Literatura

Literatura é a arte de escribir textos da mais variada caste con mais ou menos fortuna.
Historia da literatura[editar]
A mellor literatura é a que non foi escrita, asi que nos perdemos toda a mitoloxía das civilizacións analfabetas (megaliteiros, castrexos, galos, petroglifenses, britanos, xermanos non romanizados, nenanderthais, atlántida, etc).
Literatura antiga[editar]
Crése (debido á ciencia infusa) que onde comezou a escritura foi en Sumeria, e alí é onde se atopou a primeira literatura, Gilgamesh (un poema sobre un tipiño tiránico bisexual que tenta ser inmortal e fracasa), logo entre os exipcios, uns lambecricas que só escribían pra facerle a pelota ó faraón e a tódolos seus deuses, sendo as súas obras principais os "Textos dos sarcófagos" (un montón de letanías e fórmulas máxicas pra dar dor de cabeza ós demos do alén e que te deixen pasar ó paraíso) e o conto de Sinuhé (un alto funcionario descobre unha conspiración contra o faraón, este conto foi copiado con variacións polo gabacho Christian Jacq en tódolas súas novelas sobre Exipto).
Do contacto entre estas dúas civilizacións aproveitáronse os seus veciños, os xudeus que lles copiaron fragmentos pra súa Biblia, e os fenicios, que inventaron o seu propio alfabeto (que logo lle copiaron os gregos) pra contar as súas fazañas exploratorias, sexuais e dos seus heroes, como Melkart (que logo lle copiaron os gregos e lle puxeron o nome de Herakles ou Hércules, e por iso fora pouco despois dixeron que os fenicios só sabían comerciar e si sabían escribir era só pra tomar nota da mercadorías entrantes e saíntes, facturas, etc).
Mentres na India a civilización do Val do Indo (Mohenjo dara, Harappo) escribían poesía sobre os bós que eran seus gobernantes e best sellers sobre masóns conspiradores; séculos depois na outra punta do subcontinente comezábase a escribir os Vedas, coleccións de cantos, letanías e fórmulas pra abrir os chakras e que o deus sol entrase en ti e deixaras de ser un moinante das cstas mais abxectas.
Como os gregos eran moi malos só puideron copiar a literatura fenicia, e mudarlles nomes de persoaxes e lugares, tiveron que ser invadidos polos dorios e que un xograr chamado Homero inventase a "Ilíada" (sobre o lurpia que poden ser as mulleres) e a "Odisea" (onde un home anda de vacacións polo Mediterráneo e só regresa a casa pra que non lle rouben á muller que sería o mesmo que ser rei do seu reino). Os romanos á súa vez copiaron ós gregos e só tiveron gracia ao inventar algún que outro conto, como o "Asno de ouro" de Apuleio (un jicho anda fornicando con todo dios e tranfórmase en asno por equivocación da súa amante e sufre distintas aventuras e oe outros contos, ata que é liberado da súa forma pola deusa Deva). Mentres en China Lao Tse andaba dándolle á cabeciña e seus compatriotas escribindo historias de superheroes sobre él, un século despois Confucio canso de escribir literatura porno sobre príncipes mozos e fortachóns e débiles putas princesiñas presas por demos pasou a escribr sobre ideas abstractas, non consegiu moito público pero sí ser lembrado para sempre. No século V A. de C Zun Sin escribe o "O Arte da guerra", que aínda se segue lendo hoxe en Occidente.
Contemporáneo a él, Zaratustra escribía sobre ciencia ficción e distopías sobre dictaduras teocráticas en Irán. Na India escribían bests sellers en verso sobre o superheroe Arjuna no Mahabharata, onde fai demostración das súas armas atómicas sobre exércitos de elefantes e poboación civil; e facéndolle a competencia a Arjuna no seguinte val do Indo estaba contabana historia de Rama, no Ramayana, onde este heroe vai de flor en flor e adorando a todo deus vivinte que se cruza mentres destrúe demos e monstros que cumplían só a súa función adscrita por Shiva digo eu... como asnais indias non querían que seus fillos andivesen de val en val matando monstros inventaron o Panchatantra (que non ten nada que ver cos masaxes tántricos...) que son as nosas fábulas onde os animais se comportan como humanos e falan.
