Istmat

De Desgalipedia

O Istmat (abreviatura de materialismo histórico) foi a relixión estatal da URSS.

Historia[editar]

O istmat foi creado por varios burgueses a finais do XIX para salvar á humanidade da opresión de sí mesma. Este paradoxo aumentou cando un xornalista (Marx) e un banqueiro (Engels) se puxeran a teoloxizar sobre él e lle deran a forma definitiva. Os nihilistas rusos, tan pailáns eles colleron este concepto para elevalo no altar da patria e salvar á nai rusia de tanto mangante en tempos tsaristas pero foron os socialdemócratas de Lenin que se pasaron ao comunismo no 1917 quenes levaron a cabo a súa sacralización para poder gañar a partida á oligarquía explotadora.

Durante o reinado de Stalin o istmat foi protexido mediante un réxime policial de terror, porén, a contradicción entre vivir no paraíso dos traballadores e andar a morrer de fame mentres se tiña un que comportar de forma staxanovista fixo que o istmat se devaluase e se baleirara do contido orixinal.

O materialismo histórico fracasou como relixión debido a que as súas promesas eran concretas e tiñan data de cumprimento (ao revés que as relixións tradicionais) por iso foi abandonado a marchas forzadas durante a presidencia de Gorbachov cando se puido viaxar con mais liberdade ao extranseiro e moitos nomklaturistas comezaron a ver que era mellor facerse donos das riquezas da Unión Soviética que ser só titulares e arrinconaron o istmat e logo o destruiron. Durante a ditadura de Boris Ietlsin tódolos seus sacerdotes foron enviados á guerra de Chechenia e alí seica a plamaron en misteriosas circunstancias e os sobrevivintes a palmaron logo no golpe de estado de 1993 do presidente contra o congreso.

Dogmas do materialismo histórico[editar]

  • Forzas productivas: teu avó pon os cartos e ti traballas.
  • Relacións de producción: como o teu xefe fai chascar o látego sobre as túas costas e cando chegas a casa che cobran incluso por vivir nela.
  • Modo de producción: arreando que é xerundio!
  • Explotación: deixa o móvil en paz e traballa!
  • Alienación: en vez de leer tanto cando estés no teu tempo de ocio deberías poñer a televisión.
  • Loita de clases: o dono da multinacional debería darme vacacións nun spa se non quere guerra...
  • Plusvalía: o que produces vale mais dos 3 euros que che pagan por producir.
  • Fetichismo da mercancía: pero que lindo packaging ten este té!

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Grandes fantasías relixións do mundo
Igrexa sorrinte.jpg
Ateísmo‎ · Budismo‎ · Confucianismo‎ · Creacionismo · Cristianismo‎ · Esoterismo · Hinduísmo · Islam‎ · Laicismo
Paganismo · Pastafarismo · Politeísmo · Rastafarismo · Restauracionismo‎ · Taoísmo‎ · Xintoísmo · Xudaísmo‎ · Zoroastrismo‎