un festival na discoteca Lamar.
- Festas: San Xoán, Noite Meiga.
- Viveiro: Festuki pola DékadaFestas: Semana Pecadora, San Roco, Romaría do Naseiro, festas da virxe de Neptuno
- Evento: Resurrection fest
- Vilalba: Para saír aquí hai que ir pola Troco (a ver quen consegue xogar ao trompicallo)
- Festas: festa dos Xoses, feira do Queixo de San Costa do Simón, Feira do capado de Vilablanca.
- Eventos: FIV (festival popi lugués).
Provincia de Ourense[editar]
- Festas: Festa do boi.
- Celanova: A festa toda vai polo centro de Celanova (Pub Patapaf, Pub Meigallo) e senón ás discotecas da Manchica.
- O Carballiño: Aquí a festa semanal vai desde a Paulino, a Maxims, o Musk, Isis Pharia, etc.
- Festas: Festa do Polbo (onde paparon ao pulpo Paul)
- Eventos: a Xociviga (Xornadas de Cine e video de Galicia).
- Ourense: A festa toda vai polo casco vello onde frikis malotes jebis malotes se mesturan todos en alegre camaradería entre a praza dos Ramóns e a catedral.
- Festas: As festas de barrio, como a do Corpus e Couto son polo verán, aparte de que tamén no verán está o FAX.
- Eventos: festival de Cine Independente de Ourense, Xornadas de Banda Deseñada, Festival de Teatro universitario, Fito. Hai dúas supertendas de cómics, Octavo Pasajero e Sindicato do Cómic.
- O Barco de Valdeorras: A marcha en Valdeorras pasa polas florestas cheas de ninfas pepeiras e logo vai pola discoteca Seven.
- Festas: Entroido, romería virxe da barca.
- Eventos: Silfest, Festival Pulpo Pop, Bacofesta (en A Rúa)
- Verín: Aquí sáese polo casco vello, ollo cos portugas que van coa recortada, así o domingo podes ir pola beira do Támega a ver si aparece Mobi Dick o senón polo Mercadona a ver si hai zumbis enfronte. Os xevis van ao Aquelarre en Laza, popeiros e modernos van a The Garage, o Cool, e o Gandainas, e os malotes e portugas a Superclub, Casa dos Sueñosna rúa Espido!!! (que porno todo iso)
- Festas: O Entroido e a Virxe María, festa do chourizo, San Lázaro, Maios (en honor ao deus Bandua). Batucada de verán con entroido no verán e festa do viño.
- Festas: Entroido, Festa do Esquecemento.
- Monterrei: aquí facíase outro xogo de rol en vivo, Irmandiños, a Revolta pero a Feijóo non lle gustaba e sacárono para tentar poñer outro hotel de narcos.
Provincia de Pontevedra[editar]
- A Cañiza: Aquí saen á discoteca kanalla mentres papan xamón para poder beber ben xa que o frío de aquí é siberiano.
- A Guarda: Onde está o mellor marisco e mais barato das Rías Baixas,co seu castelo do XVII e unha cidade Galaica aló arriba desde onde ver se Portugal nos invade e senón invadilo nós grazas ao ferriFestas:festa do monte
- Caldas de Reis: Aquí incluso hai Cine no Avenida
- Catoira: Aquí vaise apasear polo mirador da estrada vella a ver se hai suicidas(pra es están na súa esquina unah spompas fúnebres) ou ir ver os muíños do vento e ir con Estilo á cafetería. aínda que a maioría da poboación vai á illa de Bexo a facer orxías satanistas.Festas: Romería Vikinga, Festa da solla catoirense.
- Lalín: A festa semanal vai polos pubs da rúa B ou senón a quen teñan contratado para o Lalín Arena ou ao Monserra,senón podes ir ao botellón hippie no paseo fluvial do rego das cabirtas alí na rotonda selváticaFestas:feira do cocido musulmán(ou non)Eventos: o ANIRMAU
- Ponteareas:aquí a festa nocturna está concentrada en torno á estrada nacional arredor da estación de bus, así dun lado yés media rúa chea de pubs dun lado e un pouco mais abaixo pubs e discotecas para tódolos gustos.Se tés sorte Julio Iglesias invítate á súa mansión playboy no Castelo de Sobroso!Festas:Corpus Alfombrae e a festa da Picaraña, festa do Pote,Eventos:Rock in rio Tea,festival de Jazz, e a festa da Picarañaaaaa.