Literatura medieval (Ss. V-XV)[editar]
Durante a Idade Media todo diós amaba a literatura e todos imaxinaban novas historias (si incluso aquí no cu do mundo en Galicia se facía literatura medieval) mais como había crise de papel e en vez diso se usaban peles de animais e estas eran máis úteis usadas como abrigo os libros foron algo escaso, de feito nesta época inventouse o Libro (antes escribían en enormes rolos e había que despregar os rolos pra seguir lendo) e os monexes e ordes monásticas (Cluniacenses e cistercienses) comezaron a meter man nas obras inventadas polos xograres e o pobo pra meter dentro a súa ideoloxía ao tempo que as monarquías (Plantagenetas sobre todo) facían o mesmo. Xurdiron así centos de cómics poéticos sobre Rei Artur, O Cid, a materia de Bretaña, Ciclo Carolinxio, Ciclo do Ulster, Mabinogi, Roldán, literatura cabaleiresca, do amor cortés, goliardos (monxes festeiros), obscen folk... e todo iso só na Europa cristiá.
No oriente Li Tai Po andaba coa poesía romántica xa daquela, e na India seguían falando sobre superheroes no Sakuntala, onde habia moita épica (xa se sabe... combates, sangue, namoradas castas, cabalos, pinchos morunos, membros cercenados, etc).
A finais desta época a literatura precolombina comeza a versificar todos os xéneros literarios habidos e por haber (si, incluso os científicos), así os mexicas (antes aztecas) falan dos combates e manías dos deuses (que si lles gusta a zoofilia e por iso algúns rematan parecendo deuses exipcios ou conmembros animais, batalas contra monstros cósmicos, etc). Un pouco mais abaixo os Maias pasaran a mellor vida deixando literatura científica, e como iso era e segue sendo intragable esqueceuse todo o mundo de mentalos, mentres que os Incas falaban sobre Manco Cápac e seu pene milagreiro co cal puido ligar centos de esposas por toda Sudamérica.
Mentres os árabes tiñan a grande idea de que antes de escribir para entreter débese escribir pra mellorar á persoa, e por iso se fartaron a escribir sobre os Islam e que si Alá molaba mazo, ao memso tempo o pobo pasaba dos intelctuais orgánicos do pazo do sultán e os contacontos árabes pergeñaron "As mil e unha noites" (colección de contos entre amor, ciencia ficción, fantasía e espada contados por... unha muller!!),como tivo tanto éxito foi copiado polos europeos sen decir que era árabe(típico), e tamén sobre poemas sobre o sexo, sí amiguiños! sobre o sexo na Idade Media, incluso os chupacirios falaban sobre sexo (pero en vez de con mulleres ou rapaces con Alá) así como a primeira novela de ciencia ficción (Al Kamil); mentres en Al-Ándalus (península ibérica musulmá, non só España como repiten os andalucistas e españolistas) os poetas cantaban ó viño e ós adolescentes de bon ver, menos mal que viñeron os almohades e os puxeron a andar.
Literatura moderna (Ss. XV-XVII)[editar]
Nesta época todo o mundo se enche a falar do Siglo de oro e das correrías de Cervantes, Quebebo, Lope de Vega e Arturo Pérez-Reverte; o resto do mundo non soe existir soamente falando de Shakespeare (decindo que ao mellor era un pseudónimo de Christopher Marlowe, Francis Bacon ou Edward de Vere) e que Moliére era un lambecús dos reis de Francia. Como se vé naquela época en Europa todo o mundo ía ao teatro, incluso en Galicia, onde se conserva o "Entremés famoso sobre a pesca no río Miño".
No Xapón escribían os Heike-Monogatari (varios libros sobre loitas de poder entre nobres, isto copioullo J.R. R. Martin pro seu "Canción de xeo e lume", ou "Xogo de tronos") e o Tsurezuregusa (un compendio de chistes e historias de xente que anda con putas finas), no Imperio otomano (agora só fica en Turquía) os poetas do estilo Dîvân (que os occidentais egoístas gostan de ler Diván, como es estiveran os turcos todo o día deitados co narguile...) escribían sobre mulleres, viño, haxix e os valentes que eran seus reis. Por si fora pouco nestas datas inventan os haikus e o hentai.
