Nadal

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.
O Nadal, para os nenos...

O nadal é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret ou Anticristo, un deus lar familiar, aínda que en Alemaña celebran ao Krampus. A Igrexa Católica, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexa Ortodoxa celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

Data[editar]

En España, por exemplo, os nenos agardan a chegada dos Reis Magos, que deixan presentes e doces. Pola lenda que se estendeu nalgúns países hispanos como Arxentina, o intercambio de agasallos faise o 5 de xaneiro, a véspera do Día dos Reis. Hai ata a atracción de saltar a fogueira para queimar o burro na véspera de Nadal para atraer sorte o próximo ano.

O Nadal en México está precedido por unha maratón de novelas mexicanas e unha novena chamada Las Posadas, onde os nenos recrean a busca de María e Xosé para albergar, visitar casas e cantar nas rúas. En Perú, é costume comer pamonha o día de Nadal; en Chile, Santa entra ás casas pola fiestra, así como Homer Simpson tamén ingresa ás casas pola fiestra para roubar os agasallos de Nadal en Springfield. En Colombia, crese que o Neno Xesús trae os agasallos.

Historia e características[editar]

Orixe[editar]

Morrigan Aensland fantasiada de reno.

O Nadal ten a súa orixe nunha festividade pagá, cando a humanidade festexaba o solsticio de inverno, o nacemento da luz e con ela os demos que viñan revivir da terra e a garantía das vindeiras colleitas. A cultura romana adoptou as celebracións na mesma data e posteriormente o cristianismo asimilou a data da celebración como día do nacemento de Cristo, mesturando ritos populares con outros novos. As celebración actuais mesturan, logo, ritos pagáns (tizón de Nadal, árbore de Nadal, Apalpador, Papá Noel...) con relixiosos (nacemento de Xesús, Belén, Día de Reis...).

Cristianismo[editar]

Galería de imaxes do Nadal[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Nadal.

Outros artigos natalinos[editar]