Idade Media

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Cabaleiro negro mutilado.jpg

A Idade Media foi unha época da Europa Occidental que vai do século V ao XV.

O nome[editar]

O nome de Idade Media deullo un pedante que separou a historia en varios períodos, e como os séculos que viñan despois da caída do Imperio Romano lle pareceron menos cool pois os chamou Idade Media (a idade/época do medio) entre o Imperio Romano e o Renacemento (Volta á moda dos romanos).

Mentiras acerca da Idade Media[editar]

Na Idade Media inventáronse os castelos.
  • A ciencia estivo morta nestes séculos,e ademais a Igrexa católica a quixo enterrar para sempre: Ó contarrio, a Igrexa católica foi o único que sobreviviu da cultura romana en Europa Occidental. Gracias aos monxes segiuse investigando e salvagardando a ciencia e a cultura, xa que so reis e duques estaban moi afanados pelexando entre sí e erguendo castelos en cxada montaña), os eclesiásticos eran os únicos cultos.
  • Todos eran uns porquiños: en realidade seguiron con costumes romanos de bañarse en público todos xuntos, incluso a demanda de xabón fixo que se construiren as primeiras industrias europeas.
  • Os cabaleiros eran moi ben educados: en realidade eran como os pandilleiros de hoxe en día, así debes imaxinarte un skin con armadura ou varios da mara salvatrucha con lanzas. Cando estaban sen guerras estos guerreiros andaban matando á poboación civil, ou masacrando extranseiros; para que non armasen guerras incontroladas a igrexa inventou as novelas de cabalaría, onde saían cabaleiros que defendían ao débil (enténdase débil como nenos e mulleres da nobreza sen homes (pais ou irmáns) que defendan seus dereitos).
  • Todos eran moi remilgados e reprimidos sexuais: en realidade cada casa era un sexshop, inventaron zapatos con punta alongada pra.. xa tu sabesssss... Ademais a prostitución era legal e incluso a igrexa tiña burdeis santos.
  • A muller estaba nunha mal situación: en realidade tiñan mais dereitos que na Idade Media, incluso chegou a haber mulleres reinando por primeira vez, incluso houbo mulleres que ao ver que o seu home tiña amantes quedouse co reino.
Aínda que a medicina da Idade Media era moi incipiente, había fermosas enfermeiras.
  • A vida era horrible e todos morrían mozos: a mortandade infantil era tan alta como a de agora en África, pero era porque non había coñecementos médicos.

A Idade Media noutras partes do mundo[editar]

A Idade Media en Galicia[editar]

Nesta época é creada Galicia como a nación hipster do momento.

Todo comezou cos suevos, uns inmigrantes legais que o Imperio Romano colocou aquí pra ter alguén que lle coidadse o galiñeiro. Logo éstes desmadráronse independizáronse, formando o Reino Suevo, logo viñeron os visigordos e con eles os islamistas que afundiron todo nunha guerra e imposición da sharia (con impostos tan curiosos como o Peito Burdelo), afortunadamente varios pandilleiros conseguiron aliarse e reconquistaron todo, formando o Reino de Galicia,aliáronse con Don Paio e seus descendentes e seguiron camiñando cara o Sur, fundando Portugal, León‎, etc.

Montouse un sistema vasado no feudalismo e nos contratos de vasalaxe, a sociedade estaba dividido en traballadores e non traballadores (entre estes estaban os nobres e os cregos), grazas á propaganda os mosteiros fixéronse os maiores terratenentes de Galicia e ergueron algunha que outra catedral perdida polo monte. Debido a que a guerra se estancaba e a Reconquista ficaba daida debido a que era mais fácil cobrarlle impostos a Al-Andalus resultaba mais fácil ficar en casa e preitear uns señores contra outros, nestas estaban cando chegou a Peste Negra e matou a moitos, pero sobre todo aos labregos.

Isto provocou que a nobreza perdera millóns de maravedises e os que sobreviviran se lles subían ás barbas porque lles pedían mais dereitos, ata que se ergueron contra eles ena Revolta Irmandiña, formando unha república durante tres anos, desfeita polos nobres que contraatacaron e os rei que pasaba dos seus vasalos. Peor os nobres voltárons epelexar entre eles,e trala guerra de sucesión entre beltranexa e Sabela esta aproveitou a posterior represión e fixo subxugar o Reino de Galicia.

Cousas boas da Idade media[editar]

  • Tiñas un Disneylandia na túa aldea.
  • Os montes estaban moi habitados.
  • Non facías declaración da renta.
  • Non podias votar nin en pepeiros nin sociatas.

Desgalería de imaxes da idade media[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Idade Media.

Outros artigos[editar]