Debido á dictadura españolista e á Inquisición española o reino das Españas non se modernizou a finais desta época e todavía seguían crendo en barbaridades mentres en Francia se facían enciclopedias, xurdían os Ilustrados e se escribía de laicismo. Con Voltaire falando dos cándidos que eran aqueles que se botaban ao mar sen seguro dental e sen limóns, As de escribindo sobre que a vida é unha puta que trata ben ós malvados e non ós honrados, ou Rousseau que decía que o home nacía bo e despois a sociedade o facía malo.
Literatura decimonómica[editar]
Debido ós avanes tecnolóxicos e que todo o mundo vai mais rápido a literatura europea evoluciona marchas forzadas, do neoclasicismo anterior pasa ó romanticismo e despois ó realismo con varias versións, vertentes, escolas e autores que inventan novos subxéneros, ademias rexurden as literaturas das nacións pequenas (Polonia, Galicia, Irlanda, Cataluña...) e doutras recén feitas (Arxentina, Estados Unidos de América, Venezuela) e outras ían esmorecendo (árabes) e outros ábrense a influencias extranseiras (Xapón, Rusia).
En Europa os románticos trunfan por goleada sobre os encopetados neoclásicos pra uns anos despois voltarse aínda mais encopetados ca eles, entre os ingleses como Lord Byron dáselles por inventar o turismo, visitar ruínas grecorromanas e alistarse nas revolucións de pobos sometido contra os imperialistas; a pesares diso todos lembran a Mary Shelley e seu mozo Víctor Frankenstein co "Frankenstein ou o moderno Prometeo", o "Vampiro" de Polydori e un norteamericano por primeira vez Edgar Allan Poe co seus contos provintes da borracheira e o primeiro detective razoable.
Co auxe doutro novo estilo, o realismo será en Francia onde dean a nota, denunciando ao mesmo tempo que se fai literatura ao capitalismo salvaxe, mentres Karl Marx escrebe ciencia ficción utópica en Alemaña e na Galicia Rosalía de Castro cópialle ós labregos a súa fala e escrebe sobre amores, pantasmas e os malos que son os casteláns cos emigrantes galegos, mentres Gustavo Adolfo Becquer escrebe sobre pantasmas e anduriñas zoofílicas. En Rusia Nicolás Gogol falaba sobre capotes e funcionarios encopetados.
Literatura contemporánea (Ss. XX-XXI)[editar]
Non se sabe qué droga tomaban a principios de século, ou se era unha mezcla de moitas (absenta, opio,putas...) pero ao principio tdo o mundo virou tolo e eran nazis e imperialistas en Europa e ninguén se escandalizaba, tiveron que vir duas guerras mundiais, os réximes totalitarios e a sociedade de consumo pra poñer un pouco de orde.
En Europa seguían románticos centos de escritores, ata que algúns se fartaron de escribir con tantas palabras reviradas e comezaron a facer experimentos que hoxe todos ven aburridos (que si simbolismo, parnasianismo, sexismo, chauvinismo, nacionalismo, consumismo, zoofilismo, etc). Debido ó imperialismo europeo e que non había sitio pra tantos imperios nun só planeta decidiron pelexarse todos xuntos nas mesmas datas entre 1914 e 1918, en catro anos matouse tanto e tan ben que os supervivintes tivéronse que facer alcólicos pra poder seguir vivindo en paz, así Hemingway escribiu tan ben xunto a James Joyce e Scott Fitzgerald xunto a francesiñas raras como Colette, inglesiñas lesbianas como Virginia Wolf mirando pra Aleister Crowley facendo conxuros pra atraer a Bandua.
