Imperio Romano

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura


Vexilloid of the Roman Empire.png ROMANI ITE DOMVM!!!
HÆC ARTICVLVS ROMANVM EST. LATIM LOQVÆBITVR.
NON INTERLEGIT? HVMORIS CALLAECIVS NON EST. MVITISSIMVS GRACIOSVS!!!
SED PENIS MEAM VADE MAMARE! VADE FŒDERE CVM PORRIBVS NOSTRVM.

IMPERIVM ROMANVM
Imperio Romano

27 a.C.476
 

Bandeira Escudo
Lema: Senatvs Popvlvsqve Romanvs (SPQR)
(Latín: O Senado e o Pobo Romano)
Capital Roma1
Lingua Latín, grego
Relixión Politeísmo romano
Cristianismo (dende o 380)
Goberno Autocracia
Emperador
 • -27 - 14 Augusto
 • 379 - 395 Teodosio I
 • 475 - 476 Rómulo Augústulo
 • 1449 - 1453 Constantino XI
Período histórico Antigüidade clásica
 • Proclamación de Octavio 27 a.C.
Superficie
 • 117 d.C. 5.000.000 km²
Poboación
 • 117 d.C. est. 88.000.000 
     Densidade 17,6/km²
Moeda Áureo (27212)
Sólido áureo (294312)
Sólido (dende 312)
1 Por diversos motivos, Constantinopla, Mediolanum e Ravenna tamén fóron capital do Imperio en fases tardías.

O Imperio Romano (en latín: IMPERIVM ROMANVM) foi o imperio que durou centos de anos e legou miles de anos de violencia, barbarie e oscurantismo á humanidade.

Historia[editar]

Típica escena entre Romanos.

O Imperio romano foi creado pola Cidade-estado de Roma, ao comezara pedir impostos a os seus veciños etruscos por tonterías como pasar polas pontes do Río Tíber, levar mulleres dun lado a outro... como ninguén quería pagar impostos e logo non ver un can investido na súa aldea foise creando un reino arredor de Roma, e logo unha República, a cal pasou por dúas etapas:

  • República Imperialista ou Iª República Italiana: estilo Estados Unidos de América, na cal os Romanos se pelexaban contra os de fóra e foron conquistando todo. Debido a problemas de economía sexual, os patricios queríanse foder a todo becho vivinte e só lles deixaban as feas para os plebeios, aquilo rematou en varias guerras civís, ata que os patricios deixaron ao plebeos meterse tamén na lexión.
  • República romana: estilo español, na cal os Romanos se pelexaban entre sí.

Trala etapa romana unha familia de ricos deu un golpe de estado e fundaron o "Imperio", durante esta época apenas se conquistaron cousas novas e ao final perdeuse todo, incluso a propia Roma.

Política e administración[editar]

Centurións en Roma.jpg

A organización social estaba baseada no número de putas que a señora da casa lle deixaba ir ao seu marido e do número de putos que éste lle puidera pagar á súa muller, a nivel estatal isto estaba representado en que cada rexión estab gobernado por un gobernador que daba explicacións ao Parlamento de caciques, este finxía unha acción e logo o Imperator decía o que había que facer e miles de escravos traballaban gratis pra todos; etse sistema funcionou durante 1000 anos, ata que veu o Cristianismo coa súa yihad, que si o Fin do mundo, que si a chegada de Deus nun ovni e mataría a tódolos infieis... asi que o Imperio Romano foise a garete e veu a Idade Media ao mundo...

Economía[editar]

Ésta baseábase en facer que traballasen tres gratis e mirase un (ao revés que na madrileña), logo facíase traballar ata a extenuación ós pobos conquistados e pra que non se rebelasen pagábanlles as festas patronais e santas pascuas.

