Primeira guerra mundial
Primeira Guerra Mundial | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Europa mapa de 1914.jpg | |||||||||||
| |||||||||||
Baixas | |||||||||||
Soldados Mortos: 4.386.000 Feridos: 8.388.000 Desaparecidos: 3.629.000[1] |
Soldados Mortos: 5.520.000 Feridos: 12.831.000 Desaparecidos: 4.121.000[1] |
A Primeira Guerra Mundial foi unha partida de xadrez que puxo final ao xogo Age of Empires aló a principios do século XX.
Precuela: A orixe da guerra[editar]

Todo comezou cando o káiser Guillerme II publicou en todas partes que el tiña o bigote mais grande do Mundo, isto non gustou nada en Francia e o Imperio Británico que comezaron unha carreira de I+D para tentar que na face dos seus dirixentes medrase un enorme mostacho. Friedrich Nietzsche foi secuestrado para coñecer o segredo do seu enorme bigote pero morreulles no camiño asi que Clemenceau tivo que quedar cun bigotiño de nada.
O grupo indie Franz Ferdinand foron a tocar no festival indie de Saraxevo xunto a Bojana Stamenov que nese momento estaba moi cabreada con Austria porque non a contrataran para o filme "O Ilusionista" que era de Hollywood! Asi que Stamenov matou a Ferdinand e fuxiu a Serbia coa xuda do KGB, o Imperio Austrohúngaro quedou pampo e esixiu que a súa policía investigase no país veciño e este negouse polo que Austria cabreouse e declaroulle a guerra sen saber que o Imperio Ruso lla declararía a ela e todos os demais países europeos detrás... Todos? NON! España pasou do tema porque se repartira con Francia as migallas que lle deixou de Marrocos.
A Guerra[editar]

Adolf Hitler foi contento á guerra, dixéranlle que duraría tres días e de volta pra casa victoriosos antes do Nadal... iso lle dixeron, nembargantes foron catro anos (pero cal Nadal?) e cando regresou a súa moza tiña un fillo que non era seu, súa nai casara con xudeu e non o quería na casa e súa irmá estaban cun fan de Erich von Dániken.
Durante eses catro anos Hitler abandoou o seu comunismo ao ver o pior do ser humano e que o mellor era unha ditadura porque o home era un lobo para o home, mentres todo iso pensaba sucederon varias batallas.
Frontes da guerra[editar]
A Primeira Guerra Mundial implicou a numerosos estados en distintos continentes: Europa, Asia e África.
Fronte occidental[editar]
- Artigo principal: Fronte occidental (Primeira Guerra Mundial).
No Fronte occidental houbo grandes batallas como a batalla do Marne, Sonme (onde se coñeceron os de Rammstein) Ardenas, etc. Aquí houbo grandes ostias e combates entre o Barón vermello e Corto Maltés. Nun primeiro momento todos os exércitos movíanse rápido pero colléronlle gusto á cousa e fixeron a guerra de posicións para que o Estado Maior fixera prácticas de estratexia movendo trincheiras e os actores tiveran logo material para facer películas. Finalmente os exércitos aliados seguiron cara adiante grazas á axuda de contrainformación feita por Mata Hari.
Fronte oriental[editar]
- Artigo principal: Fronte oriental (Primeira Guerra Mundial).
A fronte oriental foi a guerra entre os Imperios Centrais e Imperio Ruso pelexándose por unhas cantas hectáreas esteparias e de pinotea entre Europa e Asia. A pesares dos enormes masas populares enviadas ao exército éste era tan corrupto e mediocre que só en dúas batallas contra Alemaña perdeu terras. Contra o Imperio Austrohúngaro tamén pelexou conseguindo que Romanía e algunhas etnias do carcere dos Habsburgo se lles unisen e por iso perderon tamén mais terras.
Fronte italiana[editar]
- Artigo principal: Fronte italiana (Primeira Guerra Mundial).
Italia acabou entrando na guerra subornados con promesas de Francia e Reino Unido de que trala guerra Italia podería ter mais terras que pertencían a Austria ao seren conquistadas por Sissí emperatriz no XIX.
Fronte balcánica[editar]
- Artigo principal: Fronte balcánica (Primeira Guerra Mundial).
Nos balcáns enfrontáronse o Imperio Austrohúngaro e Imperio Otomano contra Serbia, Montenegro e Grecia mais os seus amiguiños extranseiros que ían pescar a río revolto. Serbios e montenegrinos acabaron conquistados e Ataturk deulle polo cú a Winston Churchill.
Fronte africana[editar]
- Artigo principal: Fronte africana (Primeira Guerra Mundial).
África sufriu a Primeira Guerra Mundial en todo o continente xa que os imperios atacáronse uns a outros nas súas colonias, gardadas por exércitos con tropas de indíxenas e oficiais europeos. Debido a que o Imperio Británico e Imperio Francés tiñan a maioría de África nas súas mans derrotaron enseguida aos boches, excepto en Tanzania onde Paul von Lettow-Vorbeck conseguiu manterse firme no posto.
Fronte asiática[editar]
- Artigo principal: Fronte asiática (Primeira Guerra Mundial).
A fronte asiática decidiuse sobre todo en Oriente Medio, onde o Imperio Británico conseguiu que os árabes se sublevasen contra o Imperio Otomán e Mesopotamia caese en mans inglesas.
No outro lado de Asia o Imperio Xaponés pelexou contra Alemaña roubándolles algunhas illas mediante bombardeos con hentai coupando as Illas Marranas e tendo predominio nas relacións exteriores con China.
[editar]
- Artigo principal: Guerra naval (Primeira Guerra Mundial).
Batallas clave[editar]
- Batalla de Saint-Quentin (1914)
- Segunda batalla de Ypres - entre abril e maio de 1915.
- Batalla de Xutlandia
- Ofensiva do Somme
Secuela[editar]
A secuela desta guerra foi a Segunda Guerra Mundial onde vemos aos mesmos rivais desta guerra dándose de bombazos.
Véxase tamén[editar]
![]() |
A sagrada Desgalipedia ten un portal sobre: Historia |