Viñeron os tolos anos 20, Alemaña como estaba destrozada a literatura alemá foi feita por checos (Franz Kafka) da selva negra (Herman Hesse) e dun semipolaco (Günter Grass) mentres un alemanciño como Thomas Mann se pudría de tuberculose nunha montaña máxica onde unha barra de pan valía un millón de marcos. Nos USA Scott Fitzgerald escoitaba jaza toda pstilla mentres bebía co Gatsby e Hemingway saía a pescar cun barco da CIA e Valle-Inclán refacía o xénero romántico cunha Galicia profunda e unha Sudamérica dictatorial onde teñen ós indios humillados, e así de repente outra guerra, mais mortos e por fin os imperios perden as colonias co que hai mais mortos.
Durante a Guerra Fría segue a literatura con experimentos e Tagore séntse nos outeiros pra ver pasar nubes, nos USA seguen dándolle ás drogas mentres Kerouac fai autostop, en Francia Malraux e outros amigos fanse filocomunistas sen saber o que pasa na URSS, en España baixo Franco os falanxistas axudan ós escritores realistas e de poesía social pra que critiquen de forma subrepticia ós tecnócratas do Opus Dei (que moveran ós nazifascistas do goberno franquista) que patrocinan españoladas cinematográficas e chegan a mais xente. Camilo José Cela experiena con xéneros e mulleres, Delibes anda pola Meseta adiante e ve santos inocentes, Sánchez Ferlosio toma LSD xunto a un amigo Alfanhuí, Álvaro Cunqueiro inventa o realismo máxico, prohíbese escribir en galego, os Goytisolo falan de todo, Luís Martín Santos faise barroco, coa morte de Franco fanse todos do PSOE e tras Felipe González e José María Aznar algúns pásanse ó PP e UPyD.
Nos 60 o verán do amor fixo que todo o mundo se liberase e tentasen en todas partes ser cosmopolitas, tanto que Yukio Mishima se suicidou en Xapón ó ver que tenaban facer unha aldea global, mentres Lisa See encriptaba mensaxes Nun Shu pra fortalecer a China e Chinua Achebe vía que todo se desmoronaba (pero non se tirou a vida), algúns como Xosé Carlos Caneiro viraban palabristas mentres Dan Brown vía conspiracións de tolos por todas partes que queren dominar o mundo (pánico Post-11S) mentres Nadia Anjuman a mataban a paos seus familiares durante a dictadura talibán por ser unha muller que escribía poesía e E. L. James escribía 50 sombras de Grey.
En Rusia os escritores viraron uns porcos de moito coidado, nos 80 Yuri Mamleiev falaa de tódolos líquidos do corpo humano e foder en calellas e Mariya Semiónova se ían cun can lobo seguindo as rutas dos lordomani e grigori Oster dá consellos perniciosos ós mozos (sobre cómo subir vídeos onde aparecen fodendo coas súas mozas). En Francia J. M. G. Le Clézio andaba por toda a Francofonía a ver se conseguía parar o neonazismo ao tempo que en Irlanda Kate O'Brien abdnonaba o alcol na antesala e se facía lesbiana e en Mongolia Byambyn Rinchen atrevíase a falar dos hunos. Nembagantes as palas postmodernistas e decontruccionistas alimentaron o clixé da literatura diletante (aúlica/intelectual/intragable durante boa parte dos 80-90-2000, menos mal que as mulleres podían escribir, como Marguerite Yourcenar e as editoriais crearon varios conceptos novedosos: libro de peto, best seller, etc
Aínda que actualmente o que se vende como rosquillas sexan best seller e algún escritor premiado, dentro de 500 anos a ver quen os lembra de non ser por algunha película ou serie basada neles.

Xéneros literarios[editar]
- Novela: Texto onde se contan historias variadas dun ou varios personaxes, hai incluso novelas nas que non sucede nada ou sucede todo dentro da cabeza do prota; soen ser narradas en 1ª persoa, terceira (omminiscente), cuarta, sexta e ata por carta (como o Drácula de Bram Stoker e As amistades perigosas). Á súa vez existen diferentes subxéneros:
- Negra: A maioría de persoaxes son malos: a rapaza, a policía, o asasino, o asasinado, a sogra, a parenta, a prima, a amante... incluso o narrador (que soe ser o detective).
