Indra

De Desgalipedia
Indra

Indra.jpg
Indra xubilata.

Editorial Indoeuropean Comics
Primeira aparición
Creado por Indoeuropeos.
Datos vitais
Nome real Indio Reigulo tronante dexu somien
Nacionalidade Veda.
Afiliacións Vishnu,
Compañeiros
Outros alias Rei dos deuses védicos.
Parentes Moitos, que pra iso tiña un harén e súa nai era unha deusa.
Poderes Superforza.

Indra é un dos primeiros heroes indoeuropeos.

Mito[editar]

Indra tras poñerse cego de Soma.

Indra naceu dunha amazona celta e dun patriarca xitano do Punjab, cando os dous coincidiron en Turquía, Indra foi medrando polo camiño e cando chegaron a Mohenjo-Daro, tras destruir esta civilización preindoeuropea(onde falaban euskera) recibiu educación dos científicos que conseguiran salvarse da desfeita e grazas a iso tivo "poderes máxicos", cando en realidade tiña no seu poder máquinas de alta tecnoloxía.

Tivo que enfrontarse a outros señoritos pijos que lle querían roubar as vacas, e nun dese encontros bélicos entre aldeas matou ó pai da súa moza, pero casou con ela igual, xa ves o collóns mais grandes que tiña Indra, aínda que algúns brahmans digan que era porque lle daba demasiado ó soma. O alto consumo de soma fai que ande sempre un pouco belicista polo cosmos adiante e nunha desas cve como o demo Vrtra tenta facerse rico a base de apresar todas as augas do mundo entre os seus aneis asi que entabla batalla contra del e tras varios días de loita encarnizada Indra afúndelle a acbeza coa súa maza, partíndolla e liberando a auga pra que fecunde o planeta terra e salva así á humanidade.

Superferamentas[editar]

  • Vajra ou Vashra:súa arma-raio co cal destrozaa calqueira enemigo, os efectos secundarios son tormentas con aparato elécrtrico no mundos terreal. Zeus copioullo pra ser rei dos deuses,coma Indra.
  • Maza:unha cebola de ouro coa que dá de ostias ós malvados.
  • Airavara:seu elefante tricefálico que o traslada polos cosmos adiante a velocidade subluz e ademais produce nubes.
  • Maruts:súa confraría de guerreiros(como os berserkers de Bodan/Odín) que andan polo mundo adiante desfacendo entortos e inxustizas a garotazo limpo.

Superpoderes[editar]

  • Ten moita forza.
  • Controla a tormenta.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]