Legolas

De Desgalipedia

Legolas é un elfo bandido metrosexual da fraga máxica elfa, alistouse na guerra civil da Terra Media contra a Revolución industrial dos orcos.

Traxectoria[editar]

Legolas naceu no alto dunha bidueira, foi educado polos espartanos converténdose nun neno soldado moi eficaz coas frechas, unido á súa cariña de neno bonito puido matar a moitos inxenuos e despistados que pensaban que o deus do amor, Eros, viña cara eles agasallalos cunha frecha do amor e logo morrían atravesados polas frechas deste elfo nazi.

Legolas uniuse á irmnadade do anel, un comando antitecnolóxico guiado por Gandalf e Unabomber, para destruir a civilización orca, que comezara a practicar a Revolución industrial e iso era unha blasfemia contra o dominio da maxia polo que este comando quería infiltrarse en Mordor e destruir o anel que coordinaba tódolos esforzos entre os seres pensantes. Legolas matou moita xente pero se pensaba que era o mais guapo non lle daban pena ningunha polo que ao final da guerra ninguén o quería ás súa beira debido á súa paranoia, que só ao aguantaba Gimli co que, debido á sua soidade do guerreiro máquina de matar, foi co que tivo que manter relación sexuais ao logo de todo o conflito bélico xa que nin as putas o querían ver diante, e claro, Gimli odiaba aos elfos e fodía encantado a legolas, xa que lle gustaba dar polo cu canto fose posible aos elfos, ata que Legolas morreu mentres mantiña sexo anal no alto dunha montaña ao seren asaeteados por uns xinetes que pensaron que eran uns monstros de Mordor. Gimli puido fuxir pero morreu ao día seguinte ao ser atropelado por Gandalf, que ía todo branco de coca.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Legolas.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
A Irmandade do Anel
Frodo · Sam · Merri · Pipin · Gandalf · Aragorn · Legolas · Gimli · Boromir