Narón

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Narón (homónimos).
Narón
Escudo de Narón
Naronfriki.jpg
Nerón a punto de fundar Narón.
Situación
Situacion Narón.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia A Coruña
Comarca Ferrolauga.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde (PPdeG)
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: Máis de 8000
PSdeG-PSOE: Outros tantos.
Outros: 0
anal óxica.
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
.cedo
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Narón é unha vila-dormitorio de Ferrol, aquí Eduardo Blanco Amor abriu a primeia discoteca gay de Galicia, A Esmorga. Ata o século XX foi un barrio de Ferrol del Pillo, pero a principios do século XXI transformouse na cidade da comarca grazas ao seu réxime comunista e Ferrol perdeu todo o que gañara grazas a seu réxime peperista... agora xa só quedas ti Coruña MUAHAHAHAHAHAHAH!!!!

Historia[editar]

Narón foi fundada por algún tataratataratataratataratataratataratataratataratataratataratataratataravó de André Pena Graña. Logo foi conquistada polo Imperio dos Megaliteiros, que vendeu as terras á coroa de Castela pra que expandise seus estaleiros ferroláns e así dominase o mundo mundial!!

No ano 2003 os naronenses tentaron independizarse do neocolonialismo de Ferrol pero Xoán Felino lanzou a tropas uruk hai contra da poboación e éstes en vez de fuxiren ficaron alí e mesmo alzaron outra discoteca para atraer a novas putas e sobre todo montunos aos cales levarlles ao aforros a cambio dun piso pantasma pero o que se conseguiu foi que Sir Paco L expulsara a seus ciganos de Penamoa e os enviara a Freixeiro, onde apenas hai xente así que alí nin poden secuestrar nenos católicos para seus sanguentos ritos apostólicos nin venderlles droga aos pallos decadentes e pequenoburgueses.

Xeografía[editar]

A deusa Nabia baixando polo Río grande de Xuvia.

Narón atópase na costa galiciana dos ártabros, enviamos a Plinio O Vello a investigar súa xeografía pero aínda non voltou... polo que o autor deste artigo tivo que consultar o Necronomicon para dar unha descripción axeitada de Narón.

Narón limita ao norte con Escocia, ao Sur con Galifornia, ao oeste con Ferrol, ao este con Neda, Valdoviño desapareceu tras un diluvio de viño e formigas mentres que narón foi finalmente fagocitado polos arrabaldes de Ferrol e as gándaras infectas da industria pesada onde se cometen crimes tipo true detective cada dous por tresx. O río Inxerto foi canalizado baixo Castelao para producir enerxía hidroatómica. As praias de narón son as de casal (onde moran os mouros) e Lopesa (onde se fan orxías satánicas) aínda que no verán se van ao Monte de Nenos a facer acordos cos profundose chamar por Niarlathotep baixe duhna vez e destrúa con leis xustas aos políticos privilexiados do PPSOE.

A poboación aumentou debido aos miles de labregos que o capitalismo español secuestrou das aldeas e vilas veciñas para metelos aquí e desorganizalos e así escravizalos mellor para que engraen a maquinaria do comunismo funcionarial, as gándaras foron desecadas mediante explosións de bombas atómicas e así nelas poder construir mais pisos e outras colmeas cidadás onde lles meten cultura céltica para que así os naronenses nonvaian mercar aso chineses, comer aos italianos, etc.

Economía[editar]

Narón vive da industria armanmentística, facendo centros comerciais, bares, resturantes, puteches,etc coa vontade de invadir Musulmania coa súa decadencia occidentaloide e venderlles mais cachivaches que os de China. durante séculos os de narón vivíamos de queimar o monte e cazar ás bestas que saían fuxindo del e logo voltar cazar a outras que ían comer os gromos recén agromados ata que o deus Reve modernizou o lugar construindo muíños para vender fariña de Colombia aos demais Galaicos.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón
Escudo de Narón.jpg
Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

Lugares de interese[editar]

