Rael

De Desgalipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Rael é un profeta do deuses extraterrestres que nos crearon e loita polo ben da terra, así como por facerse cos teus cartiños e fundar unha embaixada para que os reptiliáns poidan baixar cómodamente a mesturarse con nós e facreren orxías coma nos libros de Michel Houellebecq.

Traxectoria[editar]

Rael naceu co nome de Marcela Jean Vorilhón de Paper Maché, nunha villa de sur de Francia, educado en ríxidos esquemas xudeocristiáns comezou a andar con malas compañas pero afortunadamente non eran comunistas asi que rematou seus estudos de xornalista e meteuse no Galicia en Goles durante o fraguismo. Logo cansou de lamberlle o ao xefe e pasouse a compoñer cancións copiando as cantigas de Martín Codax obtedo éxitos regulares coas cancións de:

  • A mel e a canela sobre teu corpo na area.
  • Señora Pipí vanche facer moi ben pro sexo anal.
  • Ai señor señor súa muller estame enganando (como se nota que é gabacho que só lle gusta foder coas partentas doutro home).
  • Meu amor Patricia.

Para ter aínda masi éxito mudou de sexo e pasouse a chamar Claude Vorillas de Celler aux-ouh-la-lá pero ninguén lle fixo caso porque estaban mirando cómo a espichaba De Gaulle e perdeu o seu soño, asi que volveu ao mundo xornalístico. Pero como non quería ser aburrido montou unha revista de F1 e pop chamada Autowagen Pop, que foi lida na galaxia Transexual (onde transcorre todo o de Star Wars) e así recibe a visita duns extraterrestres fans del.

Desafortunadamente Rael pensa que lle veñen a traer a boa nova e ponse a escribir a Biblia e que lle meteran a famosa sonda anal e o levaran ao planeta Raticulín onde parolou con Mahoma, Buda e Xesús de Nazareth ata altas horas da madrugada fumando haxix e botándolle mans ao póquer. Cando regresou escribiu o libro Kama Sutra e fundou o Raelianismo, anos mais tarde digievolucionou polo que foi asasinado ritualmente polos seus seguidores e o clonaron despois.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]