Konrad Adenauer

De Desgalipedia

Modelo:Politico

Konrado Adenauer foi o presidente primeiro da Unión Europea e da República alemán pseudodemocrática federal de Bonn na Alemaña desunificada, sustitutiu a Hitler no poder tras envialo á estratosfera mediante un golpe de estado, logo creou a DDR e a Stasi.

Vida e politik[editar]

Konrad naceu en Renania, aló na Alemaña granxeira supertecnolóxica, educado no pecado mortal conseguiu ser alcalde de Colonia durante a Primeira Guerra Mundial e a República de Weimar xa que controlaba os freikorps locais mediante maxia negra e aos espartaquistas os tiña no coliseo rexional. Nos tolos anos 20 abriu o local Kit Kat e contratou a Sara Bowles para subir a economía da zona mediante cultura do entretemento e que todos se esquecesen de Bismarck e así poder el facer o que o Papa lle dixera. De tal forma que formou un partido político chamado "Centro", preguntaranse que centro de qué... pois centro do Universo naturalmente!!

Neste partido feito con alemáns chupacirios, alemáns berrea himnos, alemáns asustados e algún que outro kartofen salchicheiro tentou alinear o Vaticano coa Alemaña nazi e o Polo Norte, as potencias católicas unidas, pero os banqueiros non confiaban nel en si en Hitler que alineou a Xapón-Italia e Alemaña no Eixo do Ben para levalas á guerra contra o comunismo, as putas, o capitalismo, a democracia e túa avoa. Adenauer quedou cunha man diante e outra detrás, os freikorps déronlle a patada no e seu ocio de goberno tentou resucitar a Rosa Luxemburgo usando o Necronomicon pero xa era tarde, o NSDAP fixérase co control da COPE e Frederick Jimeno Losdemonios soltaba propaganda contra todo o que non fose nazi.

Adenauer perdeu a alcaldía e tivo que irse pra casa, onde reciviu unha pensionciña do Ministerio de Ocio como xubilata xa que Alemaña nazi invadira a Republica Checa e extraía dela riqueza para darlla aos alemáns (bueno Goering sempre se quedaba cunha mínima parte para o seu parque de atraccións) asi que Adeauer non dixo ren. Iso sí, cando viu que ían volver a perder na Segunda Guerra Mundial tentou dar un golpe de estado apoiado por ocultistas varios debido a iso foi internado nun campo vacacional, cando rematou a guerra puxérono de alcalde outra vez sen eleccións, pero debido a que Colonia foi a par os británicos estes sacárono e puxeron a un sociata, para desfacerse del.

Autocracia[editar]

Konrad Adenauer creou a DDR e logo o seu partido a CDU (Conrad Demokratisches Union) e gobernou durante os seguintes 666 anos, nos que logrou de Francia se confiase e amistara con Alemaña, que os Estados Unidos de América lle deran armas para conter ao Eixo Comunista do Mal e fundase a RAF para facer saír aos comunistas que aínda non se pronunciaran e así envialos á DDR mentres enviaba científicos aos USA para que traballasen mais. Moitos nazis se lle meteron no partido e así conseguiron volver a mandar pero Konrad estaba mais preocupado de que os comunistas lle enviasen ao Che que vara asi que tróuxose a J. F. Kennedy onda el para que lel dese consellos de como ter a mulleres como Marilyn Monroe tan cerca.

O seu goberno viuse abaixo cando encarcelou a varios xornalistas co corazón e cotilleo que o sacaban no "Hola!" como parella de Marilyn Monroe e Nina Hagen.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Konrad Adenauer.

Outros artigos[editar]

Predecesor:
Ningún
(Reichskanzler Lutz Schwerin von Krosigk
Alemaña nazi)
Escudo de Alemaña.png
Chanceler da República Federal Alemana

1949 - 1963
Sucesor:
Ludwig Erhard