- Social: Neste caso o escritor non pode (porque llo impiden) ou non quere (porque é un cobarde, un traidor, un lambecús, un vendido, un iresponsable, un inocente) e en vez de cambiar o mundo ponse a criticalo, ben directamnete ou a través dalgunha historia de miserables.
- Aventuras: Narrador omminiscente, tramas sorpendentes onde todo son obstáculos onde unha parella heterosexual (machote e princesiña forte pero feminina) pode contra todos e contra todo, diferentes contextos (prehistórico, histórico, espacial) pero sempre copia o mesmo sistema social.
- Ciencia ficción: Utopías, discronías...
- Best seller: Novela cunha trama sinxela con varios xiros sorpresa, segredos coultos dende séculos, conspiradores variados, asasinatos de vellos amigos, parella heterosexual que trunfa sobre todo e ao final danse conta de que se aman.
- Romántica: libros de variado groso con portadas de cor rosa e con fotos dunha tetuda en camisón sostida en brazos dun machote pelo en peito coas guedellas ó vento.
- Poesía: Xénero en caída libre, tanto que decidiron experimentar con ela e crear poesías sen rima.
- Teatro: Traballo que soen coller os actores cando xa non os chaman pra facer cine nin televisión, soe a caer moi ben ás actrices cando van vellas así voltan ser as estrelas tras pasar por unha época onde non as chaman nin pra pelis nin series e ademais dá prestixio.
- Parodias da Wikipedia: Desgalipedia, Inciclopedia, Frikipedia, Metapedia (wiki nazi). Aquí centos de escritores frustados, persoas que queren atacar a outras, heteros cobardes, maricas fortes, maruxas libertinas e mozas espidas con grandes atributos sexuais dan renda solta á súa intelectualidade, entre dentro da literatura marxinal.
Tipos de literatura[editar]
- Literatura comercial: a das editoriales, que impoñen tema e cuantía de páxinas, términos, datas de acabar, contido e tratamento da historia.
- Literatura marxinal: a que se escribe a espaldas do mercado porque á xente lle dá a gana (blogs, Desgalipedia, Inciclopedia, Frikipedia, foros, etc) sen ter en conta ós best sellers nin seus temas, escribindo por amor á arte, de feito moitos escritores desta clasificación rematan por invadir eles o mercado.
- Literatura intelectual: feita por masters culturetas que non os entende nin sua nai, con temas obtusos e tratamento obscurantista.
- Literatura fina: a das clases sociais altas, onde non hai sexo hai amor, non hai guerra de clases hai persoas que triunfan e outras que son losers, os comunistas son malísimoooos, os anarcas irresponsables, a policía nos protexe, a man de obra debe ser barateira, etc etc
- 'Literatura épica ou bélica: o tema preferido é a camaradería, o malo que é a guerra pero qué bonitos paisaxes xenera, paradoxos morais (evitar o mal mediante o mal) e sentimentalismos ramplóns envoltos en vívidas descripcións de armas ultratecnolóxicas; aínda que mais divertido é o xénero da épica medieval onde o heore se liaba a espadazos contra calquera monstro ou cousa pagana e mesmo contra ex compañeiros seus e estaba chea de poesía e extremidades cortadas (como no Pseudoturpín).
- 'Literatura pra mulleres: historias onde unha ou varias mulleres se namoran ou andan buscando amores con mais ou menos sorte (incluso algunha busca ter romances con criaturas malvadas como vampiros, lobisomes aliens, sátiros mais ou menos cachondos); pasa por subxéneros como a chick lit (literatura pra rapazas sobre trinteaneiras que buscan consolidar a súa posición existencial) e morre trala crise mundial de 2008 renacendo na farm lit (rapazas exitosas que se van vivir ó campo, como en Granxeiro último modelo, e abren negocios de agricultura ecolóxica ou parvadas semellantes na procura do éxito agrario mentres agradan que un fornido pero elegante labrego as foda entre as alpacas de centeo) o que ven sendo como unha operación de maquillaxe da mesma historia parva de rapaza coñece a mozo e que vende miles de millóns.
