Partido Popular de Galicia
![]() |
Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa! Este artigo ten un alto contido de humor galego. Se non é desta rexión sacra, é probable que non entenda algunhas cousas. |
Partido Popular de Galicia, que non galego (PPdeG) | |
---|---|
Partido político dos pepeiros inúteis de Galicia | |
200px | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Don Manuel e Alberte Núñez Feijóo |
Mocidades | Nuevas Genraciones de Papá Baltar |
Historia | |
Fundación | 1989 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Conservadorismo, Dereita política, centro-dereita, Liberalismo, Rexionalismo galego, Españolismo, Baltarismo |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular españolista. É a maior forza política de pepeiros en número de escanos no Parlamento de Galicia, as súas faccións principais divídense en clans xeográficos (subdividios á súa vez en rivalidades persoais) e sectoriais (boina e birrete, urbanita e aldeita).
Historia[editar]
Ideoloxía[editar]
O Partido Popular de Galicia é o único partido de dereitas representado no hemiciclo do parlamento galego. Historicamente ten sido de corte conservador e liberal considerado por moitos un partido sufrindo trastorno bipolar. Cobre, así mesmo, un espectro certamente amplo, que vai dende o autoproclamado rexionalismo até o nacionalismo español. Por outra banda, o PPdeG actual prefire presentarse ante a sociedade coma un partido cun pasado democrático caracterizado por un talante reformista, de subvencións.
Accións ordinarias do PPdeG[editar]
- Insultar aos que leven boina pola rúa.
- Poñer todos os nomes das rúas en español, pero non en español latino eh?
- Encher de fábricas baleiras tódolos concellos galegos.
- Traer restos de subvencións.
- Regalar renovacións da casiña da aldea á xente co gallo das subvencións ó turismo rural.
- Látego persoas que falan galego.
- Látego ós reintegratas.
- Látego ós galegos pra que emigren e fagan remesas de capital extranseiro pras Deputacións.
- Encher de cemento as costas.
- Afundir sectores productivos que afean o campo que logo non veñen os turistas.
Líderes do PPdeG[editar]
- Don Manuel: o faraón da Cidade da Cultura.
- Mariano Rajoy: príncipe de Pontevedra, obrigado a casar cunha muller guapa.
- Alberto Núñez Feijóo: que fixo do galego un británico.
- Baltar: que construiu unha fábrica de votos en Ourense.
- Xosé Cuiña: eterno aspirante a suceder a Don Manuel.
- Rogelio Martínez: eterno aspirante a suceder a Baltar.
Faccións dentro do PPdeG[editar]
- Facción da boina.
- Facción do birrete.
- Facción baltarista.
- Facción oficialista.
- RAF (Racista Albertiano Facción).
- Feixistas: facción de Feixóo.
- Billingüistas: facción da Galicia Bilingüe.
- Galleguistas.