Melkart

De Desgalipedia


Melkart
Melkart.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XXX A. de C.
Siria
Nacionalidade galega
Ocupación Fundar cidades.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: HérculesCita2.png
Google sobre Melkart

Melkart foi un heroi dos fenicios que os gregos lles copiaron e mudaron en Hércules.

Vida e milagres[editar]

Melkart nasceu en Partovia, fillo do deus Reve coa mortal Conimbra. Como o rapaz era un pouco nerd e non tiña amigos Melkart divertíase vendo hentai, así foi como aprendeu a falar Galego, e un día que paseaba polo porto foi confundido cun mariñeiro e o levaron un buque mercante, pero os deuses cabreáronse moito e case os fan naufragar, ata que Melkart tomou o temón da nave dando indicacións e algún que outro lategazo conseguiron chegar a bo porto.

Como o capitán viu que o rapaz servía o contratou a cambio de darle putas gratis, Melkart aceptou e durante anos atravesou o Mar Mediterráneo dun lado a outro, ata que un día se fartou de ver sempre os mesmos cabos e esteiros e atravesou o estreito de Xibraltar, pondo dúas columnas de bronce a cada lado, logo foi costeando e fundou Gadir. Alí estivo durante anos tendo centos de fillos coas rapazas da rexión ata que lle quentaron tanto os collóns que colleu o barco e seguiu cara o Norte, chegando ata Coímbra, alí pasoulle o mesmo que en Gadir e voltou ao mar, chegando ata Vigo, e así foi fundando cidades ata chegar a Viveiro, onde por culpa de tanta mar de fondo case naufraga asi que fixo un dique alí.

As doce fazañas de Melkart[editar]

A estas fazañas fixeron que Melkart fose famoso por todo o Sur de Europa, pero logo viñeron os gregos e o copiaron, póndolle toda a fama a Herakles, un destripaterróns de Arcadia que andaba polo Mediterráneo Oriental na trata de brancas.

  • Matou ao león de Xudá: que era un león moi grande que se adicabaa comer nenos (sobre todo palestinos) e así pacificou a zona.
  • Matou á Hidra de Alemaña: unha moi pequena con bigotiño e peinado emo.
  • Capturou á cerva de Italia: porque era moi lixeira de cascos e andaba infectando a todo o mundo con ETS.
  • Capturou ó xabarín da Galia: con previo permiso de Obélix, claro.
  • Limpou os arquivos segredos do Vaticano nun día: sobre todo aqueles cos selos da Inquisición, Hitler, Francisco Franco, Mussolini, Gadaffi...
  • Capturou ós páxaros de Arabia Saudita: unhas perigosas aves terroristas que andaban picoteando as cabezas das mulleres occidentais por non levar veos enriba.
  • Capturou ao Touro de Sevilla: maiormente pra salvalo das touradas.
  • Cambioulles de dono ás éguas de Xoán Carlos I: xa que éste as alimentaba de homes (sendo as súas víctimas Javier de la Rosa, Mario Conde, Iñaki Urdangarín...)
  • Rouboulle o cinturón a Angela Merkel.
  • Rouboulle o gando a Paco Vázquez: e pelexou contra él, aproveitando que gañou fundou unha colonia fenicia alí tamén (igual que en Vigo) e fixo un sacrificio de fundación con Vázquez, edificando sobre a súa calivera o faro de Melkart (que logo os Romanos chamaron de Hércules cando se enfrontaron cos fenicios).
  • Roubou as mazás do xardín das Encrobas.
  • Capturar no Inframundo ao can do deus Reve.

Como Melkart se fixo famoso os deuses premiárono e déronlle un posto no Monte Pindo, foi adorado en moitos lugares e o estreito de Xibraltar tivo dúas columnas de bronce feitas por él conmemorando que fora él o primer navegante Oriental en atravesalas.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Melqart.

Outros artigos[editar]