Ortigueira

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ortigueira (homónimos).
Ortigueira
Escudo de Ortigueira
Ortigueiranerd.jpg
Ortigueira sendo invadida polo Imperio Gringo.
Situación
Situacion Ortigueira.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca do Ortegal.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Pocholo Jr. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Ortigueira é un territorio libre entre os imperios de Ferrol e Burela.

Historia[editar]

Típica muller co traxe rexional típico da Ortigueira.

Ortigueira foi fundada polos fenicios na súa procura de Thule, e grazas a que tiñan bos tratos con Breogán obtiveron permiso pra unha estación modal con porto franco e alfándega fiscal en Céltigos. Aínda que según Antón Rebollido (o Fox Mulder da radio galega) Ortigueira foi fundada polos megaliteiros, os señores do gando que pulularon polas serras veciñas e comezaron a comerciar cos seus curraghs ata Irlanda celtizándose nese país-colexio dos druídas e traendo unha nova civilización que mudaría a petroglifense mais que sufriu un corte histórico debido á chegada de celtas provintes de Andalucía que ó pasar o río Limia/Lima caeron nunha amnesia colectiva por pasar do tabú limiao e viñeron dar aquí, o punto mais norte do territorio dos galaicos establecéndose aquí e saindo do seu illamento grazas ó comercio só de fenicios e púnicos, que trouxo tras de sí a Xulio César e súa república imperialista.

O Imperio Romano non fixo moito por aquí debido ó frío que lle conxelaba os collóns baixo a toga polo que deixaron estas costas pros hiperbóreos, que repoboaron a zona conseguindo sacar adiante o negocio da carne, afortunadamente os lordomani e demais piratas non pisaron por aquí na Idade Media debido a que non viron ningún mosteiro desde a costa e non se aviñeron a saquear.

Durante a Restauración borbónica de entre séculos (XIX-XX) este distrito estivo baixo a férula dos caciques da familia Maciñeira, que axudaron a Juan Fernández Latorre (o fundador de La Voz de Galicia) a ser deputado cunero pola facción de Eugenio Montero Ríos.

Xeografía[editar]

Atópase á beira do Océano Polar ártico polo que aquí hai clima tropical, as diversas serras fan deste lugar un shangrila e foi habitado polo humano só fai uns poucos anos.

Clima[editar]

Clima polar ártico suboreal.

Fauna e flora[editar]

Grazas á súa posición norteña a flora segue a ser a mesma que a de fai 5000 anos A de C e a fauna o mesmo: leóns das cavernas, tigres dentes de sabre, osos das cavernas, muflóns, osos brancos, orcas asasinas...

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira
Escudo de Ortigueira.jpg
Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Ortigueira.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Galicia Galicia Concellos da Comarca do Ortegal
Comarca do Ortegal
Cariño
Cariño
Cerdido
Cerdido
Mañón
Mañón
Ortigueira
Ortigueira
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña
Provincia da Coruna en debuxo.jpg
Abegondo - Ames - Aranga - Ares - Arteixo - Arzúa - A Baña - Bergondo - Betanzos - Boimorto - Boiro - Boqueixón - Brión - Cabana de Bergantiños - Cabanas - Camariñas - Cambre - A Capela - Carballo - Cariño - Carnota - Carral - Cedeira - Cee - Cerceda - Cerdido - Cesuras - Coirós - Corcubión - Coristanco - A Coruña - Culleredo - Curtis - Dodro - Dumbría - Fene - Ferrol - Fisterra - Frades - Irixoa - A Laracha - Laxe - Lousame - Malpica de Bergantiños - Mañón - Mazaricos - Melide - Mesía - Miño - Moeche - Monfero - Mugardos - Muros - Muxía - Narón - Neda - Negreira - Noia - Oleiros - Ordes - Oroso - Ortigueira - Outes - Oza dos Ríos - Paderne - Padrón - O Pino - A Pobra do Caramiñal - Ponteceso - Pontedeume - As Pontes de García Rodríguez - Porto do Son - Rianxo - Ribeira - Rois - Sada - San Sadurniño - Santa Comba - Santiago de Compostela - Santiso - Sobrado - As Somozas - Teo - Toques - Tordoia - Touro - Trazo - Val do Dubra - Valdoviño - Vedra - Vilarmaior - Vilasantar - Vimianzo - Zas