Manzaneda

De Desgalipedia
Manzaneda
Escudo de Manzaneda
Tiburi.jpg
Mulleres da antiga Manzaneda a punto de construir unha mámoa.
Situación
Situacion Manzaneda.PNG
Xentilicio[1] maceiros.
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca da Terra de Trives.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Manzaneda é un concello do interior galego, sitiada por altas montañas, foi refuxio de moitos moinantes.

Xeografía[editar]

Manzaneda formouse á vez que Trives, durante o Precámbrico as placas tectónicas empuxaron de forma lenta pero inexorable e con constantes variacións terra e mais terra, debido ós volcáns da faia meridiana e da faia de Padrenda que romperon a placa e a empuxaron ó Leste ata que foron freadas pola resistencia da meseta central, que rematou por formar o macizo galaico grazas ao deus Bodan.

Historia[editar]

Manzaneda comezou a ser habitada por seres humáns polo medio do Paleolítico, cando bandas de cazadores de renos viñeron por estas montañas durante a glaciación do Würm subindo polo glaciar de As Lamas perseguindo ós mamuts pra facer con eles en plan matanza do porco. Debido ó cambio climático antes do neolítico o xeo comezou a recuar ata só aparecer no inverno e viñeron as bandas de humáns recolectores que só se asentaban de maneira esporádica á procura de pastos facendo trashumancia, ata que o imperio megaliteiro veu por aquí e se asentaron pra conquistar o maior número de gando e comezando o comercio atlántico dos metais,formouse a tribo castrexa dos Tiburi (que foron os que inventaron o de sacar bebidas alcólicas das mazás, a sidra), mais a sobrexplotación provocou que o estaño comezase a minguar asi que comezaron a construir os castros de Castelaioso e Fraga da Moura (Cernado), A Madroa (cesuris), O Castrillón (Manzaneda); A Medorra (Raigada); O Castrellón e O Castro (Soutipedre); A Escrita (Alto da Escrita-Soutipedre); O Castelo de Requián (Requián-Soutipedre), poñendo a capital en Nemetobriga (que algúns pensan que é Trives Vello).

Desde estes castros dominaban o seu territorio e saian a comerciar co gando, ouro e castañas, a que veu o Imperio Romano e os escravizou a todos, subiulle os impostos e pasoulles cerca unha autovía romana pra que os recadadores de impostos non s eperdesen polas montañas e os comesen os lobos. Esta zona estivo libre de políticos e guerras desde o século II ata o VII, e os do val cobraban tributo ós da montaña en forma de bolécara e cos cartos celebraban a Conrobla na víuspera do Samain e o magosto.

Logo algúns místicos viñeron a expandir a Ribeira Sacra por esta zona, a cambio exportaron o grande invento da sidra de mazá ao resto do mundo, ata que un señor feudal sacoulles o negocio tras lamberlle o cu ao rei de turno e ergueu a fortaleza de Manzaneda, amurallándoaa toda pra enchela de burgueses e vivir él sen traballar. Ata que a revolución industrial fixo que o sector primario ficase en segundo plano e seus habitantes comezasen a emigrar, vendo isto o Conde de Ribadavia (que daquela era o señor feudal da zona) aproveitou os restos dunha vela torre da antiga fortaleza do seu antergo e a convirtiu en cárcere, mais isto non lle serviu ben e foi perdendo poboación, e mesmo tivo que vender as pedras da muralla pra facer casas outros se o conde non quería ficar na indixencia, mentres seu archienemigo seguía a ser rico e mantiña bonito o pazo da Pena (ata que se foi vivir a París que era mais cool).

Turismo[editar]

Entroido de Manzaneda[editar]

Neste entroido úsase as figuras do mázcao, o boi e a mula, animais totémicos pra que os espíritus fagan recuar o inverno e veña a primavera.

Patrimonio[editar]

  • Porta da muralla de Manzaneda: é o único resto que queda da antiga muralla que rodeaba a Manzaneda na Idade Media, pra que o señor feudal de Trives ou de Viana do Bolo non a invadise e quedara con ela.
  • Torre do cárcere: Antiga torre de homenaxe da vila cercada de Manzaneda e seu castelo (cuxas pedras venderon a un maragato), esta torre foi usada como cárere desde o século XVIII e mesmo serviu de fortaleza nas guerras carlistas.
  • Pazo da Pena: palacio da Idade Moderna reformado a partir dun castelo e convertido en pazo barroco,
  • Glaciar de As Lamas: antiga construcción paleolítica do homo sapiens pra esquiar a gusto durante a glaciación do Würm.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Manzaneda
Escudo de Manzaneda.jpg
Cernado (Santa María) | Cesuris (Santa María) | Manzaneda (San Martiño) | Paradela (Santo Antonio) | Placín (Santiago) | Reigada (Santa María Madanela) | Requeixo (San Bartolomeu) | San Martiño de Manzaneda (San Martiño) | San Miguel de Bidueira (San Miguel) | Soutipedre (San Marcos)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Manzaneda.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos da Comarca da Terra de Trives
Comarca da Terra de Trives
Chandrexa de Quiexa
Chandrexa de Queixa
Manzaneda
Manzaneda
A Pobra de Trives
A Pobra de Trives
San Xoán de Río
San Xoán de Río
V  C  E h
Galicia Concellos da Ribeira Sacra Lugo (provincia).svg.png
Inquisición tank.jpg
Baños de Molgas · Castro Caldelas · Chandrexa de Queixa · Chantada · Esgos · Maceda · Manzaneda · Monforte de Lemos · Montederramo · Nogueira de Ramuín · Pantón · Parada de Sil · Paradela · O Pereiro de Aguiar · A Peroxa · A Pobra do Brollón · Portomarín · Quiroga · O Saviñao · Sober · Taboada · A Teixeira
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo