H.P. Lovecraft

De Desgalipedia
(Redirixido desde "H. P. Lovecraft")


H. P. lovecraft
Lovecraf.jpg
Información
Nacemento Probablemente a finais do XIX. (20 de agosto de 1890)
Providencia Bandeira Usa.png Estados Unidos
Falecemento Probablemente antes da II Guerra Mundial (15 de marzo de 1937)
Tamén en Providencia Bandeira Usa.png Estados Unidos
Nacionalidade ianqui
Ocupación Escribir trangalladas.

Howard Phillips Lovecraft (H.P. Lovecraft) foi un escritor estadounidense famoso polas seus polbos xigantes con ás de morcego.

Vida e masturbacións cósmicas[editar]

Lovefrat naceu nunha cidade de provincias dos Estados Unidos de América a finais do século XIX, seu pai era axente comercial de xoiería e súa nai unha laberca de moito carallo que sempre lle andaba a lembrar que era feo como a morte, grazas a este trato preferencial polo seu único fillo o rapaz desenrolou autismo e sempre andaba de can marchando pro monte a fantasear coas batallas do Rei Artur, as glorias dos fillos de Breogán e as batallas de Napoleón Bonaparte matando imperialistas ingleses (dos cales fuxiran seus ancestros 200 anos antes no Mayflower).

Na escola era un lambecricas e por riba sacaba malas notas, xa que non atendía e só facía debuxiños frikis nos marxes da libreta, por si fora pouco seu pai, que andivera de putas, collera a sífile e ésta fundiulle o caletre virando tolo e morrendo mentres invocaba en van a Niarlathotep pra que protexera ó seu vástago da educación nazi que lle estaba a dar a súa nai e súas cuñadas ó rapaz. Mais o rapaz fíxose un neno prodixio (vedes que boa nai son? di a nai...) e xa se masturbaba con 10 anos, leía a Biblia e lle facía comentarios críticos ós 3 anos e compuñan cancións pra Rammastein ós 8 anos.

Pero todo isto non lle serviu para nada e non puido acceder á universidade pra ser astrónomo, meténdose na casa da súa nai sen pensar en independizarse nunca, como non saía de casa nin ligaba súa nai pensou que era gay e mandou secuestralo pra metelo nunha clínica privada que afirmaba curar esa "doenza", alí lovecraft bateu cunha revista de contos e comezou a lela durante varios meses e o electrocutaban pra que deixase de pensar co cu, nunha destas envio unha carta critiocando que as historias de amor dun autor famoso que publicaban nunca rematasen nun polvazo como deus manda e a apratir de ahí comezaron a unírselle no twitter outros escritores críticos co escritor famoso (típicos voitres...) e obrigaron ó túzaro de lovecraft pra que publicase sus contos de medo.

Nestas estaba cando morreu súa nai tras un postoperatorio de lavado cerebral, asi que tívose que poñer a traballar... pero na literatura, facendo de negro reescribindo textos pra outros autores. Nunha convención de Otakus coñeceu a unha tendeira coa que casou, mudáronse a Nova Iorque mais alí lovecraft non atopou a tan desexada escea intelectualoide que buscaba debido a que non tiña contactos no mundillo e por riba, tivo que vivir nunha barriada chea de inmigrantes (chineses, chicanos, mexicanos, portorriqueños, hawaianos, galegos, ect) o que lle tocaba moito os collóns, xa que él era nazi de todo corazón (grazas mamá!).

Tras descubrir que a súa muller non tiña o pelo azul e nin tan sequera o alisado xaponés eran natural divorciouse dela e foi vivir cunha tía súa; alí deprímese inda mais e por riba escribe de puta nai (a boa literatura créase en malas condicións!) e por riba veu a grande crise de 1929, trala Gran Depresión apoiou ao PSOE, por si fora pouco morreu súa tía rica e tívose que ir vivir cunha tía menos rica nunha habitación alugada mentres seu mellor amigo se suicidaba tras ver por unha fiestra como emerxía Cthulhu dun cartel electoral de Hitler. Nos seus últimos anos lovecraft segiu a ser un negro literario e por riba cobraba unha merda que lle facía comer unha merda, rematou por coller un cancro intestinal que lle inflamou os riles e o mandou á tumba tras pasar polo hospital de James Brown (Si! o músico!).

Obra lovecraftiana[editar]

Grazas ós seus amigos escritores Lovecraft chegou até o século XXI e non se perdeu polo camiño, categorízáronse as súas obras en:

  • Historias tipo Abdul Alhazred, onde mezclaba exotismo e milenarismo ancestral.
  • Tipo Edgar Allan Poe, de misterio e terror gótico.
  • Tipo Lord Dunsany, con elementos mitolóxicos e fantasía.
  • Tipo Lovecraft, onde se atopa a sí mismo e se fai ateo perdidiño. Ao descubrir que o ser humano é unha merdiña soa no universo inventa os mitos de Cthulhu e os deuses primixenios e tolos que só viran tolo ós humanos, asír por amor ó arte sen nada mais que un grande e noxento absurdo cósmico que atrapa ós humanos no medio.