Iavé

De Desgalipedia
Xudeo musculoso.png Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido,
coma Menorá, Talmud e outros.


Iavé
Iahveh.jpeg
Iavé todo o ve.
Título:
Nado:
Lugar de nacemento: Israel flag.jpg Israel
Festividade:
Venerado en: Israel flag.jpg Israel
Atributos:
Patrón de:


Iavé é o deus dos xudeus xunto coa deusa Asera.

Orixe[editar]

Iavé nunca se andivo con chiquitas... asi que non o cabrees.

Seu nome siñifica Eu son porque son pero non son porque antes non fun porque eu tamén fun, e ademais serei o que significa que aínda non deixei de ser o non ser porque ser implica non non ser que ven sendo que fun, son e e serei. Como este nome era demasiado ridículo os rabinos decidiron inventar un acrónimo e xuntaron varias letras posuídos pola soma e sen decatarse fixeron un nome sen vocais, ficando en "YHVH", o que o fixo impronunciable e por iso os nazis pensaron que eran ateos e por iso os quixeron liquidar.

Historia[editar]

Iavé, Xehová, Iah era un espíritu que vagaba feliz polo deserto do Neguev, ata que un día subiu aos altos do Golán e viu que existía vida humana mais alá do deserto, asi que colleu seu ectoplasma e mudouse pra Babilonia, onde consegiu convencer a un empresario bovino, Abraham, de que emigrase a Palestina e él sería seu Deus e o protexería e á súa familia faria que fosen os donos do mundo.

Finalmente Iavé consegiu que Abraham chegase ata Palestina e expandira seu negocio, pero ao sur Exipto tiña un deus cun nome moi parecido ao seu e como non estaba claro quen sacar antes a patente do nome Iavé enviou a un axente segredo pra acabar con Iah, así foi como Xosé foi onda o faraón tras facerse vender polos seus irmáns a un exipciano. Pero Iavé non tivo o éxito agardado, xa que os seus protexidos perderon o gando e tiveron que emigrar a Exipto, onde entraron como inmigrantes ilegais e foron escravizados polo capitalismo faraónico. Iavé aparecéuselle ós rabinos e díxolles que a situación era culpa deles por facer que os xudeus se deixaran levar e se integraran en Exipto poñéndose a rezar a Osiris, Isis e o crocodilo que os pariu.

Moisés e os mandamentos recebidos por Iavé.

Iavé consiguiu atraer con cerimonias vudú a un sacerdote exipcio con tan boa prota que se convirtiu ao xudaísmo e se puxo por nome Moisés, Iavé fíxoo superstar e deulles polo aos exipcios con roupa importada de marcas pirateadas e fastidioilles o negocio abrindo chinos por todo o país ata que se fartaron dos xudaínos e tiveron que fuxir a fume de carozo. Afortunadamente todos os israelitas voltaron a ser xudeus e seguiron ao enviado de Iavé polo deserto adiante, pero con tan mala sorte que ficaron sen auga e algúns xa estaban preparando pra porse a rezar a Baal e Astarté cando Iavé reaccionou e fixo pasar o seu sable láser polas montañas abríndolles unha autovía e así saír auga e de paso prometerlles que lles entregaría unhas terras mais alá do deserto.

Os israelitas confiaron no Deus e voltaron todos a ser xudeus (os que non tirounos Iavé dentro dunha greta que abriu na terra) e atravesaron o deserto ata chegar a Palestina (no camiño desfixéronse de Moisés por ser de sangue exipcia) e como alí xa había outras persoas e a terra prometida era doutros Iavé baixou cuns cantos dos seus pratiños voadores en plan OTAN e destruíu aos pobos que antes ocupaban as beiras do Mar Morto pra dixarlles sitios ós israelís (isto aprendérono moi ben e fixérono milcincocentos anos despois en 1946). Iavé deixou ós filisteos, amorritas e cananitas de reserva, pra ter algunha ameaza cos que chantaxear ós isarelís por se non querían seguir adorándoo, polo demais masacrou poboacións enteiras e puxo un novo orde: aqueles que non se mutilasen a pel do carallo serían destruidos pola Garda Revolucionaria Islamista Xudea e logo montou unha república xudislámica onde gobernaban os cregos xudeus.

Todo ía ben ata que as potencias veciñas (Exipto, Siria, Asirios, Mesopotámicos, Hititas, Persas) se interesaron pola pel de ovella israelí e puxeron embaixadas na nova nación e algún que outro templo, cousa que irritou a Iavé xa que levaba moi mal iso de ter como veciño a Baal no outeiro do lado. Pero tivo que apandar xa que os templos dos estranxeiros lle deixaban moitos cartos en forma de divisas extranseiras e lles poñía un imposto relixioso especial co cal se encargou facer un templo tamén pra él e traerse cinetíficos nucleares exipcios pra facer a súa arca da alianza e así acolloar aos países veciños por se o querían invadir. Cousa que finalmente pasou, e a pesar de que Iavé era señor dos exércitos os israelitas foron conquistados e enviados a Babilonia, onde moitos perderon a fe e se fixeron adeptos a Boney M, outros seguiron coa mesma relixión pero mudárona pra sacarlle tantos sacrificios, e sobre todo eliminaron as orxías en honor a Iahveh.

