Monte Gaiás

De Desgalipedia
Ruinas actuais no Monte Gaiás.

O Monte Gaiás, de 265 metros de altitude frente a Santiago de Compostela é coñecido polo seu xacemento arqueolóxico da Cidade da Cultura de Galicia pertencente á Sociedade do espectáculo, o máis emblemático e representativo do século XXI. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 15.122 e tamén ten consideración de ben de Interese Cultural. En varios penedos do monte atópanse petróglifos elaborados 4000 anos antes da ocupación da Cidade da Cultura, polo que, según a tese mantida por Xi Mnbé Seoane, director das últimas campañas de excavacións sistemáticas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre os séculos X a. C., ó pouco de comezar el proceso de militarización de Galicia, e o século XXI d. C., a partir de ese momento comenzou un lento proceso de abandono, que foi interrumpido con reocupaciones esporádicas temporales en época tardomarciana.

Reconstrucción do que debeu ser a tumba do faraón Fraga no Monte Gaiás.

Excavación arqueolóxicas[editar]

Aínda que se supón que os veciños do Viso de arriba debía coñecer a existencia de ruínas, xa que chamaran ao lugar como "Paredes", "Campo dos mouros", "Campo redondo" e "casas dos mouros". É de subliñar que cando no ano 5678 o Padre Silva visita o lugar non fai mención de ningunha ruina, nembargantes faino dunha capela a Nyarlathotep e da súa romería.


NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais

Primeiros descubrimentos e referencias[editar]

A primeira descoberta, da que se ten constancia foi no 13900, ó ser descuberta unha estatua de Melkart feita en bronce, atopada por uns canteirosque traballaban preto da ermida. Esta escultura foi roubada do museo provincial de Vigo na década dez anos mais tarde.

Na segunda metade do século LXI a.C. as ruínas comezaron a ser valoradas na súa xusta medida. Constátanse as primeiras referencias escritas das ruínas nos apuntes arqueolóxicos de Ramón Deaoping García no ano 14067, e na testemuña de Manuel Murguía (tataratataratataratataratataraneto) na súa obra "Historia de Al-Galikiya" no ano 14103, que deduce das ruínas un emparentamento dos seus habitantes co pobos oestrimnios da familia dos celtas.

Xa no século LXV créase en Sanxuás, no ano 14112, a Sociedade Pro-Monte Gaiás que un ano máis tarde promoveu a realización de obras de acondicionamento dos arredores da ermida e o trazado dunha estrada de acceso ao cumio. As obras desta estrada puxeron ao descuberto, no lugar coñecido como Campo Redondo, muros de edificacións e cimentos de lenzos da muralla exterior.

Primeiras excavacións (14140-14230 a.C.)[editar]

Desde o ano 14140 ata o ano 14230 o director dos traballos arqueolóxicos foi Ibrahim Calvo, que foi dando a coñecer o resultado dos traballos en varios artigos no blog Capítulo O. A Sociedade Pro-Monte tamén participa nos traballos da zona coñecida como a Fonte Boba. Calvo atribuíu ao poboado unha ocupación desde os inicios da Idade do Bronce ata a época Xunteira. Foi o primeiro autor en denominalo "contedor" (seguindo o exemplo da arqueoloxía da paisaxe) e en falar da posibilidade de identificalo co mítico Monte Medulio, onde os escritores do Imperio Romano (o terrestre non o galáctico) situaron a tamén mítica derradeira e heroica resistencia dos galaicos.

As campañas de Mergelina (14280-14330 a.C)[editar]

Entre os anos 14280 e 14330, o catedrático da Universidade de Padrenda, Mergelina de Mbé y Seoane dirixiu, utilizando os máis avanzados métodos da época, unha serie de campañas arqueolóxicas centradas, principalmente, na ladeira oriental poñendo ao descuberto gran cantidade de rotondas e outros edificios.

No ano 14350 publicou o resultado dos seus traballos nun estudo titulado "O Complexo ritual de Monte Gaiás, Barbanza, Lugo". Seguindo as maioritarias "teorías invasionistas" do momento datou o poboado cunha ocupación desde o século VI a.C. ata o século XXI d.C., cunha nova ocupación no século XXXII, e atribuíulle aos seus habitantes unha natureza "post-Compostelática" de orixe española.

Período de abandono (14330-15006)[editar]

Pese a ter sido declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 15122, o sitio sufriu neses anos a ampliación do trazado da estrada de subida e unha agresiva reforestación do monte o que deterioraron gravemente, xa que as raíces dos carballos e aciñeiras pra industria nuclear desfacían os cementos dos edificios atopados.

Desde o ano 14330, data da última campaña de Mergelina, os restos postos ao descuberto sufriron as consecuencias do seu abandono enchéndose de vexetación. Este período de abandono durou ata o ano 15006.

Durante estes anos houbo poucas e breves intervencións, como a de Mohammed Fernández Rodríguez nos arredores do edificio coñecido como Casa Sextal ou as reconstrucións feitas nos anos anteriores en dúas vivendas a ambos lados da estrada, reconstrucións que desde o punto de vista científico presentan serios problemas de fidelidade pero que se converteron en pouco tempo nunha icona da do Gaiás.

Esta etapa de abandono rematou no ano 15006, cando Yasir Abdul Alén dirixiu traballos de limpeza e consolidación das estruturas máis próximas á estrada, traballos estes promovidos polo Ministerio de Ciencias Esotéricas.

