Pontedeume

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pontedeume.
Pontedeume
Bandeira de Pontedeume Escudo de Pontedeume
Pontedeumeandrade.jpg
Pontedeume era da Casa de Andrade ata que nos veu liberar Roi Xordo.
Situación
Situacion Pontedeume.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Acruña
Comarca Comarca do Eume
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Fuhrer Torrente. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: PontedemoCita2.png
Google sobre Pontedeume

Cita1.pngPuentedeume, se dise PuentedeumeCita2.png
Galicia Bilingüe sobre Pontedeume
Cita1.pngYo prefiero Bridgeume!Cita2.png
Francisco Vázquez sobre Pontedeume

Pontedeume é un concello do sultanato de A Coruña, debido a que se atopa no Eixo Acruña-Ferrol gañou mais poboación, a pesares de ser un destino turístico consegiu conservar o seu casco vello sen remodelacións horteiras de formigón e cristal tan da arqueitectura contemporánea (sería porque o anterior alcalde era soviético...).

Historia[editar]

Artigo principal: Historia de Pontedeume.

Prehistoria[editar]

O concello de Pontedeume sempre está moi ben acompañado.

Esta zona comezou a ser habitada por Megaliteiros no Neolítico e grazas a seus puticlús (que pensabas que eran as mámoas se nón!??) quentaron o clima de tal forma que digievolucionaron en castrexos Ártabros que tras varias orxías homosexuais decidiro erguer Ardóbriga por iso de ter un lugar onde ir pasear o domingo pola tarde vendo escaparates.

Idade Antiga (Historia)[editar]

Esta zona entrou na Historia cando o Imperio Romano a conquistou e trouxo a escritura (un dos factores clásicos do paso da prehistoria á historia) isto non supuxo que a xente vivira millor senón que tiveran que traballar mais tempo e vivir pior, ademais en vez de seguir adorando a Cossus puxéronse a dorar a cabezas cuadriformes (que era prima lonxana de Pinhead).

Idade Media[editar]

Menos mal que viñero os suevos e así os romanos fóronse a tomar por saco (saccun sacorum sacii) traendo algo de épica á vida destes galegos (con deuses como Bodan, Fricco e Thor) pero debido ao comercio mudaron convertíndose ao cristianismo poeñendoa capital santa desta zona en A Pastoriza.

Debido a que os Visigordos eran moi malvados e conquistaron estas santas terras Deus castigounos facendo que os moros ficaden donos da Península Ibérica por moitos séculos (Alá sexa loado!), a pesares diso os caciques desta zona ao ver que os musulmanitas pelexaban entre sí por mandar cada quen mais en Madrid (que daquela se chamaba Al-Andalus) os caciques de por aquí trouxeron armas da extinta URSS e comezaron a Reconquista (conseguindo gaña a Batalla de Pontumio) aínda qe o maor perigo foron os Lordomani polo que Afonso XXX e outros primos seus tiveron que amurallar esta vila.

Debido ós favores sexuais prestados durante a Iª Guerra Civil castelá esta vila foi regalada polo Rei á Casa de Andrade e durante séculos foi o seu señor(excepto durante a democracuia dos Irmandiños).

Idade Moderna[editar]

Casco vello de Pontedeume, cos seus arcos, súas igrexas satánicas, etc.

Debido ó quentamento global que veu trala Idade Media, e rematou con ésta a base de humanismo, música Disco, clasicismo e Peste Negra, o esteiro do Eume medrou tanto que asulagou a cidade antiga.

Nesta época os Andrade marchan pra Madrid (e así lamberlle o ao rei) deixando aquí un séquito de xuíces, mordomos e caseiros que sigan explotando ós traballadores. Desta época son os edificios modernistas cos seus escudos nobiliarios e o comezo da emigración ás américas pra ir roubar ouro ós de alí, tamén desta época son os preitos que duraban mais dunha década entre a vila e seus donos.

Idade Contemporánea[editar]

Pontedeume en plena Terceira Guerra Mundial.

Napoleón Bonaparte veu modernizar Españistán pero fidalgos e cregos non lle deixaron porque senón perdían moitos privilexios, trala Guerra peninsular os gabachos voltaron por aquí (pero desta vez a axudar ao rei español) co eurogendor ou 100.000 Filoos de San Luís.

