Movemento 15-M

De Desgalipedia
Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Movemento 15-M e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.

O 15-M ou Indignados é unha agrupación informal de cidadáns que loitan polo cambio social, que fusilen ós políticos corruptos, subir fotos ao facebook e ir de vacacións no día de votacións.

Historia do 15 M[editar]

Debido á súa pouca estrutura organizativa e falta de compromiso dos simpatizantes, o movemento foise desinflando á vez que a retórica baleira. As queixas que pronunciaron ficaron no éter, mentres as propostas eran infantiles ou encauzadas de forma ridícula; por outra banda os sucesos inxustos de deshaucio e de corrupción política non galvanizaron á maioría da xente, xa que estaban a celebrar que a selección española ganara o Mundial de Fútbol, impedir que Cataluña se independizara e que Xibraltar deixase de ser libre pra ser invadido por España.

As tarefas disolventes da dereita españolista tiveron éxito ó presentar ós indignados como manifestantes izquierdosos radicais, cando en realidade era unhas ovelliñas descarriadas, por outra banda o movemento social foi infiltrado desde o primeiro día por axentes da garda civil e da policía nacional co fin de desestruturar o movemento (facendo propostas radicais ou infantís, asumindo responsabilidades que ninguén quería, sementando o enfrontamento entre seccións, violando campistas, atraendo a ionquis e ninis ós campamentos pra desprestixiar coa súa presenza á organización, invitando sempre a porros ós poucos asemblearios que ían quedando, etc).

Mentres nos medios de comunicación da dereita, os indignados eran presentados como canflautas dirixidos por sociatas e radicais antiespañois; os partidos de esquerda tentaban achegarse mais os indignados pasaban deles e seguían co seu blablabla de que era apolíticos, que non querían ser un partido político, que non crían na democracia parlamentaria, etc. O 15 M illouse, as acampadas finalmente foron abandonadas polas manifestacións, que cada vez foron mais espaciadas no tempo e só na capital do estado español, sufriu trasvases a outras organizacións irmáns como Stop deshaucios! Esa descoordinación fixo que a xente os abandoase paulatinamnete e por riba cun poso de desencanto, outros o fixeron por non seguiren o seu "plan maestro", outros por seguir o "plan maestro " de outro, outros por ver egolatría nalgún coordinador, outros porque vieron que aquelo non ía a ningures, outros ó ver que axudaran ao PP sen querer a ter maioría absoluta con Mariano Rajoy, outros porque se marcharon os polis da secreta que invitaban a porros pola patilla.

Propostas[editar]

  • Listas electorais abertas, onde o votante pode elexir ó candidato e non unha lista de candidatos, onde a orde deles ven dada polo poder dese candidato no seu partido e non o que a xente quere.
  • Invadir Xibraltar (según din os de Intereconomía, que agora que o 15 M non pinta bastos din que orixinalmente era liberal e de deritas!!)
  • Abolición da Inxustiza, de leis inxustas, de xente inxusta, derogación de partidos inxustos (Con qué?)
  • Plantar centrais nucleares en tódalas cidades pra que sexan autárquicas a nivel enerxético.
  • Suprimir paraísos fiscais, facer que os cartos que voen pagen impostos.
  • Desprivatizar ás empresas públicas vendidas anos antes (privatizadas nos 90 por José María Aznar pra paliar a crise daquel momento e abrir o mercado, como o da telefonía).
  • Pechar as fábricas de armas, que só serven pra matar, si nos queren invadir que veñan que sacamos ó Cid e a Viriato dos sepulcros e os corremos a boinazos.
  • Que os partidos políticos amosen de onde lles veñen os cartiños (canto se mete por abonación de militantes, canto por doazóns, agasallos, etc)
  • Que as leis a vote xente da rúa e non só os políticos no parlamento.
  • Frenar o cambio climático a base de vivir outra vez coma no paleolítico.
  • Prohibir os soldos vitalicios da clase política.
  • Inaugurar un programa espacial pra colonizar dunha vez por todas a lúa e Marte.
  • Que non se presenten nas listas electorais imputados por corrupción (un imputado é unha persoa acusada de delinquir, pero oe! que despois ao mellor é inocente).
  • Que os mandatos non pasen de catro anos, tanto a nivel presidencial como de ministro, alcalde, deputacións, secretarías xerais, etc.
  • Fundar un partido político sen nome e sen candidatos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Protestas de maio de 2011 en España.

Outros artigos[editar]