Leiro

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Leiro (homónimos).
Leiro
Escudo de Leiro
Puente-colgante-Leiro.jpg
Ponte colgante de Leiro.
Situación
Situacion Leiro.PNG
Xentilicio[1] Leire.
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca O Ribeiro.
Poboación Diso non hai. hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Elección anal tóxica.
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Leiro é un concello da provincia de Ourense. Poboado palafítico sobre o río Avia, repoboado polo Vaticano no século XXII con moros cristiáns ante a despoboación do lugar e por iso o escudo de leiro ten a coroa do papa.

Historia[editar]

Friquiwar en Leiro.

Leiro comezou a estar habitado polos castrexos, cando éste viron que había augas termais en Berán, por iso ergueron varias cidades ou castros en Berán, Lebosende e O Casar. durante centos de anos estes tres castros foron os que deron esplendor ó lugar, fundando o balneario de Berán e axudando ós de Carballeda de Avia e os de Avión e erguer a fortaleza máxica de Penacorneira.

Eran felices e comían perdices ata que o Imperio Romano apareceu por alí en forma de salvaxes lexionarios romanos ó mando dun gay que quería ser amigos deles ou senón... asi que os das tres cidades castrexas vendo que o julai era noxento pero tiña amigos mais fortes ca eles decidiron ser amigos polo ben das súas familias e santas pascuas. O que conseguiron foi que os romanos se quedasen co balneario de Berán e non deixaran entrar ós indíxenas (típico comportamento dun imperio por outra banda...). os de leiro seguiron habitando nos castros e os romanos trouxéronse varios escravos sexuais (putos sobre todo) e os meteron nun puticlub no que hoxe é a Eira dos Mouros, en Lebosende.

Dona Urraca presa no castelo de Pena Corneira.

Co fin do mandato dos romanos, os suevos viñeron por aquí e reorganizar un pouco a cousa, como eran católicos mandaron pechar o puticlub romano de Lebosende e ergueron un hospital; durante o resto da Idade Media os leirenses andiveron a traballar e deixaron a política de lado, razón pola cal foron marxinados de España e esta mesmo lles enviou a varios monxes pra que lles chucharan o sangue e plantaran viñas a eito pra poderen emborracharse tódolos días seguidos. Ata que viu Pedro Madruga e puxo orde, humillou ó abade de San Clodio en Ribadavia ó descubrilo como un vampiro e executalo, despois repartiu a sterras entre seus amigos e marchou, deixando ós monxes mais calmados e concentrados en rezar e menos vicio.

A actuación do de Soutomaior fixo que Ribadavia anexionase leiro e toda a beira aproveitable do Avia pra facer viño do Ribeiro, e durante 400 anos todo foi ben, ata que durante o Antigo Réxime España se enemistou con Inglaterra (principal consumidor de viño do Ribeiro) e coa orde dos cabaleiros de Malta (que marcharon pra Porto e inventaron o viño de Oporto). Leiro foise despoboando e os que quedaban tiñan que andar escravizados pra poder pagar os foros ó mosteiro de San Clodio.

Guerra contra o francés na Ponte, Leiro.

Cando Napoleón Bonaparte entrou na Península Ibérica e comezou a sacarlle subvencións a tódolos chupóns da Igrexa católica, éstes fundaron ós talibáns e comezou a Guerra de Independencia española (mais coñecida no mundo enteiro como Guerra Peninsular). Na Ponte, en Leiro, os gabachos tentaron cruzala, pero tardaron varios días, xa que do outro lado estaban os veciños coas gallas e forquitas espichando soldados napoleónicos armados con fusís e sables láser; moitos dos seus veciños alistáronse na Compañía de Tiradores do Miño de Cachamuíña pra liberar a Galiza. Cando os franceses saíron polo Padornelo todos voltaron ás súas casas a pesar de que os xenerais españois lles pedían que seguisen escorrentando gabachos até os Pirineos.

Cando voltou Fernando VII nin se dignou vir agradecelo por aquí, só enviou a uns cantos policías da gestapo a cazar liberais e masóns. A Inquisición española tamén voltou a ver se quedaba algún xudeu e como xa se agocharan en cabanelas (O Carballiño); durante as guerra de sucesión carlista andiveron perdidas por aquí varios terroristas da triple A que foron eficazmente disoltos en estrume pras viñas por parte dos labregos, xa na Revolución de A Gloriosa de 1868 varios leirenses baixaron ata Ribadavia a festexar a chegada da democracia real ó país ata que un garda civil entrou no Parlamento de Madrid e fodeu á Iª República española.

Durante a Restauración borbónica modernizouse un pouco o sistema coa chegada das máquinas de sulfatar e reactivous e o comercio, fundouse o cine de Leiro (que en plena crise económica de 2008-2011 era o único cine da provincia de Ourense aberto), púxose concello na zona, ergueuse a ponte coa estrada, etc. Coa cegada da IIª república levántase o edificio do concello, unha nova igrexa parroquial, o salón de testemuñas de Xehová, a farmacia, centro de saúde... En tempo de Franco soamentes se encheu de falanxistas e policís a zona e fixeron "emigrar" ós testigos de jehová, cando voltaron os Borbóns a mandar levantouse a ponte colgante de leiro sobre o río.

Xeografía[editar]

En Lebosende os mouros teñen seu propio reino.

Leiro está conformado pola beira do Avia e a erosión que provocou éste desde o Cretácico ata o paleolítico en todo o seu val, coa axuda de regatos auxiliares, nembargantes os cotos e penedos de granito impediron que se afondase todo quedando grandes alturas no concello, durante a Idade do Bronce cairon centos de meteoritos que provocaron o surximento de manantiais de auga ferruxinosa e isto provocou que se dese vida no lugar.

Patrimonio[editar]

Ficheiro:Penacorneirafriki.jpg
Penacorneira non só é a pedra fálica senón tamén unha aldea!
  • Castrexo: castros de Berán, Lebosende, O Casar.
Idade Media
  • Románico: Santa María de Lamas, Santo Tomé de Serantes, Gomariz e Lebosende, Igrexa do mosteiro de san Clodio (con engadidos doutras épocas).
  • Gótico: Lebosende, San Clodio.
  • Barroco: claustros de san Clodio, Bieite,San Breixo de Berán, San Pedro de Leiro, Pazo e calvario de Bieite.
Idade Contemporánea
  • Ponte colgante de Leiro.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro
Escudo de Leiro.jpg
Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé)

Cultura[editar]

Leirenses famosos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Leiro.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Ribeiro
Comarca do Ribeiro
Arnoia
Arnoia
Avión
Avión
Beade
Beade
Carballeda de Avia
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Castrelo de Miño
Cenlle
Cenlle
Cortegada
Cortegada
Leiro
Leiro
Melón
Melón
Ribadavia
Ribadavia
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo