Marcial Panas

De Desgalipedia
Icono aviso borrar.svg.png Lixo: Esta páxina está clasificada para a súa eliminación rápida.
Se vostede non está de acordo coa súa eliminación inmediata, por favor, expoña os seus motivos na páxina de conversa deste artigo. Se esta páxina non cumpre os criterios de eliminación rápida, ou se vostede corrixe os problemas, por favor, elimine esta mensaxe de aviso, pero nunca elimine o aviso de artigos creados por vostede mesmo.

Administradores malignos: Asegurádevos de que outras páxinas non ligan con esta e comprobade o historial da páxina antes de borrar o artigo.

Pola súa obra, coñécese que o seu verdadeiro nome é Marcial, aínda que, polo momento, descoñécense os apelidos. Vive en Carballo e non se sabe a súa idade exacta, pero crese que está entre 55 e 60 sesenta anos. É frecuente atopalo polas festas e verbenas próximas á vila de Carballo. Anda case sempre pola zona do parque do río Anllóns ou pola estación de autobuses.

O seu primeiro vídeo data de xuño do 2007, sendo un dos vídeos máis recentes en YouTube. Daquela, non se mencionou o nome de Panas, e falábase del soamente como Marcial. Nótese que nun comezo os vídeos eran sen a súa autorización, xa que dixo unha vez-: “É igual, xa que despois botádelas [as cancións] aló en YouTube ou mandádesllas a outros móbiles.” Porén, cos anos, a Marcial gustoulle que o gravasen cantando e, de feito, comezou a levar posto o traxe que adoita vestir hoxe en día e creou unha conta de Instagram: @panascarballo .

Está ebrio con frecuencia. Isto nótase nas súas composicións. Ás veces, o seu contido carece de sentido, non sabe como continuar, ou pronuncia sons incomprensíbeis.

Obra[editar]

Coñécense as composicións do Panas de transcricións de vídeos en YouTube. A súa obra está presente sobre todo en castelán, mais hai algunha canción en galego. Ten tamén obras de prosa, todas en castelán.

Rima[editar]

Compróbase unha diferenza notable entre a rima das súas composicións en galego e as que están en castelán. A súa rimas máis comúns en castelán son:

  • En –ar. A máis utilizada: preguntar, hablar, pasar, pasear, caminar, participar, jugar, volar, mar, mirar, navegar, dejar, entrenar, escolar, multiplicar, circular...Tamén hai rima asonante nalgunhas composicións como en: igual, capital...
  • En –ío: frío, río, mío... Ou asonantemente: pobrecito.

E en galego obsérvase unha maior diversidade:

  • En –eiro: outeiro, caseiro, pequeneiro...
  • En –eira: eira, caseira, feira...
  • En –iño: cabaliño, pequeniño, outeiriño, neniño...
  • En –iña: Carmeliña, queridiña...
  • En -ón: Antón, patrón...
  • En –onte: monte, onte...
  • En –ando: cantando, cando...
  • ...

A rima adoita ser consonante, aínda que hai casos nos que pode ser asonante. Moitas veces, o autor queda sen ideas, e fai que rimen dous versos coa mesma palabra: Pilarita cuando vengas muy tarde, cariño mío, también me has de hablar. Yo también vengo siempre a las tardes, cariño mío y te lo vengo a hablar.

Estrutura e métrica.[editar]

O autor empeza na maioría dos casos as súas composicións de dous xeitos:

  • Con “Turururutu turururu turu tútutururu tutururú, rurú”.
  • Con apelacións ao público. Sempre menciona, ou ben o seu alcume, ou ben o seu nome, ou ben un apocope deste (Marsi ou similar):

¡Hola, buenos días! ¡Vean como hace Panas un ordenador! A estrofa máis común na que se atopan as composicións de Marcial é a copla, aínda que pode haber outras. Os versos son sempre libres, e pode chegar a haber unhas diferenzas enormes en canto á lonxitude de versos consecutivos, probablemente á ebriedade do autor, ou tamén a falta de ideas: Por la tarde en su caballito lindo él también viene a la playa un poquito luego [a] caminar. Para volver a caminar. Cabe destacar que, no que se refire á poesía en galego, esta adoita ser dialogada e aparecen sempre os mesmos personaxes: Antón, Mari Pepa e Carmeliña, como adiante se verá.

Tema.[editar]

Segundo o tema, pódense clasificar as súas composicións en:

Composicións de amor.[editar]

Ás veces, mesmo chegando a temáticas sexuais. Refírese en moitos casos á súa amada como ‘Cariño mío’. Cando o espazo é un partido de fútbol, refírese ao acto sexual como xogar. Por exemplo: Hoxe tamén *tuven cansado, pasoume coma antonte. *Bueno, porque *aora *anduven! *Aora ‘tou cansadiño. Ola, señoras *i señores! Miren *bien como lle conta un conto aquí o Mársial a todos *ustedes! Mira, o outro día resulta que fun aí a *Cueristanco e veume unha fulana e a fulana quería *machacar comigo. E díxome ela: - Oes, imos ‘pa o noso piso e *machacamos eu e mais ti. - Pero machacare, eu *aora non, que ‘tou cansado que *anduven! - *Bueno carallo! Ti vés comigo e *machacamos no piso nós! Teño alí un salón grande e xa *machacamos. - Pero eu *aora non podo *machacar porque *aora ‘tou cansado! E vaise *nesto e fun con ela *po piso e a muller empezoume a dar *cervezas e todo. E despois *’tuven no piso con ela e díxome ela: - *Mañán vente pola *mañán que *mañán vouche dar o [incomprensible]. E mira a ver como che quedou.

Composicións de risa.[editar]

Atópanse, principalmente, os seguintes subtemas:

Telefoniño[editar]

¡Hola! Mire, yo soy Panas. Si quiere ponerse en contacto con Panas, llame al 22.2PANAS.

Panas na estrada[editar]

Cambiamos de edición. En *estes momentos ha entrado en una línea operativa. Cambiamos de edición. En *estes momentos ha entrado en una línea operativa. Nuestro ordenador informativo le acaba de informar. Si desean ponerse en contacto con Panas, pónganse en las carreteras, es por donde viaja. Hasta luego, muchas gracias por su amabilidad.

Idioma inventado.[editar]

¡Hola, buenos días! ¡Vean cómo canta Marsi una canción en otro idioma! Llullununutaleu llutuluí, onomotomalecoi te e entomolomate aquí o no, o no chico pavita le, tapene poniponi idepué llaponiponi taqui o tumonaleu ti ite pone el quiqui illataqué.


O computador:[editar]

"¡Hola, buenos días! ¡Vean como hace Panas un ordenador! Tututututun. Yuyuyunununat, yununtiat boitinú, ayununtuait bontoit oliquimoin tamanuá."

Comentarios que fan rir por careceren de sentido.[editar]

Crese que é pola ebriedade: "En nuestro trabajo, siempre trabajamos en un sistema auténticamente al diario. A los jóvenes siempre hay que ponerles las mayores posibilidades para que puedan contactar en sus trabajos. Es aconsejablemente y mejorablemente que a los jóvenes le añadan siempre las posibilidades que necesitan en sus áreas de trabajo. ¿Qué quiere decir esto? Por lo tanto, quiere decir que los jóvenes tienen algún trabajo o si tienen algún estudio o un equipo de fútbol."

Chistes:[editar]

"Ola, *buenos días! O outro día resulta que fun a Carballo e fun buscar auga a unha fonte e veu un fulano así, era un que era un macoíño, non era ben listiño e pónseme el: - Mire señore, en Carballo andan os coches ‘p’adiante? E díxenlle eu: - Pois a min paréceme que veñen ‘p’adiante por que ‘p’atrás nunc’os vin!"

Espazo.[editar]

Nas composicións líricas en castelán, os feitos adoitan acontecer nos seguintes lugares:

  • Na praia. Aquí, suxíreselle á amada que vaia navegar:

"¡Ay, barquita!, ¡barquita pequeña! ¡Ven conmigo, vamos [a] navegar! Que yo de niño jugando en la playa, venía contigo siempre a navegar."

• Nun campo de fútbol. Aquí, suxíreselle á amada que veña xogar. "Es que cuando vengo luego para el partido, ahí me paro un poquito también a jugar. Soy un pequeño futbolista, y solamente lo que hago es jugar." • No río. Son sempre de carácter lúdico. Crese que fan referencia ao río Anllóns: "Álex le dijo a Cristiano Ronaldo que se mojara un poquito en el río. Pero Álex como jugaba, no lo cogió ni el frío." Despois, dicir que as composicións en galego localízanse en espazos fundamentalmente rurais: "Ai, Carmela! Teño dúas vacas aí, aló arriba no outeiro. E deixeilla ao neniño ‘pra que brincara co caseiro." Cómpre destacar aquí a presenza de vacas e outeiros.

Personaxes[editar]

Nas composicións en galego, sempre aparecen os personaxes de Carmela, Antón, Mari Pepa ou ninguén. No caso último, sería un paxaro. Nas composicións en castelán, os personaxes non están identificados, pero xeralmente aparece a amada (descrita indirectamente e sempre en segunda persoa) e o eu lírico. Existen personaxes secundarios como por exemplo, as amigas da amada. Existen os seguintes nomes: Álex, Manolito, Federico, Pilarita, Ramoncito, Cristiano Ronaldo, Enrique... Crese que son os nomes das persoas coas que se atopa Marcial e que lle piden que lles cante unha canción.

Palabras máis empregadas.[editar]

O autor abusa dos seguintes termos na súa obra en castelán: tarde, cariño mío, preguntar, jugar, caballo, galopar, luego, tus amigas, pobrecito... No entanto, na obra en galego aparece: outeiro, pequeneiro, paxaro, vacas, cabalo...

Símbolos.[editar]

O símbolo máis empregado é o cabalo. Tradicionalmente, este animal simboliza a liberdade, a lealdade, o poder e o equilibrio. Estas últimas son as ideas que transmite Marcial. Ademais, ás veces tamén aparece o paxaro, que tamén transmite un sentimento de liberdade. Os feitos acontecen, ás veces, nun partido de fútbol, onde o eu lírico lle pide á súa amada que vaia xogar. Isto último fai referencia ao acto sexual.