Mouras en Pene Molexa.
  • Casa da incultura: casa de indianos onde van os culturetas facer ouijas para falar con persoas chungas do pasado.
  • Presa do rei: onde Pamela Anderson vixía que ninguén se afogue e como está tan boa está presa.
  • Mosteiro do Couto: feito pola Casa de Traba.
  • Santa Rita de Xuvia: de estilo falso gótico.
  • Ponte de Xuvia: ponte de metaloplástica.
  • Casa da Moeda: onde facían cagarrutas do demo.
  • Muíño de Xuvia: habitado polo Demo que facía tanta industria que trouxo o capitalismo á zona.
  • Aldea nova: aldea futurista onde educan á mocedade para que deixen de contaminar tanto e sepan sobrevivir a unha apocalipse zombie.
  • Convento de Baltar: aquí Xosé Luís Baltar ten custodiado o santo Grial que lle permite sempre gañar eleccións de Ourense.
  • Pena Molexa: coto de penedos en forma de pene con testículos, santuario dos antigos galegos paganos onde facían orxías a sdeus deuses nas noites de lúa chea.
  • Chalé de Cabezas: onde se fixo a conferencia de Ialta e a de Postdam.

En breve e tras a súa fusión cos arrabales de Ferrol, esta zona será coñecida como Ferronarón e contará con mais moñumentos.

Barrios de Narón[editar]

  • Nóran: a vila de narón no Universo inverso.
  • Gándara: onde está o deón coa súa estrutura metalúrxica agochando o que en realidade é, un silo misilístico!
  • Solaina: lugar moi bó para ir tomar o sol e fumarse petas.
  • Castiñeiro, ou San Xosé Comunista: onde se atopa o Concello, Pazo da cultura con forma de factoría e un pombal reaproveitado como biblioteca.
  • Piñeiros: monte botado a perder pola presenza de humanocitos cabróns que todo o enluxan.
  • Couto: aquí comezou Narón, no seu castro, e logo foron baixando obrigados polos Romanos a irlles traballar gratis a Ferrol del Quillo arinquitaun taun taun.
  • Freixeiro: aquí só hai rotondas e accesos, razón pola cal ten moitos puticlús.
  • Xuvia: a vella capital, ata que lla roubaron os de castiñeiro só porque alí había mais ladrillo, perdón xente, e claro hai que estar cerca dos construtores, perdón, xente...
  • Sedes: parroquia de montunos desde onde se vixía para que non veñan os alieníxenas nin os comunistas cubanos a invadirnos, te miles de kilómetros de túneles subetráneos e mesma unha base segreda tipo área 51 dentro.
  • Doso: fronteira con Neda, ten unha igrexa episcopaliana onde cantan gospel francicanoxesuíticomarxistoide e onde os do partido Potemos ten o seu cuartel xeral local.
  • Pedroso: aquí so hai pedras como ben explica o seu topónimo...
  • San Xiao: serie de leiras e fincas de Sanxiao, o cacique medieval do lugar.
  • Trasancos: onde hai o maior número de pirómanos por metro cadardo do Estado español.
  • O Val: hic sunt leones...

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Narón.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Ferrol
Comarca de Ferrol
Ares
Ares
Cedeira
Cedeira
Fene
Fene
Ferrol
Ferrol
Moeche
Moeche
Mugardos
Mugardos
Narón
Narón
Neda
Neda
San Sadurniño
San Sadurniño
As Somozas
As Somozas
Valdoviño
Valdoviño
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña
Provincia da Coruna en debuxo.jpg
Abegondo - Ames - Aranga - Ares - Arteixo - Arzúa - A Baña - Bergondo - Betanzos - Boimorto - Boiro - Boqueixón - Brión - Cabana de Bergantiños - Cabanas - Camariñas - Cambre - A Capela - Carballo - Cariño - Carnota - Carral - Cedeira - Cee - Cerceda - Cerdido - Cesuras - Coirós - Corcubión - Coristanco - A Coruña - Culleredo - Curtis - Dodro - Dumbría - Fene - Ferrol - Fisterra - Frades - Irixoa - A Laracha - Laxe - Lousame - Malpica de Bergantiños - Mañón - Mazaricos - Melide - Mesía - Miño - Moeche - Monfero - Mugardos - Muros - Muxía - Narón - Neda - Negreira - Noia - Oleiros - Ordes - Oroso - Ortigueira - Outes - Oza dos Ríos - Paderne - Padrón - O Pino - A Pobra do Caramiñal - Ponteceso - Pontedeume - As Pontes de García Rodríguez - Porto do Son - Rianxo - Ribeira - Rois - Sada - San Sadurniño - Santa Comba - Santiago de Compostela - Santiso - Sobrado - As Somozas - Teo - Toques - Tordoia - Touro - Trazo - Val do Dubra - Valdoviño - Vedra - Vilarmaior - Vilasantar - Vimianzo - Zas