Cando por fin puideron voltar a Israel foi por que o emperador persa así o quixo e como Iavé non tivera nada que ver na liberación do seu pobo pois perdeu mais clientes, asi que tivo que porse serio e fixo regras mais estritas á vez que se inventaba a Biblia pra así poder captar mais fregueses e enviado Testemuñas de Xehová por toda Palestina. Todo semellaba ir ben pero foron conquistado por Alexandre Magno e Iavé voltou perder clientes, menos mal que unha familia de rabinos se fixeron talibáns e comezaron unha guera civil entre israelitas xudeus e israelitas que se convirtiron a outras relixións, como os do seu bando non daban gañado tivo que chamar polo Demo, pra que o axudase e así crearon o reino de Israel, poñendo a un elexido á cabeza do reino, pero despois Iavé mudou de idea e elexiu a un neno pastor do Indukush, comezando outra guerra civil xudea. Cando por fin puido reinar o seu segundo elexido, saíulle bisexual e por riba casou con moitas mulleres que case o fan mudar de deus, afortunadamente os reises duran pouco e sucedeulle o rei Salomón, que aínda durou menos pero polo menos lle reconstruiu o Templo e a palmou antes de pasase a adorar a Baal. Iavé maldiciu á familia do Rei David e o reino foise ao garete e sen decatarse voltaron estar invadidos, desta vez polo Imperio Romano, que pra escándalo de Iavé permitíantodo tipo de deuses no seu estado (si, incluso a eses deuses con cabezas de animais de Exipto...).

Aquí Iavé cagouse en dios e en María Santísima e como aínda non existían creounas, contan mala sorte que lle saiu o fillo respondón e ao final Xesús de Nazareth rematou por inventarse outra relixión a partir da súa e perdeu aínda mais clientes, por si fora pouco seu instrumento humano, esa tal Mariah convirtiuse na Virxe María, unha semideusa que aínda lle roubou mais fregueses, e por si fora pouco ao final o 100% dos fregueses de seu fillo remataron por querer liquidar aos seus propios fregueses, os xudeus, durante os próximos 1945 anos.

Poderes[editar]

Iavé ten un fato de poderes e superpoderes, que pra iso é o creador do mundo:

  • Fai aparecer OVNIS que reparten axuda humanitaria en medio do deserto en cuestión de segundos.
  • Fai deter o movemento da terra pra que as batallas duren mais e así seus crentes poidan seguir exterminando a seus veciños.
  • Talla con raio láser na rocha instruccións concretas pro uso de internet (non entrarás en pornotube).
  • Crea terremotos pra que a terra se coma a aqueles que se mudan de relixión.

Sabías que...?[editar]

  • ... Iavé matou a mais persoas que o Demo?
  • ... creou o Univerno sen Big Bang nin nada?
  • ... odia a aqueles que non se fan a circuncisión?
  • ... creou á muller pra que o home se divirta?
  • ... se non cumpres as súas ordes vas pro inferno?
  • ... é moi moderno e guai, porque permite ter como legal a fillos tidos polo pai cunha criada pero logo a criada non é considerada nai del?
  • ... non quere que traballes en sábado? Nin sequera saias da cama?
  • ... como papes marisco ou carne de porco vas pro inferno?
  • ... quere destruir a Rappel e outros magos e meigas?
  • ... quixo impor o nudismo pero Eva e Adán tiñan vergoña?
  • ... limitou a vida do home aos 120 anos?
  • ... non quería mezclara seus fillos coas fillas do home?
  • ... lle gustan que lle sacrifiquen animais pero pasa das ofrendas vexetais?
  • ... si o desobedeces faiche a vida imposible?
  • ... castigou ós únicos que crían nel a vagar polo mundo adiante sen descanso ata a chegada do mesías?
  • ... o Mesías prometido leva mais de 2000 anos sen chegar?
  • ... destruiu a Sodoma e Gomorra porque eran demasiados hospitalarios uns con outros?
  • ... destruiu unha vez a toda a vida sobre a face do planeta Terra porque pensaban que eran todos malos?
  • ... quere ter ao home vivindo mal e por iso creou mútiples idiomas?
  • ... non quere visitas e por iso fixo que os da torre de Babel comezasen a falar en distintos idiomas e así non chegar ao ceo?
  • ... non é liberal? Porque Lucifer tamén quería brillar tanto coma el e o convirtiu no demo.