- Pontevedra: A maioría da xente deste lugar son frikis e estudiantes de belas Artes(os malotes bakalas e gitans van a Porriño ou Vigo de festa) e a festa vai por todo o casco vello para os modernukis está a sala karma onde van os razzmatazzeros.
- O Porriño: Aquí vai toda a poboación de malotes e señores maiores á Queen/la Reina, esta discoteca e outrso galpóns do lugar atraen a moita mais xente debido á atracción causada polos rapazas quentes.
- Vigo: Ir de festuki a Viños(casco vello onde Rosalía de Castro vendía o libro vermello de Mao aos jebis) e os modernos a Churruca, afortunadamente os pijos van ao Areal e club náutico a pillar frío(tranquilos as tías van igualmente ensinando chacho). Os lugares frikis por excelencia son ir facer xogos de rol soviético ao castro, pasar polo bar de Catro a Catro a consumir Estrella Galicia, ir comikear a Norma Comics ou Sousa Cómics ou Mazinger e facer Senderrol(senderismo e rol!)Comics.Festas:Reconquista(cando se expulsou a Napoleón Bonaparte)Festas de barrios(festa de Bembivre, Coia, Bouzas...todas no verán)Featas universitarias(San Teleco,San PasKKual) Eventos:Vigotaku, Exponipón de balaídos.
- Salceda de Caselas:Aquí a festa rivaliza contra O Porrito e Tonecholandia, menos mal que nos queda sala Tuenti.Festas:Festa do cristo Xabarín!!
- Vilagarcía de Arousa:Non todo vai ser andar na fariña aquí podes ir a ver que hai no Multicines ou pasar pola Fexdega ou no Auditorio Municipal Festas:Festa da Auga,
- Tui:Aquí a xeografía manda na división ideolóxica da poboación, os malotes bakalas e portugas van a Metropol e Anubis(ao principio de Tui) e os jebis, frikis, culturetas e punks ao casco vello.Festas:San Telmo, Rebordáns festa,etcEventos: Festival de Documentais de Tui ou PlayDoc, semana do teatro afeccionado,Transgalaica(a ver quen logra sobrevivir subindo o Monte Aloia).
Calendario festivaleiro de Galicia[editar]
Entre os Festivais de galicia que existen agora a principios do século XXI hai unha enorme oferta friki:
- Arborock: Agosto en Arbo
- Artenativa: En Agosto en Valga(Pontevedra)
- Brincadeira rock: 9-12 agosto en Cambre
- Cantos de Taberna: Finais de Novembro en A Pobra de Trives(Ourense)
- Castelo RocK: 7 e 8 de Agosto en Muros(A Coruña)
- Derrame Rock: Xuño en Ourense
- Esmorga Fest: Marzo en Sarria
- Felipop: Comezos de Agosto en Fene(A Coruña)
- Festa Folc de Vilariño: Agosto en Hío, Cangas.
- Festa da carballeira: en Zas en toda a boca!
- Festival do Castro: 28 de Xullo en Ferreira de Pantón(Pantón,Lugo)
- Festival Cultura Quente: segunda semana de Xullo en Caldas de Reis.
- Festival da Chaira: Xullo en A Pastoriza(Lugo).
- Festival Folk de Guísamo: Agosto en Bergondo
- Festival Osa do Mar: 4-5 Setembro en Burela
- Festival da Luz: 12-1 de Setembro en Boimorto
- Festival do Millo verde: xullo en Redondela
- Festival do Norte: 6-.7 de maio en Vilagarcía de Arousa
- Festival do Noroeste: en A Coruña.
- Festival de Pardiñas: 2-3 de Agosto en Guitiriz(Lugo)
- Festival de A Rebusca de Outono: Finais de Novembro en Manzaneda(Ourense)
- Festival Reperkusión: Agosto en Ourense
- Festival de Ortigueira: do 7 ao 10 de Xullo en Ortigueira
- Festival Sin Sal: do 24 ao 26 de Xullo na Illa de san Simón,Redondela.
- FIV de Vilalba: 20-21 de marzo en Vilalba
- Festa Interior Bruta: En setembro en Vilar de Santos.
- Festival de Valarés: 14-16 de Agosto en Ponteceso
- Orixe Candente: Finais de Agosto en Caldas de Reis
- Portamérica: 19-12 de Xullo en Nigrán(Vigo)
- Resurrection fest: Xullo-Agosto en Viveiro
- Revoltosa Rock: En Ordes
- Tentacle Summer Fest: 14-15 de Agosto en Foz
- Wosinc: 12-13 de Setembro en Santiago de Compostela