Montuno

De Desgalipedia

Montuno é aquela persoa que naceu nunha aldea e baixa á cidade a civilizarse, a pesar diso segue falando en galego (e non precisamente Xunteiro) e adorar a Satanás.

Os Montunos non deben confundirse cos pueblerinos, xa que estes teñen un pouco mais de cultura (pero pouco mais, non te vaias crer) aínda que adoran aos mesmos deuses e parctican ritos ancestrais noxentos.

Orixe[editar]

Montuno.jpg

Os montunos son un eslabón perdido do gran número de especies humanas que existiron sobre o planeta terra, colonizaron espacios silvestres onde ningún homo sapiens sapiens chegara aínda (e aínda non chegou) polo que conseguiron sobrevivir á gran extinción do Pérmico e os movementos de Panxea.

Fundaron unha rica civilización pero debido á decadencia porpia de culturas baseadas no traballo manual xunto ao cristianismo fanático foron afundíndose na estulticia e tras unha serie de guerras mundiales contra varios enemigos (Atlántida, Mu, Mouros, Hiperbórea...) caeron en guerras civís que os levou a atraso conxénito e iso mesturado co abuso de alcol nos botellóns das festas patronais e o de casarse entre primos para que o capital non marche da familia aínda os fixo caer mais baixo.

Historia[editar]

Os montunos aparecen por primeira vez na Historia (a historia occidental urbana e señorita europea, cal si non?) ao seren citados por Sexo Grammaticus na súa Gesta Danorum (onde os cita como terribles demos que baixan das montañas a comerciar con estramonio, ordenadores portátiles, Ipads e putas que sabe fumar coa cona a cambio das espadas dos lordomani). Logo haberían aparecer na Historia Compostelá cando Nuno Afonso afirma que por castigo de Deus baixaron os montunos da serra da Cova da Serpe a perpretar botellóns pagáns polas rúas santas de Santiago DC, desde entón os montunos teñen unha fixación por ir copiar a cultura urbanita, porén sendo rexeitados por estes ao ver que falan mellor en klingon ca eles.

Cultura[editar]

A cultura montuna é un enorme pozo de sabiduría ancestral que só serve para invocar a satán e outros demos coma Reve e Bandua, pero debido a que a Unión Europea e a ONU din que hai que respetar ás minorías damos aquín un pequeno informe sobre as súas anticristiás e antiporegesistas costumes.

Vestimenta[editar]

Soen vestir non á moda, senón con prendas pasadas de moda e de xeito peculiar que moven a risa como os pantalóns polos sobacos (cando hai que levalos mais abaixo do !) camisas e polos metidos dentro do cinto (cando se sabe que hai que deixalos flotar arredor para agochar mellor a pistola) zapatos negros con calcetíns brancos (como Michael Jakcson ése pecadorrrrr!!!), ademais soen cubrirse con gorros estrafalarios que só os hipsters se atreven a copiar aínda estando baixo pena de morte dos malotes!

Dialectos[editar]

Os montunos e paletos non teñen un idioma, teñen un dialecto do ESPAÑOL, a sacra língoa de Cervantes é violentada por estes pueblerinos mediante constrcción sintácticas arrepiantes e un glosario sacado do mais bárbaro latín. Por outra banda soen usar mal os tempos verbais e usar sufixos diminutivos, coma se todo tivese un alma! (deben ser panteístas os moi pagáns!!).

Afortunadamnete contan con asociacións como Galicia Bilingüe e Galicia Diglósica, que cobran subvencións por secuestralos e levalos a Madrid, onde son internados en cómodas checas do Ministerio do Amor Interior para civilizalos dunha vez por todas!!!

Costumes[editar]

Típico montuno ou Pueblerino votante de partidos "centristas".
  • Saudar a todo ser humano que pase diante deles, aínda que non o coñezan!
  • Tentar levarse ben incluso co inimigo ou persoas que falan mal deles, cando o que hai que facer é destruilossssssshh!!
  • Visitar a veciño cando ten problemas para tentar axudar.
  • Seguir as moda que lle peta.
  • Consumir pouca enerxía, cren que o planeta Terra pode destruirse de tanto consumir!hahahahah
  • Beber alcohol só nas festas, cando hai que bebelo SEMPRE!
  • Drogarse só para expandir a súa mente.
  • Levar sombreiros exóticos: boina, monteira...