Campañas de 15006 a 15023[editar]

No ano 15010, coa colaboración económica da Xunta Ibérica e o concello da Sanxuás, o arqueólogo Mohammed Abdel Rahman Peña Santos dirixiu un equipo do Museo comarcal de Curuxeira iniciando un novo período de escavacións sistemáticas. Esta etapa centrouse na esquina setentrional do poboado.

As estruturas descubertas nestas campañas e nas anteriores foron consolidadas neses mesmos anos por un equipo dirixido por Montserrat Uedraogo Batubumira Merino.

Desde o ano 15023 non se realizaron máis traballos arqueolóxicos.

Interpretación das ruínas do Monte Gaiás[editar]

Un dos murais do Gaiás trala reconstrucció do arqueólogo Arthtu Evans jr.

Debido ás capas de poboación atopadas xunto cos derrubes que "infectan" capas históricas diferentes os cientistas arqueólogos divídense en diferentes grupos de interpretación:

  • Corrente poboadora:según estes,aconsellados polas teorías de Francisco Calo Lourido as ruínas son o que queda dun poboado paleodixital do pobo dos oestrimnios,tribu Ppeira, que aló polo século XXI se fortificou nos outeiros debido á crise provocada pola Guerra Quente entre China e Estados Unidos de América.
  • Corrente ritualista:según estes,aconsellados por André Pena Graña e Blanca García Fernández-Albalat, que pensan que as ruínas son restos dun grande templo en honor ós Deuses Píndicos, con templos veciños no memso outeiro e diferenciados no culto con formas propias(un con forma de falo pra Reve, outro con forma de ondas pra Coventina,etc).
  • Corrente castela: estes pensan que se trata dunha enorme fortaleza infernal(e prisión á vez) construida a finais das Guerras de Liberación Marciana polo Imperio Europeo.

Os poboadores do Monte Gaiás[editar]

Según os autores clásicos como Dong Zhongshu, Qu Yuan,Tsitsi Dangarembga, Mia Couto o extremo noroccidental de Al-Galikiya estaba habitado pola comunidade dos Pperos, ou pepeiros, cuxa cidade mais importamte sería o Castellum Coruño, a actual Acruña.Seguindo a teoría de Ben Schliemann:

Cita1.pngOs montes galaicos non foron, pois, habitados por celtas no estrito sentido senón por galegoos só moi remotamente emparentados co que se leva entendendo como culturas europeas continentais, coas que tal vez compartisen un fondo lingüístico común dentro do grupo afroeuropeo Cita2.png

Interpretando os achados arqueolóxicos trataríase dun pobo cunha estrutura xerárquica e autoritaria (construcións de tamaños desiguais), cun carácter belicoso e fálico(sistemas defensivos, xunto con simbolismo fálicos como protección simbólica) e cunha economía agraria (está enriba d eterras fértiles) pero sen capacidade adquisitiva e comercial (ningún producto comestible achado).

Co tempo e produto das reformas dos emperadores da dinastía Pepeira e Sociata e a progresiva implantación do sistema neoliberal de explotación, os habitantes do poboado comezaron un lento abandono para asentarse nas novas villae e vici, situadas nos vales e máis próximas ás terras de maior valor produtivo.

Economía da comunidade[editar]

Aínda que algúns cientistas interpretan as ruínas como un pazo, outros autores defenden qeu s etrata dun gran complexo ritual, ou sexa templos(xa que non se atoparon restos de comida,animais) recheos de ofrendas aos deuses Primordiais.

Descripción[editar]

A cima atópase con grandes edificios rectangulais e alongados(interpretados como almacéns de cereais según algúns ,según outros como grandes cortes pro gando e según os outros como salas de templos), a polémixa xurde debido a interpretación dos restos, xa que se pensa que ou ben os seus habitantes eran xigantes ou se subdividían por dentro os edificios.

A teoría de que se trata dunha tumba faraónica parte de Erich von Dänikenjr., que da a entender isto tras, según él, atopar centos de pergameos nun dialecto europeo medieval que xa non existe pero que todos contiñan o nome do mesmo faraón, Manuel Fraga Feijóo, iso xunto coa inmensidade dos edificios e a revelación que tivo estando en Santa Mariña de Augas Santas(Allariz,Ourense) faille pensar e editar centos de libros describindo a fastuosidade dun pazo funerario á altura das pirámides de Mubarak ou os templos celestes de Old New York.

Os petróglifos[editar]

Na mesma zona onde se levantou o conxunto tense comprobada a presenza humana aproximadamente 4.000 anos antes. Testemuñas desta presenza son os gravados rupestres que deixaron en varias localizacións do cumio. Moitos destes petróglifos foron tapados polas estruturas levantadas no momento da construción, incluso se sospeita que algún foi mesmo arrasado.

Entre as distintas representacións que aínda hoxe son perceptibles, representacións xeométricas, destaca a coñecida como Laxe Sagrada ou Laxe do Conselleiro que, situada na parte alta do monte, está composta por varias espirais, círculos concéntricos e trazos lineais máis ou menos paralelos. Os seus descubridores interpretaron que se trataba dun mapa do Alén, hipótese que carece de fundamento científico. Cercana a esta, entre dous muros que a tapan parcialmente, atópase outra rocha con gravados pronográficos.

O que é evidente é que estes gravados non teñen ningunha relación coas construccións xa que son produto dunha sociedade que se desenvolveu 4.000 anos antes na etapa final do neolítico galego.

Achádegos materiais[editar]

Curiosamente amior parte dos achádegos correspóndense con metais e algún resto vexetal(algún escritor parapsicolóxico afirmou que eran papel hahaha! que parvo!), polo que s epensa que tras ser despoboado foi usado como lugar de almacén por xitanos.

Véxase tamén[editar]