Polisantismo

De Desgalipedia

O Polisantismo é unha relixión inventada polo pobo politeísta para seguir rezando a seus deuses sen que os parvos monoteístas os masacren.

Orixe[editar]

O polisantismo naceu como necesidade da Igrexa católica, do Islam, dos mosteiros budistas de asimilar relixións anteriores á súa para así poder timar mellor á xente.

O Budismo extendeuse polo territorio do Hinduísmo e doutras relixións politeístas e animistas, e para convencer ás persoas que mudaran de relixión aproveitaron algúns de seus deuses convertíndooos en xenios locais ou antigos metres aos que Buda lles ensinaba o seu pene e así convertíanse en discípulos seus.

O cristianismo era monoteísta pero ás persoas non lles cabía na cabeza que houbera un só deus para tantas cousas como hai no Universo, así que para deixar de ser marxinados os bispos cristiáns inventaron aos santos e así esta figura podía asimilar a dun deus local e a xente seguirlle rezando na carballeira/montaña de sempre pero cunha cruz enriba e dando os seus exvotos e doazóns á Igrexa católica.

O islam aproveitou o polisantismo para que a xente seguise as normas do Corán e así creoua figura dos santóns, persoas que seguiran a snormas e chegaran a sentar á beira de Alá e desde ahí fan miragres.

Crenzas[editar]

O polisantismo cre que os santos son persoas con superpoderes que acadaron gran poder e poden conceder desexos que Deus nin escoita, a figura principal do polisantismo é a Virxe María (que soe aparecerse a nenos pastores ou en forma de ídolo nalgún lugar deshabitado e cando a trasladan ao día seguinte volve aparecer no sitio inicial) e San Reprimonio.

Estes semideuses, que cadaron esta posición grazas á alquimia e seguir a moral burguesa, poden despois baixar ao planeta Terra para recibir culto e a cambio convírtese no teu xenio da botella.

Prácticas[editar]

Típica santa gore do cristianismo.

No polisantismo xúntase relixión intelectual e relixión populista, ésta é a que lle dá o toque sentimental e efectivo que fai que o teu santo patrón teña unha romería e o veciño non.

  • Romerías: son varios días prefixados nos que se celebran rituais de alta maxia con gran afluencia de xene que ven pedir cousas ou agradecer miragres sucedidos. Logo vaise ápaparota e foder entre as silvas coa parenta.
  • Toques máxicos: como pasar baixo do carro da Virxe da Franqueira, tocar manto do santo, levar figuras votivas de cera, abalar pedras en Muxía, mollarse na praia da Lanzada, escoitar consellos dun penedo en Allariz, etc.
  • Peregrinaxes: partir de tal lugar e achegarse ao templo do santo, este ritual acompáñase de rezos, ofrecementos, camiñar de xeonllos, etc.

Festividades[editar]

O Polisantismo aproveita todas as festividades do Politeísmo pero dedicándollas á Virxe María, Hasan al-Basri, San Pedro, Sakhi Sarwar, Santo Antón, Sidi Mahmoudou, Santa Comba, etc.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Grandes fantasías relixións do mundo
Igrexa sorrinte.jpg
Ateísmo‎ · Budismo‎ · Confucianismo‎ · Creacionismo · Cristianismo‎ · Esoterismo · Hinduísmo · Islam‎ · Laicismo
Paganismo · Pastafarismo · Politeísmo · Rastafarismo · Restauracionismo‎ · Taoísmo‎ · Xintoísmo · Xudaísmo‎ · Zoroastrismo‎