Ponthus

De Desgalipedia
Ponthus
Ponthus.jpg
Información
Nacemento Na Idade Media.
Braga Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade sueva.
Ocupación cabaleiro andante.

Ponthus foi un cabaleiro andante, reconquistador do reino de Galicia, rei de Galicia e Bretaña (por obras de valor e casar coa fila do rei).

Historia de Ponthus[editar]

Ponthus era fillo do rei suevo Thibour, que perdeu seu reino trala invasión árabe, Ponthus consegue fuxir cuns cantos leais e chega a Inglaterra onde e traizoado por un dos seus, polo que se pira a Bretaña e compórtase como todo cabaleiro andante no monte de Brocelianda, onde coñcece ó seu amor verdadeiro, o santo grial, que noooo, coñece á princesa Sidoine e tras moitas aventuras, ostias, xustas cabaleirescas e lanzas rotas consegue reconquistao reino de seu pai e casar con Sidoine.

Algunhas das aventuras mais famosas de Ponthus[editar]

  • Derrotar ao xigante Kgondios, en viril batalla entre varios eucaliptos caníbales.
  • Dar paso franco a todos os viandantes pobres e débiles ant as afrentas do poderoso.
  • Reconquistar Galiza de mans do alcaiote Alrajoy.
  • Rescatar á súa amada Sidoine da voda á forza con Genelet disfrazándose él e seus leais de homes salvaxes e comezar entrar como parvos e empezar a paus cos invitados.
  • Salvar o trono inglés dos ataques de Irlandeses chupacirios que pirateaban pola costa.
  • Sandar ao Rei Cintolo da súa agorafobia.