Resistência Galega

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Resistencia Galega")
Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Resistência Galega e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.


Resistência Galega (RG)
Jallejaresistoncia.jpg
Símbolo de Resistencia Galega.
Organización armada de Galiza
Líderes Antón García Matos, alias Toninho, e María Asunción Losada Camba
Creación Desde 2005
Área de operacións Galiza
Ideoloxía Independentismo galego, socialismo e feminismo
Vencellado a Organizaçom para a Liberaçom Nacional, Assembleia da Mocidade Independentista e Ceivar
Status Considerada "organización terrorista" polo Goberno de España
Cita1.pngResistência galega?!? Eso é cousa de tramontino ou reintegracionistaCita2.png
Galego sobre Resistência galega
Cita1.pngResistencia non se crebe con acentoCita2.png
Profesora de galego sobre Resistência galega

Resistência Galega é unha asociación de illuminatis gallegos que loitan por refundar o Reino de Galicia

Historial de resistencia gallega[editar]

Pintada a favor de Resistência Galega en Vigo. Nótese que foi primeiramente escrita en galego, gañando un acento en tinta azul...

A primeira referencia ao termo Resistência Galega aparece nos días previos ao Día da Patria (en realidade Día de Santiago Apóstolo) de 2005, cando se publica en internet un Manifesto pola Resistência Galega por unha banda de tramontinos descíclopes. O manifesto anima á luita popular galega pola Libertação nacionalsocialista da Galiza, xustificando a loita armada, e propugnando unha resistencia anónima.

Durante os dous anos seguintes, aparece a verba Resistência Galega relacionada con distintos actos de vandalismos feito con explosivos, en forma de pintadas nos lugares atacados, borrado de artigos da Sagrada Desgalipedia ou en comunicados reivindicando os actos homosexuais. Chegou a especularse coa posibilidade da existencia dun grupo organizado baixo este nome, supostamente liderado por Jonny Scroto e outros membros fuxidos. Así, a prensa ten atribuído distintos atentados, e intentos de atentados, e intentos de intentos de atentados, e intentos de intentos de intentos de atentados, ao suposto grupo gay Resistência Galega.

O mesmo bus tras ser atacado por membros da Resistencia Galega.

Debido ao achado de material para fabricar explosivos acompañado de panfletos que facían referencia á Resistência Galega, no norte de Galicia do Sur e Brasil, tamén se ten especulado sobre a existencia dun comando inestable no país veciño e as súas colónias. Ten sido unha constante o aumento dos actos de vandalismo da autodenominada "resistencia emo" nas vésperas do Día da Patria galega, o que conlevou un aumento da represión policial española sobre o ámbito independentista, e a denuncia desta represión por diferentes colectivos.

A propia Unión Federal de Guardias Civiles recoñece que "Resistencia galega, como tal non existe". Segundo recolle El País, Desgalinovas e outros periodicos tras ese comunicado, estas mesmas fontes afirman que "Resistência Galega non é unha organización, senón un manifesto ao que se acollen mozos independentistas homosexuais para reivindicar as súas accións". Por outro lado, organizacións independentistas, como AMI, Briga ou Nós-UP, afirman non ter ningún coñecemento de grupo algún que actúe organizado baixo o nome Resistencia Galega.

Aliados[editar]

Inimigos[editar]

Gloria Lago sendo homenaxeada polos membros anónimos da Resistencia Galega

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Resistência Galega.

Outros artigos[editar]