Non sei porqué pero nesta categoría nunca entrou o Libro do Bo Amor.
- 'Literatura pra homes: o catálogo de IKEA, o xornal esportivo ou de política.
- 'Literatura pra frikis:neste nicho de negocio atopamos tanto literatura cultureta como épica, masturbatoria, bélica (onde case sempre todo ocorre na IIª Guerra Mundial, coma se non houbera outras guerras) histórica, fantástica, fantásticaépica, fantásticaépicaamorosa (pra mulleres frikis) Banda deseñada ou cómics, ciencia ficción (Isaac Asimov e Philip K. Dick) etc
Este nicho de negocio soe ter dúas correntes, dun lado a friki dos medios de comunicación (tipo ianqui, amante dos cómics de Marvel, fan de Star Wars, Star Trek, Babylon 5, manga, hentai...) e da outra a dos frikis serios os que escriben na Desgalipedia, enchen de fichas históricas e artística a Wikipedia, andan de festival en festival, teñen blogs sobre literatura erótica-ciencia-ficción-fantasía-etc, son youtubers, estudantes de Belas Artes ou de escola de arte ou de escola de imaxe e son, fan das bibliotecas públicas, etcccp!)
Literatura en Galicia (que non literatura galega)[editar]
Serie de artigos sobre a
|
Literatura galega |
A primeira literatura (escrita) deuse a principios da Idade Media cando a monxa Exeria andivo facendo turismo a Israel e o contou todo despois e as crónicas de Idacio, que só facía chorar porque Prisciliano molaba mais ca él e os suevos lle roubaban galiñas pra fodelas nas igrexas.
Ao longo da Idade media os xograres como Martín Codax serían os rockstar do momento, falando de amor, donas de bó ver e soldadeiras putonas (mentres en castela falaban do Cid...) isto fixo que o galego se puxera de moda en toda a Península Ibérica e o escribiran incluso os cataláns e reis de León.
Mais a finais da Idade media a nobreza galega vai perdendo influencia e poder, e con ela a lingua galega, tanto que xorde o castrapo, nas cantigas de galego-castelán, incluso as novelas épicas (como as de Vasco da Ponte) se escreben en castelán con galeguismos (estilo que copiaria despois Valle-Inclán con máis éxito). Durante o Renacemento e toda a Idade Moderna apenas se escribiu en galego, foron os séculos escuros por mor da monarquía, Antigo Réxime e a Inquisición española (xunto con xente despreciativa co galego como Quebebo, mentres Cervantes tiña a mente mais aberta). Durante esta época algúns cregos, como o Padre Feijóo decátanse de que o galego non é un dialecto do ESPAÑOL e que debe ser respetado como outro idioma.
Grazas ó Romanticismo rexurdiu a literatura escrita en galego (o que ven sendo a LITERATURA GALEGA) da man de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Valentín Lamas Cravajal... chegando a períodos de decadencia como o perído intersecular pra logo brillar nos tolos anos 20 co Grupo Nós, traballo que sería lanzado ao cumio por Franco, grazas a esta laboura chegou ós 80 con bó pé e as editoriais Galaxia e Xerais puideron crear senllos diccionarios e libros no sistema escolar público e así que a literatura galega recibira un balón de osíxeno e durase ata o século XXI, con autores como Manuel Rivas, Xosé Carlos Caneiro, Fina Casalderrey, María Reimóndez, Samuel Solleiro, Eli Ríos,...na que non hai ruptura cos escritores anteriores senón unha continuación (como se o século XX fora o mais, aínda que a principios do XX moitos tamén escribían como a fianis do XIX).
Na literatura escrita POR galegos en castelán destacarían autores que emigraron por ahí adiante, como Ramón María del Valle-Inclán, Wenceslao Fernández-Flórez e Julio Camba a principios do século XX, trala Guerra Civil Española destacarían Camilo José Cela, Torente Ballester e coa monarquía de novo nas Españas o poeta José Angel Valente, César Antonio Molina (ministro de cultura), Javier Alfaya, Lola Beccaria, Blanca Riestra e algúns bilinüistas como Luisa Castro, Luis González Tosar...
|