Benvido ao Nipon Portal da Desgalipedia. Este espazo está pensado como páxina principal para aqueles otakus interesados en temas relacionados co país do Sol nacente (Porque aínda que non o creas, Xapón non é só o mundo dos videoxogos, anime e bandas do Tokyo Hotel Visual Kei, pero tamén de sushi, karate e bonsai).
Dende aquí pode acceder facilmente aos diferentes artigos relacionados con Xapón, ver os artigos destacados, pedirlles que fagan un artigo específico, etc.
O Estado de Xapón (Nihon-koku 日本国) é un dos países máis poderosos e corruptos do mundo, cunha cultura moi rica no contexto da súa historia e das súas tradicións. O nome do país no seu idioma nativo (xaponés) significa "a orixe do sol" (日本), está situado no leste do continente asiático e bañado no oeste polo mar que leva o seu nome e no leste polo océano Pacífico.
|