Mondariz

De Desgalipedia
Mondariz
Escudo de Mondariz
Situación
Situacion Mondariz.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Condado
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Mondariz é un concello do interior da provincia de Vigo. Coñecido polas súas augas máxicas, que propiciaron que se lles independizase Mondariz-Balneario e que o alcalde, Grilo, se transformara en sheriff superior á Garda civil así como facer desaparecer 6000 euros en champú...

Na época do Fraguismo o concello de Ponteareas consegiu asediar con éxito o castelo de Sobroso pero trala súa patética xestión tivéronllo que deixar á Deputación.

Historia[editar]

Mondariz foi creado poloa deus Bandua e ter así un lugar de recreo coas augas todas, fixo seu templo-balneario e o encheu de seres humáns, que os moi desagradecidos finalmente esqueceron e así lles vai desde entón, que ata os de Ponteareas lles sacan o castelo de Sobroso a eles.

Idade Media[editar]

Os suevos modernizaron Mondariz, fixeron miles de pazo nel pra poder ir tomar augas sempre que quixesen e os primeiros spa, reaproveitaron as saunas castrexas poñendo prezos populares e fixeron desta aldea da Galicia profunda un balneario cosmopolita (niño de espías durante as Guerras Mundiais pola súa veciñanzxa á fronteira). Debido á invasión dos visigordos pasou a formar parte do I reich hispano ata que se voltaron turulatos e foron invadidos por Musulmania, que fundou Al-Andalus sendo parados onda o castelo antigo que está entre o castelo de Sobroso e o Monte Landín, e a partires el comezou a Reconquista, nos seguintes séculos pertenceu a varias familias, según lles ían lambendo o cu ao rei de turno.

Debido á posición ocupada por estas terras entre a costa e o interior foi causa de letixio entrews os diversos poderes rexionais, sendo onde se enfrontaron Bermudo II contra Ramiro II, Dona Urraca contra os partidarios de Afonso VII (seu fillo, menuda nai era...), Pedro Madruga contra a Casa de Sarmiento, etc non rematando as guerras ata o século XVIII.

Idade contemporánea[editar]

Por aquí pasou a correr o exercito gabacho sendo escorrentados na Guerra contra o francés. A violencia non parou ahí, senón que a finais do XIX paseáronse pola contorna terroristas carlistas tratando de xuntarse cos miguelistas de Portugal. Durante a Bélle époque erguese o balneario de Mondariz e fíxose unha liña de Vitrasa conectada con Vigo.

Debido á contaminación dos de Augas de Mondariz que fan no Río Tea a xente non puido seguir a pescar nel e tivo que emigrar a O Porriño e Vigo, a finais da Restauración Alejo carrera consegiu o cacicato da zona e mesmo conseguindo ser alcalde de Vilasobroso durante un par de meses.

Ven? As augas do Tea non están contaminadas! iso dixo o alcalde tras bañarse nelas...

A princicpios do século XXI Grilo tomou o poder, e para demostrar que as praias fluviais do concello son saudábeis deuse un baño (como Manuel Fraga en Palomares) e desde entón é inmortal.

Xeografía[editar]

Atópase nalgún punto entre Portugal e Galicia, pero non se sabe en qué punto excato, pero sí o suficiente como pra sacar auga pesada deste concello e fabricar bombas atómicas para España.

Cultura[editar]

Idioma mondaricense[editar]

Debido ó seu alto grao de cosmopolitismo e a mistura entre urbanitas e paletos, deuse un idioma especial nesta terra de Mondariz, no cal a grafía éa internacional terrícola e a sintaxe propia de lambeconas.

Pequeno glosario de linguaxe mondaricense
  • Chapona: chaqueta.
  • Chumar: beber.
  • Erena: meiga, bruxa.
  • Ferrexar: traballar.
  • Galupar: traballar (miña avoa dí que tamén vale por trebellar hehe, e si non sabes o que é le a Fr. Martín Sarmiento)
  • Horxe: madeira (iso que tan ben come ENCE).
  • Lucio: día.
  • Nente: non.
  • Pielo: bébedo, borracho.
  • Xabil: diñeiro, money.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz
Escudo de Mondariz.jpg
Frades (San Martiño) | Gargamala (Santa María) | Lougares (San Fiz) | Meirol (Santo André) | Mondariz (Santa Baia) | Mouriscados (San Cibrán) | Queimadelos (Santa María) | Riofrío (San Miguel) | Sabaxáns (San Mamede) | Toutón (San Mateo) | Vilar (San Mamede) | Vilasobroso (San Martiño)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Mondariz.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos da Comarca do Condado
Comarca do Condado
Mondariz
Mondariz
Mondariz-Balneario
Mondariz-Balneario
As Neves
As Neves
Ponteareas
Ponteareas
Salvaterra de Miño
Salvaterra de Miño
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa