Luke Skywalker

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Lucas Cometa
Lucas Skywalker sable gai.jpg
Lucas Skywalker cun sable gai.
Cargo: Granxeiro último modelo, rebelde way e rector da universidade jedi do planeta shit!
Afiliación: Alianza rebelde.
Raza: Humano
Planeta natal: Marrocos.
Equipo habitual: Man mecánica e pirola láser.
Vehículo habitual: X-Wing


Lucas Skywalker era un pailán ata que se viu inmerso na Guerra das galaxias e saíu con ben.

Vida e viaxes[editar]

Lucas naceu no planeta semellante a Sáhara Occidental, eso dí a biografia, pero a nai sabe ben que naceu na festa das San Lucas en Mondoñedo. Chovia e facia vento aquela noite e de repente apareceron as estrelas... non sei si eran da panorama ou da Paris de Noia. A súa nai prometeu chamarlle Lucas polo día e alí ela veu por primeira vez as estrelas... recorreu nove meses polo mundo de feira en feira. Lucas Skywalker vivía nunha granxa ata que seus tíos, que facían de pais, foron asasinados pola policía segreda marroquí.

Lucas sobreviviu porque naquel momento fora buscar a Obi-wan Kenobi a entregarlle unha mensaxe da Princesa Leia Organa que lle levaba un anano dentro dunha lata de conservas que por erro fora dar á súa granxa. Obi Wang, o seco mestre que se pasaba os días escribindo os mensaxes das galletas chinesas da sorte, acompañouno para ir liberar á princesiña, polo camiño contrataron a Han Solo (non sabían que éste os manipulara para que o levasen onda Darth Gayder para vingarse del) e salvaron á Leia, pero seu planeta foi destruido e xuraron todos vinganza.

Esta ópera de Verdi segue con mais vinganzas, Luke perdeu a man do que despois resultou ser seu pai biolóxico, descubriu que súa nai era a Pantoja e seu irmán Kiko Rivera! Polo que se uniu á Alianza rebelde para que a Terceira República española viñera e se liberasen do Imperio Español Galáctico. Tras varias aventuras en planetas e cidades que semella que só pasan unha horas cando en realidade pasan miles de anos luz. Luke consegue matar a seu pai e vencer ao imperio e descubre que esa cachonda coa que tentaba ligar... era súa irmá!!! Anoxado fuxe e cando regresa Han Solo é seu cuñado, como lle cae mal convénceo para levar a seus sobriños á súa academia jedi, para que aprendan a coller subvencións e facer tramas empresariais na nova república. Pero un dos compañeiros de seus sobriños desperta aos antigos señores Shit e volve estalar outro conflicto galáctico por culpa da Forza!

Así comentaba o diario de Pontevedra, despois de un combate acontecido co "jefe". Mais nada fora da realidade. O servicio secreto da restablecida provincia de Mondoñedo co seu gran obispo Mailoc, enviaron noticias falsas para que a galaxia sembrara dúbidas de quen era Lucas que naceu na noite da feira das San Lucas a ritmo cas estrelas, ca auga e co vento...o Combo Dominicano estaba lexos, non sabemos donde, aquel día.

Nin Pantoja nin Farruquito, nin Kikito nin gaitas da republica... era o restablecemento das provincias galegas de Tui, Betanzos e Mondoñedo. Conxuntamente con Pontevedra, Ourense, Lugo e a Coruña son as que mandan na Galaxia. Naide sabe desto nin os Ewoks.

Jedis que aprenderón con Lucas[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Luke Skywalker.

Outros artigos[editar]