Durante as carlistadas os fidalgos e curas voltárona liar parda pero só conseguiron que un friki, Modesto varela, se interesase por facer aquí unha célula de ETA e rematou mal debido a que os labregos non estaban interesados en pelexarse polos privilexios dos de sempre. Na restauración bourbónica este distrito electoral estivo baixo o cacicato de Saturnino Bugallal (mediante caciques locais como o marqués de Figueroa) que conseguiron cortar o Agrarismo nesta zona.

Ao comezo do reinado de Franco a garda civil, exército español e Falange Española despoboan un pouco a zona debido a que había moita xente... a Guerra Civil española seguiu nas Fragas do Eume. Durante o Fraguismo

Xeografía[editar]

Situación[editar]

Pontedeume atópase en pleno Eixe do Mal (Coruferrol) no fondo da ría de Ares (pero lonxe de Afrodita).

Orografía[editar]

O río Eume foi excavando toda esta zona e arrastrando materiais pretecnolóxicos o mar desde a serra da Loba polo que se sospeita que no seu subsolo aínda de poden atopar fósiles, e non tan fósiles, corpos dos primordiais de H. P. Lovecraft que tras millóns de Eóns voltaron tomar poder da alcaldía en 2007.

Clima[editar]

Ártico boreal con tendencia producirche tuberculose crónica o que supuxo que durante séculos ninguén se atravese a entrar nas Fragas do Eume.

Fauna e flora[editar]

Entre a fauna destaca o turista madrileño e a flora o estramonio.

Cultura[editar]

Patrimonio e monumentos[editar]

  • Castro de Centroña: onde Gandalf perdeu seu torque de ouro.
  • Portais de Pontedeume: os antigos centros comerciais da vila, onde se vendía carne de pterodáctilo para as costras.
  • Coliseo García: construído por Klimt para sacar do atraso a Galiza.
  • Pazo de Raxoi: debido a que non lle chegaba co pazo de Raxoi que xa tiña en Compostela este arzobispo fíxose construir outro para pasar o verán aquí rodeado de titis guiris.
  • Torreón dos Andrade: propiedade da Casa de Andrade, que tiña aquí seu pazo e usaba a torre como silos de misís intercontinentais.
  • Paraza Real: onde tódolos anos atana unha virxe a unha farola como sacrificio a Dagon.
  • Ponte de Pedra: feita polo demo!
  • Ponte de ferro: feita polo home!
  • Convento dos Agostiños: onde se reunían os chamados Agustín para conspirar e dominar o mundo MUAHAHAHAH!!

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Pontedeume
Escudo de Pontedeume.jpg
Andrade (San Martiño) | Boebre (Santiago) | Breamo (San Miguel) | Centroña (Santa María) | Nogueirosa (San Cosme) | Ombre (Santa María) | Pontedeume (Santiago) | Vilar (San Pedro)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Pontedeume.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Eume
Comarca do Eume
Cabanas
Cabanas
A Capela
A Capela
Monfero
Monfero
Pontedeume
Pontedeume
As Pontes de García Rodríguez
As Pontes
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña
Provincia da Coruna en debuxo.jpg
Abegondo - Ames - Aranga - Ares - Arteixo - Arzúa - A Baña - Bergondo - Betanzos - Boimorto - Boiro - Boqueixón - Brión - Cabana de Bergantiños - Cabanas - Camariñas - Cambre - A Capela - Carballo - Cariño - Carnota - Carral - Cedeira - Cee - Cerceda - Cerdido - Cesuras - Coirós - Corcubión - Coristanco - A Coruña - Culleredo - Curtis - Dodro - Dumbría - Fene - Ferrol - Fisterra - Frades - Irixoa - A Laracha - Laxe - Lousame - Malpica de Bergantiños - Mañón - Mazaricos - Melide - Mesía - Miño - Moeche - Monfero - Mugardos - Muros - Muxía - Narón - Neda - Negreira - Noia - Oleiros - Ordes - Oroso - Ortigueira - Outes - Oza dos Ríos - Paderne - Padrón - O Pino - A Pobra do Caramiñal - Ponteceso - Pontedeume - As Pontes de García Rodríguez - Porto do Son - Rianxo - Ribeira - Rois - Sada - San Sadurniño - Santa Comba - Santiago de Compostela - Santiso - Sobrado - As Somozas - Teo - Toques - Tordoia - Touro - Trazo - Val do Dubra - Valdoviño - Vedra - Vilarmaior - Vilasantar - Vimianzo - Zas