Cultura e moda[editar]

A cultura romana era unha copia da etrusca, fenicia e, en menor medida da grega (menos mal...), razón pola cal acabaron por conquistara a todos estes pobos (tendo unhas cantas gruerras mundiales contra Cartago). A relixión Romana baseábase en ter costumes dos mais extraños, que si vías un gato negro cruzar diante túa tiñas que volta a casa e facer unha ofrenda aos avós mortos da familia, que si psabas por debaixo dunha escaleira tiñas que ir ao templo de Afrodita a masturbarte e cousas rariñas así.. ata que chegou o Mitraísmo e todos foron felices xa que era unha relixión que non lles metía o medo no corpo a morrer, pero logo chegaron os cristianos co seu Mileniarismo e montaron o Vaticano.

A moda romana consistía en ir envoltos todoo día en sabas brancas e andar en sandalias por todo o Imperio, razón pola cal se eras Romano e andabas por Chandrexa de Queixa pouco ías ficar sen coller unha gripe.

O Imperio romano en Galicia[editar]

Romanos en Lugo.

Galicia foi conquistada polo Imperio Romano en catro fases:

  • Campaña militar de Quinto Servilio Cepión: xeneral romano que farto de que lle comparasen o tamaño do seu cipote cos dos galaicos, resolveu en subir ao Norte e darlles un escarmento, pero cando ía cruzar o Padornelo Reve fulminouno dun trono.
  • Campaña militar de Décimo Xunio Bruto Galaico: debido ás prácticas rituais da sfatrías de guerreiros castrexos que facían no paso de mozo a adulto en forma de razzias continuadas; decidiu enviar unha expedició de castigo que chegou desde o río Douro até o Río Miño, na súa desembocadura viu o prodixio da labarada de lume tras afundirse o sol en Nemetobriga (Santa tegra) e fuxiu cara os seus dominios.
  • Campaña de Xulio César: para derrotar ao seu inimigo Pompeio na guerra civil romana veu a Hispania e desfixo os dominios dos pompeianos, ao mesmo tempo que invadía mais zonas, chegando até Brigantium (Acruña) Abobriga (Baiona) e Vigo.
  • Campañas das Guerras Cántabras: Augusto pra conseguir mais cartos e ser emperador en Roma bótase contra do Norte da Península Ibérica onde tribos galaicas, astures e cántabras aínda non foran invadidas, grazas a que subornou aos deuses galaicos fíxose con toda Hispania.
As conquistas do Imperio Romano na Gallaecia
A Península Ibérica conquistada tralas Guerras Púnicas.
A Península Ibérica conquistada tralas Guerras Púnicas.
Conquistas de Décimo Xunio Bruto Galaico contra os Galaicos.
Conquistas de Décimo Xunio Bruto Galaico contra os Galaicos.
Conquistas de Xulio César na Gallaecia.
Conquistas de Xulio César na Gallaecia.
A Península Ibérica tralas Guerras Cántabras, coa invasión total da Gallaecia.
A Península Ibérica tralas Guerras Cántabras, coa invasión total da Gallaecia.


Cartel do Imperio Romano para lograr soldados para as campañas de Décimo Xunio Bruto Galaico na Galicia.

Tralas invasión e colonización romana, os galaicos foron colonizados mentalmente grazas á MTV e TVE, puxéronlles unha capital supercool en Lucus Augustie foron abandoando os castros tralas reformas flavias do século I d.C.; xurdindo factorías de pesca e salgadura en Vigo, Padrón, etc, santuarios galaicoromanos como o de Donón (Cangas do Morrazo), balnearios como os de Caldas de Reis, Rio Caldo, etc, campamentos militares en Aquis Querquennis, en Bande (Ourense), Cidadela (Sobrado dos Monxes), A Recacha (Navia de Suarna, Lugo) e Granda das Xarras (Balouta).

As vías romanas artellaban o territorio nunha malla que controlaba o desembarco de fariña (Vía Per Loca marítima), o contrabando de Portugal (Vía XVIII ou Vía Nova) e o comercio do gando e viño de Lugo á brigantium.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Imperio Romano.

Outros artigos[editar]